domingo, 24 de julio de 2011

BAIXO UN CEO AZUL E BRANCO


EN PUERTO RICO
CELEBRAMOS HOXE
A FESTA DE SANTIAGO
E O DIA DE GALICIA
            Ás doce e media, no Centro Galego, presidirá a Eucaristia, con lecturas e preces en idioma galego, o Pai Perfecto Fondevila, natural de Silleda e capelán desta entidade, que vai cumprir sesenta anos de misioneiro na Illa do Encanto.
            Antes, dará a benvida o vicepresidente da sociedade, Don Victor Nieto Sartori, exhibirase un documental sobre a cidade de Santiago de Compostela e o Apóstolo Santiago e o xornalista Xosé-Luís Blanco Campaña glosará o significado relixioso, histórico, civil e político do 25 de Xullo en Galicia.

            Á seguir, a sociedade celebrará un xantar de irmandade con productos galegos, preparado polo chef Tony Rocha, un ilustre eumés que chegou á illa como músico –un extraordinario saxofonista e gaiteiro-, namorouse dunha linda boricua e fixo carreira como restaurador no casco histórico de San Juan.
            O gaiteiro Néstor Nieto, formado na escola que creara o mestre Cachafeiro en Venezuela, e outros voluntarios amenizarán logo a velada con cantos e bailes do país.
            En Puerto Rico a xornada do 25 de Xullo é festiva por celebrarse o Dia da Constitución do Estado Libre Asociado.

VI XUNTANZA DA EMIGRACION
MEDALLA DE OURO
A SANTIAGO CAMBA

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu na sexta edición da Xuntanza da Emigración celebrada onte sábado na localidade luguesa de Palas de Rei a medalla de ouro da Coordinadora Federal de Asociacións Galegas de Alemania. Xunto a Camba tamén foron galardoadas coa medalla de prata outras quince persoas e entidades, caracterizadas pola defensa da diáspora galega neste país centroeuropeo.
Nesta xornada festiva, uns mil cincocentos emigrantes galegos residentes en distintos países, sobre todo europeos, acudiron á área recreativa de Vilar de Donas, lugar ao que tamén se achegou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.
Felicitamos por esta merecida distinción ó doutor José Santiago Camba Bouzas, quen o 24 de xaneiro do ano pasado estivo entre nós e inaugurou en Ocean Park, San Juan, a nova sede social do Centro Galego de Puerto Rico. Esta entidade está próxima a cumprir o seu corenta aniversario, xa que foi creada no ano 1974 por un grupo de vintecinco persoas como sociedade de axuda e beneficencia.
Santiago Camba co Presidente Alberto Núñez Feijóo
 
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario