viernes, 8 de julio de 2011

FOTOS CON HISTORIA: SONIA SOTOMAYOR


CANDO A XUIZA DA CORTE SUPREMA
ALMORZOU NA PANADERIA ESPAÑA



Menuda sorpresa levaron Heriberto Sixto e Pepín Rodríguez, dous galegos moi estimados, naturais de Mañente-Foz e Bravos-Viveiro, respectivamente, e socios da Panaderia España, cando viron sentarse no seu concurrido local de Isla Verde nada menos que a Sonia Sotomayor, a primeira muller hispana nomeada para o cargo de xuiza da Corte Suprema de Xustiza dos Estados Unidos, no seu caso á proposta do Presidente Barack Obama, que é tamén, como é ben sabido, o primeiro norteamericano de color que ocupa a presidencia da nación.
Como lembrou o propio presidente cando decidiu a súa designación para tan alto cargo, Sonia Sotomayor, filla de puertorriqueños asentados na cidade de Nova York, estudou en duas das mellores Universidades dos Estados Unidos e graduouse como a mellor da súa clase na de Princeton, Nova Jersey. Despois foi fiscal na oficina do Procurador Xeral en Manhattan, exerceu como avogada corporativa e pasou seis anos como xuiza na Corte de Distrito dos Estados Unidos.
Os empresarios lucenses atenderon como mellor puideron á ilustre puertorriqueña, que elexiu a Panaderia España para almorzar, como fan a cotío tantas e tantas persoas, pois é un dos locales mais populares da zona. Souberon estar no seu sitio, honrando á representante da mais alta maxistratura da nación, que non tivo reparo en fotografiarse con eles e estivo encantadora con todos, como lembran os nosos paisanos.
A fotografia, dedicada ó establecemento galego de puño e letra desta gran puertorriqueña, ocupa hoxe un lugar importante no despacho dos directivos, que se sentiron moi honrados coa súa presencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario