MOUZO (552)
Dos 2.026 que aparecen en 68 concellos,
o número mais importante, 552, está en Camariñas. Logo aparecen Vimianzo con
306; A Coruña, 232; Muxía, 180; Laxe, 130, e Cée, 93.
TAJES (517)
Dos 1.705 existentes en 61 concellos, o
grupo mais importante, con 517, está en Camariñas. A continuación está Muros
con 351; A Coruña, con 177; Carnota, con 131; Vimianzo, con 75, e Pontevedra
con 73.
LEMA (512)
Dos 9.174 que figuran en Galicia,
Camariñas aparece con 512, despois de A Coruña (1.190), Vimianzo (914),
Cabana (609) e Laxe (582). En Muxía hai 465 e en Ponteceso, 403.
CANOSA (503)
Dos 4.623 que hai en 104 concellos, o
terceiro núcleo, con 503, está en Camariñas. En primeiro e segundo lugar
figuran Fisterra con 783 e A Coruña con 599. No cuarto e quinto, Cée con 394 e
Muxía con 335.
MARTINEZ (453)
Dos 113.448 que hai en Galicia, tan só
453 aparecen en Camariñas. Hai 13.221 en Vigo, 9.257 en A Coruña, 3.317 en
Ferrol, 3.000 en Pontevedra, 2.990 en Santiago de Compostela e 2.970 en Ourense
CASTRO (400)
Dos 60.678 que aparecen en 312 concellos
galegos, 400 son de Camariñas. Os maiores grupos están en A Coruña (5.017),
Vigo (4.434), Santiago (2.261), Ferrol (1.780), Pontevedra (1.580) y Ourense
(1.348).
CARRIL (376)
Dos 2.821 que hai nos concellos de
Galicia, o grupo mais importante, 376, está en Camariñas. Logo
veñen Santiago de Compostela con 315, A Coruña con 286 e Arzúa con 186.
LÓPEZ (376)
Dos 167.776 existentes en Galicia, a
Camariñas corrrespondenlle tan só 376, o que supón unha porcentaxe moi baixa a
nivel autonómico.
SUÁREZ (358)
Dos 32.875 que aparecen rexistrados en
292 concellos galegos, 358 son de Camariñas. As principais agrupacións danse en
A Coruña (4.285), Vigo (2.360), Santiago de Compostela (2.146) e Carballo
(985).
RODRIGUEZ (353)
En Galicia aparecen rexistrados
236.756, dos que tan só 353 corresponden a Camariñas, unha
porcentaxe moi baixa.
PASANTES (279)
Dos 398 que hai en 2O concellos, a gran
maioria deles, un total de 279, están en Camariñas. Os outros grupos mais
importantes están en A Coruña con 32, Vimianzo con 25 e Muxía con 17.
BERMUDEZ (230)
Dos 8.260 existentes en Galicia, 1.245
están na Coruña, 390 en Vigo, 262 en Cangas, 250 en Moaña e 230 en Camariñas.
BLANCO (203)
Dos 46.122 que constan en Galicia, tan
só 203 corresponden a Camariñas. A maior parte deles está nos concellos de A
Coruña (4.050), Ourense (2.825), Boiro (734) e Noia (690).
CAMPAÑA (195)
Dos 890 que hai en 45 concellos de
Galicia, en Camariñas está o núcleo máis importante deles, e con diferencia,
pois están censados 195. No concello de Valga hai 102; en Ribeira, de onde
viñeron os Campaña camariñáns, 93; Catoira, 75; Boiro, 56; e Rianxo, 54.
LISTA (174)
Dos 1.451 que hai en 71 concellos,
289 están en Carballo; 241 en A Coruña; e o terceiro núcleo, con
174, en Camariñas. En Arteixo hai 129, 92 en Coristanco e 88 en Laracha.
SANTOS (164)
Dos 18.354 existentes en 279 concellos
de Galicia, 164 están en Camariñas. A maioría residen en A Coruña (1.822), Vigo
(1.422), Ribeira (788), Porto do Son (786), Ourense (581) e Cangas (562).
ROMAR (156)
Dos 751 existentes en 35 concellos, o
grupo mais numeroso, con 156, está en Camariñas. Logo veñen Santa Comba con
122, A Coruña con 88, Zas con 75, Laxe con 62, Cabana con 41 e Vimianzo con
26.
ROMERO (153)
Dos 20.086 que figuran en Galicia, en
29 concellos, 153 están en Camariñas. Os núcleos máis importantes son Vigo con
1.592; A Coruña, con 1.443; Ferrol, con 943; e Santiago de Compostela, con 667.
SÁNCHEZ (151)
Dos 49.974 que figuran inscritos en 309
concellos galegos, 151 corresponden a Camariñas. Hai 8.270 en A Coruña, 3.938
en Vigo, 2.104 en Santiago de Compostela; 1.446 en Ourense e 1.253 en Ferrol.
VÁZQUEZ (133)
Dos 101.807 que levan este apelido en
Galicia, tan só 133 corresponden ó concello de Camariñas, o que supón unha
porcentaxe moi baixa.
ALBORÉS (130)
Dos 766 existentes en 48 concellos, o núcleo maior está en Camariñas con 130. Outes rexistra 100; Nigrán,
76; A Coruña, 49; Noia, 48; Gondomar, 41; Baiona, 38, e Vimianzo, 33.
GARCIA (123)
Dos 156.913 rexistrados en Galicia,
únicamente 123 corresponden ó concello de Camariñas, un tanto por
cento moi baixo.
GONZÁLEZ (116)
Dos 176.007 que aparecen en Galicia,
tan só 116 corresponden a Camariñas, o que significa unha porcentaxe moi baixa.
REY (103)
Dos 35.754 existentes en 284 concellos
galegos, 103 corresponden a Camariñas. A Coruña figura con 4.086, Santiago de
Compostela con 2.132, Vigo con 2.041, Ferrol con 1.319 y Pontevedra con 1.132.
ÁLVAREZ (103)
Dos 80.692 que hai en 313 concellos,
tan só 103 son de Camariñas. O grupo maior está en Vigo, con 13.955. Hai 6.924 de Ourense, 4.230 en A Coruña e 2.120 en Lugo.
SONEIRA (95)
Dos 848 que figuran en 64 concellos, o grupo maioritario, con 143, está en Muxía. Logo aparecen Camariñas
con 95; Vigo, con 92; Ordes, 70; A Coruña, 54; Cée, 43; e Laxe, 30.
RAMOS (80)
Dos 16.499 que figuran en 296 concellos, 80 pertencen ó de Camariñas. As maiores agrupacións están en A
Coruña (2.014), Santiago de Compostela (810), Ourense (638) y Ferrol (571).
GERPE (79)
Dos 1.866 rexistrados en 79 concellos
galegos, 83 corresponden a Camariñas. A maioria deles están en Santa Comba
(636), á que seguien A Coruña, con 140;
Carballo, con 134, e A Baña con 114.
BARCIA (77)
Dos 3.970 existentes nos rexistros de
Galicia, 77 corresponden a Camariñas, 464 a Vigo, 286 a Santiago de Compostela,
219 a A Coruña, 212 a Ferrol, 189 a Pontevedra, e 130 a Mondariz.
PARDIÑAS (71)
Dos 1.050 que
figuran inscritos en 73 concellos de Galicia, 71 corresponden a Camariñas. En A
Coruña hai 147; en Carballo, 137; en Zas, 107, e no concello de Coristanco, un
total de 91.
VIDAL (67)
Tan só 67 dos 23.464 censados en
Galicia residen en Camariñas. Do resto, 2,065 están en Vigo, 1.730 en A Coruña,
1.126 en Ribeira, 1.098 en Pontevedra, 806 Santiago Pontevedra e 622 en Ferrol.
ALONSO (58)
Dos 43.671 existentes en 298 concellos
galegos, 58 son de Camariñas. A maioria deles, 13.600, está en Vigo. Logo veñen
A Coruña, con 1.779; O Porriño, con 1.320), Mos, con 1.267, e Redondela con
1.168.
SOTO (57)
En Camariñas hai únicamente 57 dos 10.751 rexistrados en Galicia. Os principais grupos deste apelido están en Vigo (1.751), A Coruña (772), Ourense (640), Pontevedra (474), Redondela (348), e Marin (306).
FUENTES (45)
Dos 8.488 que aparecen en 221 concellos
de Galicia, 45 corresponden ó de Camariñas. Dos restantes, 995 están en A
Coruña, 498 en Santiago de Compostela, 406 en Carballo, 392 en Vigo, e 317 en
Cuntis.
SOUTO (36)
Dos 17.323 rexistrados en Galicia, 36
corresponden a Camariñas, que queda moi lonxe dos 2.327 de A Coruña, 906 de
Vigo, 647 de Santiago de Compostela, 499 de Pontevedra e 446 de Ferrol .
QUIZA (33)
Hai 346 en 28 concellos, dos que 33 están en Camariñas, 133 en Cariño, 45 en A Coruña, 28 en Cedeira, 21 en Ferrol e 17 en Narón.
MAS (28)
Dos 154 que figuran en 25 concellos, 50 son de Vigo e 28 de Camariñas. Logo
están A Coruña con 16, Oleiros e Ferrol con 89, e Ourense con 5.
CABREJO (26)
Dos tan só 33 que atopamos en 4 concellos galegos, a inmensa maioria, 26, está en Camariñas. Os outros tres concellos son os de A Coruña con 3, Arteixo tamén con 3 e Ames con 1.
VARELA (25)
Dos 43.284 rexistrados en 286 concellos
galegos, tan só 25 corresponden a Camariñas. En A Coruña figuran 5.329; en
Vigo, 2.125; en Santiago de Compostela, 1.871; en Ourense, 1.183, e en Ferrol,
1.160.
OLVEIRA (24)
Dos 1.734 que hai en 60 concellos de
Galicia, 24 están inscritos en Camariñas. Os núcleos máis importantes son
Ribeira (451), Porto do Son (319), A Pobra do Caramiñal (264) e A Coruña (102).
VENTOSO (23)
Dos 873 existentes en 53 concellos, 23 corresponden a Camariñas. Os núcleos maiores son Porto do
Son (211), de onde viñeron os camariñáns, e Vilanova de Arousa (152).
FATEIRA (22)
Só hai 29 e en moi poucos concellos,
tan só catro. A inmensa maioria deles, 22, están en Camariñas. Logo veñen A
Coruña e Oleiros con 3, e o concello coruñés de Cambre con 1.
LIÑEIRO (22)
Dos 360 que figuran inscritos en 28
concellos de Galicia, 22 deles corresponden ó concello de Camariñas. Os núcleos
maiores están en Fisterra (127), Muxía (81) e A Coruña cun total de 42.
ARMENTAL (8)
Hai 217 en 21 concellos, entre eles
Boiro (63), Ribeira (38), Porto do Son (24), A Coruña (22), Santiago de
Compostela (14), A Pobra do Caramiñal (11), Vigo (9) e Camariñas (8).
Ermida da Nosa Señora a Virxe do Monte, Patrona de Camariñas
1. CABREJO (78 % dos de Galicia)
2. FATEIRA (75,8 %)
3. PASANTES (70,0 %)
4. TAJES (30,4 %)
5. MOUZO (27,3 %)
6. CAMPAÑA (21,9 %)
7. ROMAR (20,7 %)
8. MAS (18,1 %)
9. ALBORÉS (16,9 %)
10. CARRIL (13,4)
11. LISTA (12,0 %)
12. SONEIRA (11,2 %)
13. CANOSA (10,9 %)