15 DE AGOSTO, O DIA DE
MAIS FESTAS DO ANO
Ó dia de hoxe chámaselle o
Dia da Virxe de Agosto, ainda que o calendario especifica que é o dia da
Asunción da Nosa Señora. Foi en 1950 cando o Papa Pio XII proclamou o Dogma da
Asunción da Santísima Virxe. En todo caso, debido á gran devoción mariana que
hai en Galicia, o de hoxe, na nosa Terra, é o dia de mais festas do ano. Tense
dito que nesta data teñen traballo tódalas orquestras, bandas e grupos de
gaitas, precisamente porque se trata dunha festividade que se celebra en moitos
lugares do país. Velaquí unha pequena mostra dalgúns carteis anunciadores de
festas organizadas para esta data e outras próximas do mes de Agosto.
Pois é verdade. Ese día que ninguén diga que se aburre.
ResponderEliminar