FELIZ DIA DA CONSTITUCION
España celebra hoxe o Dia da Constitución, que conmemora a celebración do Referendo Constitucional de 1978, no que o pobo español aprobou a súa carta magna, en vigor dende o 29 de decembro daquel mesmo ano de 1978, logo de que, tra-la consulta popular, fora sancionada polo Rei Don Xoan Carlos I o dia 27 e publicada dous días despois, o 29, no Boletín Oficial do Estado.
No dia de hoxe, que ten carácter festivo en toda España, celébranse diversos actos en homenaxe á Constitución Española, norma suprema do ordenamento xurídico do Reino de España.
A Constitución Española de 1978 proclama no seu título preliminar un Estado social e democrático de Dereito que propugna como valores superiores do ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. Ademáis, afianza o principio de soberanía popular e establece a monarquía parlamentaria como forma de goberno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario