A fermosa estampa do Cabo Vilán, esta mañá
I XORNADA DE SENDEIRISMO
CONCELLO DE CAMARIÑAS
Pista de sendeirismo, camiño do Faro de Cabo Vilán
A VILA DAS PALILLEIRAS, REFERENTE DO ENCAIXE GALEGO NO MUNDO, CONTA CUN NOVO ATRACTIVO
A chúvia acompañou ós camiñantes durante uns minutos
A VILA DE MOCA, EN PUERTO RICO, É A CAMARIÑAS DO CARIBE, POIS TAMÉN FAN ALÍ ENCAIXE DE BOLILLOS
Almofada de Moca, Puerto Rico, coa que fan o "mundillo"
A EXPERIENCIA RESULTOU PERFECTA E DEBERIA ESTUDARSE A CONTINUIDADE QUIZÁIS VARIAS VECES Ó ANO
O parque eólico Cabo Vilán e a granxa mariña de Stolt Sea Farm
Tal como estaba anunciado, hoxe, domingo, levouse a cabo a I Xornada de Sendeirismo Concello de Camariñas, en conmemoración do Dia Internacional das Persoas con Discapacidade. A participación foi numerosa e o dia, dentro do que cabe nestas datas, acompañou tamén o seu, malia o chubasco que caeu cando o groso dos andadores ía pola pista costeira, en dirección á estrada que leva ó faro do cabo Vilán. Pero non durou moito, por fortuna, e, ademáis, a maioria ía preparada para esta posibilidade. Ou sexa que sen problemas.
Ao lonxe, o Faro de Cabo Vilán e o illote do Vilán de fora
Os andadores sairon do Curbeiro pasadas as dez da mañá e enfiaron a ruta camiño do Areal para seguir logo por Buria, camiño de Mourín, a pista costeira e a estrada que leva ó Faro de Cabo Vilán, onde estaba o primeiro posto de avituallamento. Tanto a botella de auga como a mazá e o resto de cousas que recibiu cada participante viñeron moi ben, logo de seis quilómetros de camiñata.
O marco desta I Xornada de Sendeirismo non pudo ser mais fermoso, destacando a maxestuosidade do Cabo Vilán e o seu faro, e a impresionante costa, con baixos como os das Quebrantas rompendo con forza e deixando un mar branco de escumas, furnas increibles traballadas pola forza das augas e praias recollidas como a de Lago, camiño xa dos Boliños da Fortuna, Portocelo e o Castelo do Soberano, por onde transcurriron os catro quilómetros restantes da experiencia, que rexistrou unha boa participación.
O alcalde camariñán co grupo de discapacitados que participou
Retornar ó porto camariñán coa vista das obras do novo peirao de atraque e as instalacións deportivas do Club Náutico produce unha grande satisfacción e supón un regalo para a vista. A Dársena, coa súa nova configuración, é tamén unha maravilla, E outro tanto se pode dicir do Paseo Marítimo, coas súas terrazas, que miran ó mar e ós barcos dunha vila que ten ben gañado o seu alto posto no concerto dos portos pesqueiros de Galicia.
Pilar Barba, Juan Cabrejo, o alcalde camariñán e Xosé Luís Blanco
O alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso de León, foi quen abriu a marcha, á que lle deu un ritmo moi lixeiro. O concelleiro de Deportes, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, acompañou ós participantes en todo momento, como responsable da experiencia, encargándose mesmo do reparto de auga e refrescos. A tenente de alcalde, Sandra Ínsua, tampouco faltou á hora de chegada, xunto con outros membros do goberno local. O remate tivo lugar no Polideportivo, onde cada participante recibiu uns regalos de Conservas Boya, que son exquisitas, como todo o mundo sabe. Normal, sendo como son de Camariñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario