EN GALICIA, NO INVERNO,
CONTINÚAN AS VERBENAS
Hoxe hai festa en Santiago de Lampón, no concello coruñés de Boiro
En principio,
as verbenas e as festas populares en xeral celébranse en Galicia no tempo do
verán dun xeito maioritario, case absoluto. Pero no inverno tamén hai bailes
nas rúas e prazas, ainda que sexa recurrindo ó emprego de grandes carpas,
moitas deles mesmo con calefacción.
Son cousas dos novos tempos, por
supuesto, pois antes estas carpas eran utilizadas, sobre todo, en Catalunya,
onde lle chaman envelats ou entoldados. Nun deles vin eu a Los Tamara, hai
moitos anos, en L’Hospitalet de Llobregat, que está pegado a Barcelona.
Tamén hai festa hoxe en San Xulián de Sales, ás portas de Compostela
O caso é que
nos sorprendeu ver estes carteis, e outros moitos, anunciando festas para estes
días frios do inverno… eso sí, deixando ben claro que haberá una acolledora
carpa agardando ós festeiros.
Estas deben
ser as “octavitas” de Galicia.
Novo cartel da Orquestra Capitol, de Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario