miércoles, 20 de febrero de 2013

“CARTOGRAFIA DOS APELIDOS DE GALICIA”

 
OS APELIDOS
CAMARIÑÁNS

Vista aérea da vila de Camariñas, A Coruña, Galicia 
 

MOUZO, TAJES, LEMA, CANOSA, MARTINEZ, CASTRO, CARRIL, LÓPEZ, SUÁREZ E RODRIGUEZ SON OS APELIDOS CON MAIS PRESENZA EN CAMARIÑAS
 
CABREJO, FATEIRA, PASANTES, TAJES, MOUZO E CAMPAÑA SON, POR ESTA ORDE, OS APELIDOS MAIS EXCLUSIVOS DA VILA DAS PALILLEIRAS
 
EN CAMARIÑAS FIGURA O 78 % DOS CABREJO DE TODA GALICIA, O 75,8 % DOS FATEIRA E O 70,0 % DOS PASANTES GALEGOS. TAMÉN ESTÁN OS MAIORES NÚCLEOS DOS CARRIL, CAMPAÑA, LISTA, ROMAR E ALBORÉS

 
  
(Nova versión, revisada e ampliada)

 
“Cartografia dos apelidos de Galicia”, o excelente traballo que coordinaron Ana Isabel Boullón Agrelo e Xulio Sousa Fernández, do Instituto da Lingua Galega, permítenos coñecer dende hai tempo todo cando queiramos saber sobre os apelidos de Galicia e a súa distribución xeográfica, ainda que, de momento, con datos do censo de 2001.
 
Ademáis, eses datos están ó dispor do investigador e do curioso, que poden acceder a eles co enderezo que facilitamos ó final desta nota informativa. Como en algún lugar tiñamos que centrar un avance do estudo, fixémolo en Camariñas, capital do mundo para os que alí, á beira do mar, tivemos a sorte e o privilexio de vir a este mundo.
 
A Cartografía de apelidos de Galicia é un proxecto de investigación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, que se desenvolveu coas axudas financieiras da Real Academia Galega (versión do 2006) e da Secretaría Xeral de Universidades (versión de 2010). A primeira versión da aplicación levouse a cabo en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia.
 
(Este traballo pretendia ser un simple apunte inicial sobre a cuestión dos apelidos en Camariñas, tratando dos mais camariñáns, ou sexa, daqueles que existen mais en Camariñas que en ningures, Sen embargo, en atención a varias suxerencias dos lectores, acabou ampliándose a todo tipo de apelidos con referencias na vila das palilleiras, o que non quere dicir que estean todos os que son, ainda que, de certo, sí son todos os que están. Neste senso, agradecemos a colaboración dos lectores para que estean tódolos que teñen que estar e concluir deste xeito o labor. O enderezo electrónico deste blog é galiciaenpuertorico@gmail.com).


Os portos pesqueiro e deportivo de Camariñas
 
APELIDOS DE CAMARIÑAS
 
 
Faro de Cabo Vilán. Cerámica de Sargadelos
 


MOUZO (552)

Dos 2.026 que aparecen en 68 concellos, o número mais importante, 552, está en Camariñas. Logo aparecen Vimianzo con 306; A Coruña, 232; Muxía, 180; Laxe, 130, e Cée, 93.

TAJES (517)

Dos 1.705 existentes en 61 concellos, o grupo mais importante, con 517, está en Camariñas. A continuación está Muros con 351; A Coruña, con 177; Carnota, con 131; Vimianzo, con 75, e Pontevedra con 73.

LEMA (512)

Dos 9.174 que figuran en Galicia, Camariñas aparece con 512, despois de A Coruña (1.190), Vimianzo (914), Cabana (609) e Laxe (582). En Muxía hai 465 e en Ponteceso, 403.

CANOSA (503)

Dos 4.623 que hai en 104 concellos, o terceiro núcleo, con 503, está en Camariñas. En primeiro e segundo lugar figuran Fisterra con 783 e A Coruña con 599. No cuarto e quinto, Cée con 394 e Muxía con 335.

MARTINEZ (453)

Dos 113.448 que hai en Galicia, tan só 453 aparecen en Camariñas. Hai 13.221 en Vigo, 9.257 en A Coruña, 3.317 en Ferrol, 3.000 en Pontevedra, 2.990 en Santiago de Compostela e 2.970 en Ourense

CASTRO (400)

Dos 60.678 que aparecen en 312 concellos galegos, 400 son de Camariñas. Os maiores grupos están en A Coruña (5.017), Vigo (4.434), Santiago (2.261), Ferrol (1.780), Pontevedra (1.580) y Ourense (1.348).

CARRIL (376)

Dos 2.821 que hai nos concellos de Galicia, o grupo mais importante, 376, está en Camariñas. Logo veñen Santiago de Compostela con 315, A Coruña con 286 e Arzúa con 186.

LÓPEZ (376)

Dos 167.776 existentes en Galicia, a Camariñas corrrespondenlle tan só 376, o que supón unha porcentaxe moi baixa a nivel autonómico.

SUÁREZ (358)

Dos 32.875 que aparecen rexistrados en 292 concellos galegos, 358 son de Camariñas. As principais agrupacións danse en A Coruña (4.285), Vigo (2.360), Santiago de Compostela (2.146) e Carballo (985).

RODRIGUEZ (353)

En Galicia aparecen rexistrados 236.756, dos que tan só 353 corresponden a Camariñas, unha porcentaxe moi baixa.

PASANTES (279)

Dos 398 que hai en 2O concellos, a gran maioria deles, un total de 279, están en Camariñas. Os outros grupos mais importantes están en A Coruña con 32, Vimianzo con 25 e Muxía con 17.

BERMUDEZ (230)

Dos 8.260 existentes en Galicia, 1.245 están na Coruña, 390 en Vigo, 262 en Cangas, 250 en Moaña e 230 en Camariñas.

BLANCO (203)

Dos 46.122 que constan en Galicia, tan só 203 corresponden a Camariñas. A maior parte deles está nos concellos de A Coruña (4.050), Ourense (2.825), Boiro (734) e Noia (690).

CAMPAÑA (195)

Dos 890 que hai en 45 concellos de Galicia, en Camariñas está o núcleo máis importante deles, e con diferencia, pois están censados 195. No concello de Valga hai 102; en Ribeira, de onde viñeron os Campaña camariñáns, 93; Catoira, 75; Boiro, 56; e Rianxo, 54.

LISTA (174)

Dos 1.451 que hai en 71 concellos, 289 están en Carballo; 241 en A Coruña; e o terceiro núcleo, con 174, en Camariñas. En Arteixo hai 129, 92 en Coristanco e 88 en Laracha.

SANTOS (164)

Dos 18.354 existentes en 279 concellos de Galicia, 164 están en Camariñas. A maioría residen en A Coruña (1.822), Vigo (1.422), Ribeira (788), Porto do Son (786), Ourense (581) e Cangas (562).

ROMAR (156)

Dos 751 existentes en 35 concellos, o grupo mais numeroso, con 156, está en Camariñas. Logo veñen Santa Comba con 122, A Coruña con 88, Zas con 75, Laxe con 62, Cabana con 41 e Vimianzo con 26. 

ROMERO (153)

Dos 20.086 que figuran en Galicia, en 29 concellos, 153 están en Camariñas. Os núcleos máis importantes son Vigo con 1.592; A Coruña, con 1.443; Ferrol, con 943; e Santiago de Compostela, con 667.

SÁNCHEZ (151)

Dos 49.974 que figuran inscritos en 309 concellos galegos, 151 corresponden a Camariñas. Hai 8.270 en A Coruña, 3.938 en Vigo, 2.104 en Santiago de Compostela; 1.446 en Ourense e 1.253 en Ferrol.

VÁZQUEZ (133)

Dos 101.807 que levan este apelido en Galicia, tan só 133 corresponden ó concello de Camariñas, o que supón unha porcentaxe moi baixa.

ALBORÉS (130)

Dos 766 existentes en 48 concellos, o núcleo maior está en Camariñas con 130. Outes rexistra 100; Nigrán, 76; A Coruña, 49; Noia, 48; Gondomar, 41; Baiona, 38, e Vimianzo, 33.

GARCIA (123)

Dos 156.913 rexistrados en Galicia, únicamente 123 corresponden ó concello de Camariñas, un tanto por cento moi baixo.

GONZÁLEZ (116)

Dos 176.007 que aparecen en Galicia, tan só 116 corresponden a Camariñas, o que significa unha porcentaxe moi baixa.

REY (103)

Dos 35.754 existentes en 284 concellos galegos, 103 corresponden a Camariñas. A Coruña figura con 4.086, Santiago de Compostela con 2.132, Vigo con 2.041, Ferrol con 1.319 y Pontevedra con 1.132.

ÁLVAREZ (103)

Dos 80.692 que hai en 313 concellos, tan só 103 son de Camariñas. O grupo maior está en Vigo, con 13.955. Hai 6.924 de Ourense, 4.230 en A Coruña e 2.120 en Lugo.

SONEIRA (95)

Dos 848 que figuran en 64 concellos, o grupo maioritario, con 143, está en Muxía. Logo aparecen Camariñas con 95; Vigo, con 92; Ordes, 70; A Coruña, 54; Cée, 43; e Laxe, 30.

RAMOS (80)

Dos 16.499 que figuran en 296 concellos, 80 pertencen ó de Camariñas. As maiores agrupacións están en A Coruña (2.014), Santiago de Compostela (810), Ourense (638) y Ferrol (571).

GERPE (79)

Dos 1.866 rexistrados en 79 concellos galegos, 83 corresponden a Camariñas. A maioria deles están en Santa Comba (636), á que seguien  A Coruña, con 140; Carballo, con 134, e A Baña con 114.

BARCIA (77)

Dos 3.970 existentes nos rexistros de Galicia, 77 corresponden a Camariñas, 464 a Vigo, 286 a Santiago de Compostela, 219 a A Coruña, 212 a Ferrol, 189 a Pontevedra, e 130 a Mondariz.

PARDIÑAS (71)

Dos 1.050 que figuran inscritos en 73 concellos de Galicia, 71 corresponden a Camariñas. En A Coruña hai 147; en Carballo, 137; en Zas, 107, e no concello de Coristanco, un total de 91.

VIDAL (67)

Tan só 67 dos 23.464 censados en Galicia residen en Camariñas. Do resto, 2,065 están en Vigo, 1.730 en A Coruña, 1.126 en Ribeira, 1.098 en Pontevedra, 806 Santiago Pontevedra e 622 en Ferrol.

ALONSO (58)

Dos 43.671 existentes en 298 concellos galegos, 58 son de Camariñas. A maioria deles, 13.600, está en Vigo. Logo veñen A Coruña, con 1.779; O Porriño, con 1.320), Mos, con 1.267, e Redondela con 1.168.

SOTO (57)

En Camariñas hai únicamente 57 dos 10.751 rexistrados en Galicia. Os principais grupos deste apelido están en Vigo (1.751), A Coruña (772), Ourense (640), Pontevedra (474), Redondela (348), e Marin (306).

FUENTES (45)

Dos 8.488 que aparecen en 221 concellos de Galicia, 45 corresponden ó de Camariñas. Dos restantes, 995 están en A Coruña, 498 en Santiago de Compostela, 406 en Carballo, 392 en Vigo, e 317 en Cuntis.

SOUTO (36)

Dos 17.323 rexistrados en Galicia, 36 corresponden a Camariñas, que queda moi lonxe dos 2.327 de A Coruña, 906 de Vigo, 647 de Santiago de Compostela, 499 de Pontevedra e 446 de Ferrol .

QUIZA (33)

Hai 346 en 28 concellos, dos que 33 están en Camariñas, 133 en Cariño, 45 en A Coruña, 28 en Cedeira, 21 en Ferrol e 17 en Narón.

MAS (28)

Dos 154 que figuran en 25 concellos, 50 son de Vigo e 28 de Camariñas. Logo están A Coruña con 16, Oleiros e Ferrol con 89, e Ourense con 5.

CABREJO (26)

Dos tan só 33 que atopamos en 4 concellos galegos, a inmensa maioria, 26, está en Camariñas. Os outros tres concellos son os de A Coruña con 3, Arteixo tamén con 3 e Ames con 1.

VARELA (25)

Dos 43.284 rexistrados en 286 concellos galegos, tan só 25 corresponden a Camariñas. En A Coruña figuran 5.329; en Vigo, 2.125; en Santiago de Compostela, 1.871; en Ourense, 1.183, e en Ferrol, 1.160.

OLVEIRA (24)

Dos 1.734 que hai en 60 concellos de Galicia, 24 están inscritos en Camariñas. Os núcleos máis importantes son Ribeira (451), Porto do Son (319), A Pobra do Caramiñal (264) e A Coruña (102).

VENTOSO (23)
Dos 873 existentes en 53 concellos, 23 corresponden a Camariñas. Os núcleos maiores son Porto do Son (211), de onde viñeron os camariñáns, e Vilanova de Arousa (152).

FATEIRA (22)

Só hai 29 e en moi poucos concellos, tan só catro. A inmensa maioria deles, 22, están en Camariñas. Logo veñen A Coruña e Oleiros con 3, e o concello coruñés de Cambre con 1.

LIÑEIRO (22)

Dos 360 que figuran inscritos en 28 concellos de Galicia, 22 deles corresponden ó concello de Camariñas. Os núcleos maiores están en Fisterra (127), Muxía (81) e A Coruña cun total de 42.

ARMENTAL (8)

Hai 217 en 21 concellos, entre eles Boiro (63), Ribeira (38), Porto do Son (24), A Coruña (22), Santiago de Compostela (14), A Pobra do Caramiñal (11), Vigo (9) e Camariñas (8).

Ermida da Nosa Señora a Virxe do Monte, Patrona de Camariñas
 

OS MAIS CAMARIÑÁNS
 
1. CABREJO (78 % dos de Galicia)

2. FATEIRA (75,8 %)

3. PASANTES (70,0 %)

4. TAJES (30,4 %)

5. MOUZO (27,3 %)

6. CAMPAÑA (21,9 %)

7. ROMAR (20,7 %)

8. MAS (18,1 %)

9. ALBORÉS (16,9 %)

10. CARRIL (13,4)

11. LISTA (12,0 %)

12. SONEIRA (11,2 %)

13. CANOSA (10,9 %)


Fonte
 
Ana Isabel Boullón Agrelo / Xulio Sousa Fernández (dirs.): Cartografía dos apelidos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. Orixe dos datos: Censo 2001 (INE).
 
Pode consultar o seu apelido neste enderezo
 
 
Camariñas e a súa ria na costa atlántica de España
 


3 comentarios:

  1. En primer lugar estaría, pues, el apellido MOUZO ( 552), seguido de TAJES( 517), y, en tercer lugar, el apellido LEMA,(con 512 );seguidos por los CANOSA,CARRIL, etc... Algo que se ha pasado mencionar en este artículo, referente " aos apelidos camariñans, mais comúns "
    Antonio Puertas LEMA.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Efectivamente, Lema é o terceiro apelido de Camariñas polo número de persoas, pero como en Galicia hai 9.174 representa só o 5,5%, polo que queda lonxe, como apelido camariñán, que é do que se trata, dos Fateira (75,8 %), Pasantes(70,0),Tajes (30,4), Mouzo (27,3), ou Campaña (21,9). En todo caso, grazas pola aportación. Unha aperta, Toño.

      Eliminar
  2. En atención á nota de Toño Puertas, hoxe mesmo faremos unha revisión do artigo coa mención do apelido LEMA e as explicacións dadas.É unha das cousas boas que permite o aqueloutro este da Internet. Saúdos.

    ResponderEliminar