sábado, 23 de junio de 2012

HOXE, NA NOITE MÁXICA DE SAN XOÁN


FOGUEIRAS, CACHARELAS
E SARDIÑADAS EN GALICIA

        Galicia vai vivir hoxe a noite mais máxica do ano, a noite de San Xoán, na que se misturan lume e auga, antergas tradicións e aportacións da modernidade, como se pode comprobar nos carteis que acompañamos a esta información.
        Toda Galicia celebra o San Xoán e o rito de brincar por enriba da fogueira segue vivo, coma nos seus mellores tempos. Agora, ademáis, tamén se impón probar as ricas sardiñas, se has hai, e mesmo botar uns bailes con orquestra, ainda que esto xa non é tradicional.
        Tan importante é a noite do San Xoán para nós que as colectividades tamén celebran esta data polo mundo adiante. Acompañamos carteis ilustrativos do que vai acontecer en Montevideo, Basilea e Caracas, por poñer uns exemplos.
        Unha proba da importancia desta celebración podemos atopala no número de autorizacións que acordou conceder o concello de Santiago de Compostela. Como publicaba onte EL CORREO GALLEGO, “a Xunta de Goberno autorizou na súa sesión ordinaria un total de 259 cacharelas e sardiñadas para a noite de San Xoán, 27 máis que en 2011. Delas, 144 realizaranse na cidade e outras 115 no rural”.
        En Puerto Rico, o mais tradicional nesta xornada, ademáis das fogueiras, é bañarse na praia, tirándose de costas cando chega a medianoite.

Camariñas, capital do mundo


Montevideo, Uruguai


Caracas, Venezuela


Basilea, Suiza


A Coruña


Vigo


Lugo


Porto do Son


Nigrán


Conxo, Santiago de Compostela


Becerreá, Lugo






No hay comentarios:

Publicar un comentario