CORAL
POLIFÓNICA CASABLANCA
DO
CÍRCULO MERCANTIL DE VIGO
Fundada en 1957, nove anos
despois pasou a integrarse no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo e dende
marzo de 2011 ten personalidade propia como Fundación Casablanca do Círculo Mercantil de Vigo.
Está clasificada
como de Interés Cultural pola Xunta de Galicia e tamén de Interés Gallego, por
Ordes do 14 de marzo e do 14 de xullo de 2011, respectivamente.
O seu primeiro director e
fundador foi o P. Javier de Madrid,
quen, ó pouco tempo, cedeu a batuta ó mestre e compositor Francisco Rey Rivero, de recoñecido prestixio entre os músicos
galegos. O autor de “Terra meiga” e outros éxitos estivo á fronte da formación
ata decembro de 1988, momento no que se incorporan a Coral A Marosa e o actual
director, Óscar Villar Díaz e outros
importantes integrantes.
Principiou deste xeito unha nova xeira, na que a Coral
seguiu gañando prestixio e abordando proxectos moi novidosos, como a
interpretación e grabación, con gran orquestra, de éxitos da música lixeira
española, grandes creacións de artistas como Frank Sinatra, números de musicais
que tiveron gran repercusión e, sempre, o mellor da música culta e do
repertorio coral galego, ó que incorporaron temas como os dous que aquí podemos
oir, éxitos nas voces de Amancio Prada e Fuxan os Ventos.
Campanas
de Bastavales
(Poema
de Rosalía de Castro)
Éxito de Amancio Prada
Éxito de Amancio Prada
O
MEU AMOR MARIÑEIRO
Éxito
de Fuxan os Ventos
CUÉNTAME
Éxito
de Fórmula V
ALGÚNS
DOS SEUS DISCOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario