martes, 31 de diciembre de 2013

¡BENVIDO, BIENVENIDO, WELCOME 2014!

 
 
 
 
MENSAXE DE FIN DE ANO DO
PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
 
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2013
 
Boas tardes.
 
Estamos no Centro de Transfusión de Galicia, no mesmo lugar onde a noite do 24 de xullo, miles de galegos responderon ante a maior catástrofe da nosa historia, e o fixeron dunha forma da que nos sentimos orgullosos.
 
Quero que as primeiras palabras sexan de recordo para as persoas falecidas na traxedia de Angrois, de alento para as súas familias nestas datas tan sinaladas.
 
Pero quero tamén acordarme das galegas e dos galegos que aquela noite se achegaron ata aquí para doar o sangue que necesitaban os feridos, así como de todos os que dun ou doutro xeito colaboraron, axudaron, ou cumpriron co seu deber de socorrer aos afectados. Aquela fatídica noite vimos unha Galicia a disposición de Galicia.
 
A miña presenza aquí é unha maneira de renderlle homenaxe a todos os que, dende este mesmo lugar, demostraron que o noso é un pobo solidario e un pobo unido. Grazas de todo corazón.
 
Galicia amosouse, coma sempre o fixo nos momentos difíciles, como unha familia grande que camiña xunta dende tempo inmemorial, e quere manterse xunta no futuro. Sabemos de onde vimos, sabemos onde estamos e sabemos a onde imos.
 
Nestes días de xuntanza, os galegos temos a sorte de congregar en torno á mesma mesa diferentes xeracións. Ninguén máis apto que os nosos maiores para lembrarnos que ningún tempo pasado foi mellor. As súas lembranzas axudan a entender con perspectiva a encrucillada na que se atopa o noso país. É unha situación difícil que esixe esforzos e sacrificios. Mais aló das estatísticas, a crise afecta a persoas que ven en perigo as súas posibilidades, en risco o seu proxecto vital.
 
Quen ten responsabilidades públicas nin pode ignorar eses dramas que están ao noso redor, nin pode enganar a xente afirmando que as solucións son simples. Non o son.
 
Cómpre dar respostas que non sexan efémeras, que permitan robustecer a sociedade e a economía, que garantan a continuidade desa idea común que chamamos Galicia.
 
A gran diferenza entre estas turbulencias e as que tiveron que padecer os que nos precederon, é que a nosa terra non está soa, nin carece de ferramentas propias para erguerse de novo. Formamos parte dun mundo que soubo conciliar liberdade e desenvolvemento. Compartimos con ese mundo desafíos, inquedanzas e medidas destinadas a preservar un modelo de vida que queremos para nós e para os que nos han de suceder.
 
Preservalo non é posible co inmobilismo. Todo o que conseguimos na democracia pode morrer se non somos quen de axustalo ás novas necesidades. Estámolo facendo con decisións que son moi semellantes ás que teñen que adoptar moitos pais e nais de familia.
 
A súa responsabilidade non lles permite negar teimosamente os problemas ou pospoñer temerariamente as solucións. A nosa, tampouco. Eles queren para os seus o mellor dentro das condicións que veñen impostas pola realidade. Nós, tamén.
 
En vésperas da chegada do novo ano, Galicia pode ollar a recuperación coa confianza que dá o deber cumprido. Temos logrado que o substancial da Autonomía do benestar estea intacto, e todos os galegos poden ter confianza plena na solvencia e na continuidade dos Servizos Públicos. Este Centro de Transfusión de Galicia, que xustamente este ano 2013 cumpriu o seu 20 aniversario, é exemplo dun modelo público de benestar en pé dende hai moito tempo e que, malia a crise, estamos sendo capaces de manter e de mellorar.
 
Ademais diso, o noso país ofrece unha estabilidade social e política que contrasta con aventuras que levan a outras comunidades á división e á incerteza. Para a nosa idiosincrasia, non é doado entender que as institucións sirvan para crear fendas artificiais, agravios fantasmagóricos e obxectivos imposibles.
 
Crear frustración non é o obxectivo da política democrática. Xerar identidades excluíntes, conduce a enfrontamentos que poden tardar en cicatrizar. Fronte a ese modelo convulso, os galegos seguimos outro tranquilo.
 
A nosa identidade é tan forte como calquera, pero non precisa inventar inimigos, nin erguer fronteiras, nin fomentar o illamento. Vemos en España unha patria común e solidaria, e en Europa un marco de convivencia compartido.
 
Non receamos dos veciños, senón que sempre vemos neles aliados cos que unir esforzos. Galicia, en definitiva, é responsable e fiable.
 
Así o ven aqueles que nos últimos tempos decidiron compartir con nós a súa enerxía. Galicia é unha das comunidades autónomas máis atractivas para investimentos foráneos. A chegada de investidores aos sectores máis diversos, dende o naval ata a banca, é unha mostra de que emprendedores e multinacionais importantes queren iniciar unha andaina con nós. Confían na nosa capacidade, na nosa calidade humana e profesional.
 
Certamente, non creo que sexa casual que boa parte deses capitais proceda de nacións onde a nosa xente sementou un prestixio que poucos outros pobos teñen. Saben como somos e cren en nós e nas nosas capacidades.
 
Galicia está no mundo e o mundo está en Galicia. Cumprimos así un dos requisitos fundamentais para iniciar a fase da recuperación. Ese recoñecemento internacional certifica que a sociedade galega está facendo ben as cousas.
 
Esa aposta por nós de compañías habituadas a avaliar con precisión as posibilidades dun territorio, evidencia que estamos no bo camiño. Os esforzos non son estériles.
 
Dicir a verdade é o primeiro mandamento dun gobernante. Cando Galicia iniciou a súa ofensiva contra a crise, o diagnóstico non admitía paliativos: estabamos nunha situación de emerxencia. Negalo entón era irresponsable. Negar agora que se albisca un novo horizonte, é abonarse a un pesimismo que en nada axuda a reiniciar a senda do crecemento. Europa, España e Galicia están saíndo pouco a pouco da súa convalecencia. Hai que dicilo con tanta prudencia como convicción.
 
Dicíalles que falarlles dende este Centro de Transfusión é unha maneira de render homenaxe á nosa solidariedade. Ningún galego é alleo para outro galego. Existe entre nós un vencello que nin sequera pode romper a distancia, como o demostra o feito de que Galicia sexa algo presente e vivo na emigración.
 
O que nos identifica é a capacidade para arroupar o compatriota en dificultades, para socorrer o que precisa da nosa axuda. Non somos un país por estar xuntos, senón por facermos cousas xuntos e axuntarnos fronte á adversidade.
 
O mundo ollou admirado a reacción dos galegos diante da catástrofe ferroviaria de Angrois. Aquelas xornadas quedaron xa inscritas para sempre na nosa historia. Nos lugares máis afastados do mundo, millóns de persoas sentiron que aqueles homes e mulleres que rescataban, coidaban ou consolaban, estaban representando o mellor do xénero humano. Cómpre conservar ese espírito e facer del a nosa divisa. Eu penso que os galegos somos así e queremos seguir sendo así.
 
Con ese desexo, expreso a miña felicitación a todos. Somos un gran pobo que vén de lonxe e quere ir lonxe. Confiemos en nós. Miremos o futuro con decisión.
 
Deséxolles boas festas e un 2014 que dea resposta a todas as nosas esperanzas.
 
Moitas grazas.
 
 
 
 
Y ESTE AÑO, CAMPANADAS CON SABOR GALLEGO
 
 
 
 
 

domingo, 29 de diciembre de 2013

O CONCERTO DOS DOMINGOS


GRANDES ÉXITOS
EN IDIOMA GALEGO


NOELIA

 
MOITO ME GUSTAS
(Me gustas mucho)
Creación de Rocio Dúrcal

COMO UNHA ONDA
(Como una ola)
Creación de Rocio Jurado
 

O BICO
(El beso)
Pasodoble do Mestre Moraleda

 

viernes, 27 de diciembre de 2013

MAIS FELICITACIONS DE NADAL E ANINOVO



FELICITACIÓN DE
ANTONIO RODRIGUEZ MIRANDA
Secretario Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
 

 
 
O NOSO NADAL
 
"Todos cheos de ledicia
agardamos ó Señor...
Todos xuntos por Galicia
pra una Galicia mellor"
 
FELIZ 47º CAPÍTULO DA
ENXEBRE ORDE DA VIEIRA
DEDICADO A GALICIA, NAI E SEÑORA...
 
1 DE MARZO, SÁBADO, 20 HORAS
 
HOTEL MELIÁ CASTILLA
Capitán Haya, 43. Madrid
 
Feliz 2014, Año Xacobeo Franciscano
(800 aniversario de la peregrinación de
San Francisco a Santiago de Compostela)
 
Para todos: Paz y Bien
 
(ordenvieira.com)
 
 
 
 
FELICITACIÓN DENDE OURENSE
 
 
O vento zoa no alto do Pazo de Fonseca, axitando as bandeiras
de Galicia, España, a Unión Europea e a da capital de Galicia
 
Tremendo temporal na costa de Camariñas. Ao fondo, Muxia,
o triste dia en que ardeu o santuario de Nosa Señora da Barca
 
 

miércoles, 25 de diciembre de 2013

INCENDIO DEL SANTUARIO DE LA VIRXE DA BARCA

Impresionante documento gráfico, obra del fotoperiodista
muxián Xesús Búa, de La Voz de Galicia. Muy bien pudiera
ser la foto del año. Nuestra felicitación al gran profesional.
 
SOLIDARIOS CON MUXÍA
 
Xesús Búa. La Voz de Galicia.

ESTA MAÑANA, LA GENTE NO PODIA CREER QUE EL SANTUARIO DE LA BARCA SE ENCONTRASE EN LLAMAS, AL PARECER A CONSECUENCIA DE UN RAYO, QUE HIZO ARDER EL TECHO, EL ALTAR MAYOR Y OTRAS PARTES DEL HISTÓRICO TEMPLO
Desde la ermita da Nosa Señora do Monte. Camariñas.
 
LA DEVOCION A LA VIRXE DA BARCA ES GRANDE EN TODA GALICIA, PERO, SOBRE TODO, EN LA ZONA, Y PRINCIPALMENTE EN LA VILLA DE CAMARIÑAS, DONDE HOY SUS HABITANTES TENIAN PALABRAS DE SOLIDARIDAD CON SUS VECINOS DE MUXIA
 
El mar rompe con fuerza en los bajos de la Punta da Barca.
 
ESTA NAVIDAD SERÁ RECORDADA PARA SIEMPRE COMO LA DEL INCENDIO DEL SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA BARCA, QUE ROSALIA DE CASTRO VISITÓ EN SU JUVENTUD, COMO REFLEJÓ EN SU CÉLEBRE OBRA “CANTARES GALLEGOS”
 
El santuario, ya sin tejado, y los autos de los bomberos.
 
COMO YA SEÑALÓ EL PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, SERÁ TAREA DE TODOS AYUDAR A RECONSTRUIR EL MÁS CÉLEBRE SANTUARIO MARIANO DE LA COSTA GALLEGA
Misa de Navidad. Parroquia de San Xurxo de Camariñas
 
 
 
 
 
NOSA SEÑORA DA BARCA
A GRAN ROMARIA DE GALICIA
 
 
 
AMANCIO PRADA
CANTIGAS E AGARIMOS
Nosa Señora da Barca
 
 

CORAL DE RUADA, OURENSE
Dtor.: X. Antón Vázquez Casas
Cantiga dos pescadores de Muxía
 
 

UXÍA
Alalá de Muxía
 

 

martes, 24 de diciembre de 2013

ESTA NOCHE ES NOCHEBUENA Y MAÑANA NAVIDAD


DETALLES NAVIDEÑOS DE
GALICIA Y PUERTO RICO

Avenida da Mahia. Bertamiráns, Ames. Galicia

ALGUNOS MOTIVOS DE LA ILUMINACIÓN PÚBLICA DE ESTA NOCHE EN GUAYNABO (PUERTO RICO), CAMARIÑAS, BERTAMIRÁNS-AMES Y SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Santiago de Compostela. Galicia

Guaynabo. Puerto Rico
 
Camariñas, A Coruña, Galicia
 
 

FELIZ NOITEBOA
 
Santiago de Compostela, Galicia

 
Praza Roxa. Santiago de Compostela



FELIZ NAVIDAD

Guaynabo. Puerto Rico
 
Guaynabo, Puerto Rico
 


MERRY CHRISTMAS
 
Camariñas, A Coruña, Galicia

Antón Pulido, pintor
 
 
 
 
 
 
Praza do Obradoiro. Santiago de Compostela
 


NOITE DE PAZ
(versión galega)
LUCIA E CHRISTIAN


 

domingo, 22 de diciembre de 2013

O CONCERTO DO DOMINGO / NADAL EN GALEGO

 
NADAL EN GALEGO
 
 
ORQUESTA LOS SATÉLITES
CAMPANIÑAS DE CRISTAL
(Jingle bells)
 

 
 
ORQUESTA TREBOL
ORQUESTA CAPITOL
ORQUESTA COMPOSTELA
ORQUESTA LOS SATELITES

FELIZ NAVIDAD
(José Feliciano)