XUNTANZA EN
VILA DE CRUCES
A FEDERACIÓN DE ENTIDADES
GALEGAS EN CATALUÑA FARÁ ENTREGA NESTE CONCELLO PONTEVEDRÉS DOS SEUS PREMIOS ALECRÍN
Manoel Carrete Rivera
O presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, confirmou a este blog que a Federación de Entidades Galegas de
Catalunya, Fegalcat, da que é secretario xeral, entregará o vindeiro dia 11, no
concello pontevedrés de Vila de Cruces, os seus premios Alecrín 2015 ós nomes mais destacados, segundo esta entidade, na
defensa da cultura galega.
Xosé Manuel Piñeiro Borrajo
Nesta ocasión recibirán os Alecrín, no apartado de innovación cultural, a
Editorial Hugin e Munim, creada hai catro anos en Santiago de Compostela por Alejandro Tobar; no do deporte, por Manolo González, o adestrador lucense
do Club de Fútbol Badalona; no da música, polo cantante Davide Salvado; no da comunicación, o popular presentador, cantante
e showman ourensán Xosé Manoel Piñeiro,
da Televisión de Galicia; e no da cultura, a poetisa Luz Pozo Garza, da Real Academia Galega. Tamén recibirá un Alecrin
a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, posta en marcha polo artista Francisco Lareo, finado hai tres
anos.
Casino No Deposit Bonus Codes
ResponderEliminarCasino 고양 출장마사지 No 목포 출장마사지 Deposit 포천 출장마사지 Bonuses 경주 출장샵 2020-09-25 삼척 출장안마