viernes, 6 de enero de 2012

MATICES DE LA CULTURA PUERTORRIQUEÑA



LOS REYES MAGOS
GANAN A SANTA CLAUS
EN PUERTO RICO



HOY ES DIA LABORABLE EN EL CONTINENTE, PERO EN LA ISLA ES UNO DE LOS GRANDES FESTIVOS DEL AÑO

DEBIDO A LA TRADICIÓN ESPAÑOLA, GASPAR, MELCHOR Y BALTASAR LE GANAN LA PARTIDA A SANTA CLAUS

EL GOBERNADOR EN PERSONA Y SU ESPOSA ENTREGAN HOY JUGUETES A LOS NIÑOS PUERTORRIQUEÑOS

“¡QUE VIVA LA TRADICIÓN DE LOS REYES MAGOS!”, TITULA HOY EL DIARIO “PRIMERA HORA”, DE GUAYNABO


         En los Estados Unidos no existe la festividad de los Reyes Magos. Hoy es, pues, un dia laborable mas. Los niños ya recibieron sus regalos en Navidad. Se los trajo Santa, o Santa Claus, la versión norteamericana del europeo Papá Noel. Sin embargo, en Puerto Rico, el dia de hoy es uno de los festivos mas importantes del año. Es una de las peculiaridades de este territorio norteamericano, como la del idioma español y un montón de tradiciones y costumbres, fruto de su propia historia.



        Tan importante es esta fiesta en la Isla del Encanto que su principal periódico, EL NUEVO DIA, dedica hoy su portada, a toda plana, a las peticiones que los niños puertorriqueños hacen a los Reyes Magos.

         El mismo diario explica así la importancia de la fecha:

Cuando a los niños entrevistados se les preguntó si preferían a Santa Claus o a los Reyes, la mayoría respondió que a los Reyes. “Me gustan los dos, pero (prefiero a) los Reyes porque ellos estuvieron presentes en el nacimiento de Jesús”, argumentó Yarielys Mojica Figueroa, de 11 años, respuesta que fue compartida por otros entrevistados”.



Por su parte, el diario PRIMERA HORA, de Guaynabo, ofrece en su edición de hoy este ilustrativo titular:


Y, a renglón seguido, explica el periódico que “sin duda, la magia de la época y de esta tradición tan nuestra está más arraigada que nunca”.

En la edición digital de este diario, la mayoría de los lectores defienden la tradición de los Reyes Magos en Puerto Rico. Veamos tres casos. En primer lugar, el de un lector contrario a la tradición española y europea:

          “Veo que quedan dos o tres ignorantes defendiendo lo perdido, los tres reyes desapareceran en la pronta generacion,,,, si no me cree vean los numeros, las tiendas venden todo para navidad, los tres reyes magos cojen lo que sobra, si sobra algo,,je, je, je”.

         Y ahora dos a favor:

“Estos que critican a Los Reyes Magos son unos charros e ignorantes. parece que nunca les regalaron nada cuando pequeños y por eso estan enojados con ellos. Yo me crié bien americanizada como dicen por ahí y la celebración de Reyes no falta en mi casa, es cierto que regalo mas en Navidad, pero mis hijos los esperan con igual alegría e ilusión que a Santa Claus, algunos Familiares les regalan en Navidad y otros en Reyes Asi que somos afortunados de tener unas Navidades tan largas! Este año mi familia y yo nos marcharemos a Estados Unidos, pero definitivamente seguiremos celebrando la linda tradición de los Reyes Magos!”.

“Los Reyes Magos para empezar es nuestra verdadera fiesta de navidad y segundo es por herencia española y pues Santa Claus por la herencia americana. Pero en Europa se celebra a Papa Noel que es lo mismo pero no es una celebracion tan grande se celebra mas el nacimiento del niño Jesus pero la Fiesta de Reyes en Europa hacen paradas fiestas en la plazas es una gran celebracion especialmente en España e Italia. En mi casa la verdadera celebracion es Reyes donde nos reunimos todos en casa de mi hermana traemos a los Reyes para que le entreguen los regalos a los niños”.

         Por último, el diario EL VOCERO anuncia hoy la entrega de juguetes por parte del gobernador, el honorable Luis Fortuño, y su esposa, la primera dama, Lucé Vela, indicando que “se esperan cerca de sesenta mil personas en el parque Luis Muñoz Rivera, donde habrá refrigerios para los asistentes durante la espera, así como eventos artísticos y juegos para los pequeños. Otra actividad se celebrará en Yauco (en el Urban Park), a la que también asistirá Fortuño”.


El propio rotativo sanjuanero advierte de las medidas especiales que se han tomado, ante la envergadura del evento:

El Departamento de Transportación y Obras Públicas (DTOP) informó hoy de los cambios en el tránsito y áreas de estacionamiento, así como de los servicios de transporte colectivo para la actividad del Día de Reyes que se celebrará el viernes en el Parque Muñoz Rivera de San Juan.
El segmento de la avenida De la Constitución, a la altura del Parque Luis Muñoz Rivera, permanecerá cerrado al tránsito desde hoy a partir de las 10:00 de la noche y hasta el 7 de enero a la  medianoche.
Como ruta alterna para salir del Viejo San Juan los conductores podrán utilizar las calles Matías Ledesma o San Juan Bautista hasta acceder a la avenida Fernández Juncos.
“Los ciudadanos que opten por disfrutar del evento del Día de Reyes podrán utilizar el sistema de transportación colectiva integrado por las guaguas de la AMA, el Tren Urbano (TU) y las embarcaciones de la Autoridad de Transporte Marítimo (metro”, informó el DTOP.
La agencia añadió que “habrá estacionamientos disponibles en las siguientes estaciones del TU: Bayamón, Jardines, Torrimar, Martínez Nadal, San Francisco y Sagrado Corazón. Se proveerá una ruta especial de autobuses hasta el Parque Muñoz Rivera”.

Monumento a los Reyes Magos en Guavate, Cayey, Puerto Rico

jueves, 5 de enero de 2012

COLABOROU NAS XORNADAS DA EMIGRACIÓN


PESAR EN  PUERTO RICO
POLO PASAMENTO DE
ISAAC DIAZ PARDO

Díaz Pardo nacera en Santiago de Compostela, onde será enterrado


COA PROFESORA MATILDE ALBERT ROBATTO, CATEDRÁTICA DA UNIVERSIDADE DE PUERTO RICO, MANTIÑA UNHA GRANDE AMIZADE

O INTELECTUAL GALEGUISTA COLABORARA NAS XORNADAS DA EMIGRACIÓN GALEGA A PUERTO RICO, CELEBRADAS O ANO 1996

GRAZAS A EL, EDICIÓNS DO CASTRO PUBLICOU NA SÚA SERIE “DOCUMENTOS” AS ACTAS DO CONGRESO CELEBRADO EN SAN JUAN

CURIOSAMENTE, NESTA MESMA DATA, EN 1936, MORREU EN COMPOSTELA O ESCRITOR RAMÓN MARIA DEL VALLE INCLÁN


O intelectual galeguista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo faleceu hoxe, aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael da cidade da Coruña. Así da conta EL CORREO GALLEGO na súa edición dixital desta triste nova. Isaac Díaz Pardo nacera o 22 de agosto de 1920 en Santiago de Compostela e a súa educación estivo marcada polo contacto cos mais destacados intelectuais galeguistas. Cultivou, entre outras moitas actividades, como a editorial, o ensaio e a crítica, ademais de dedicarse á pintura e, sobre todo, a recuperación de Sargadelos. Este venres será enterrado no cimeterio compostelán de Boisaca.

Pola súa banda, LA VOZ DE GALICIA titula "Galicia de loito" e da conta deste xeito da triste nova que na véspera de Reis abre os informativos das radios e as televisións galegas: “Galicia perdeu hoxe a un dos intelectuais galeguistas da época actual. Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920) finou tras levar ingresado no hospital San Rafael de A Coruña dende o pasado 22 de decembro afectado por unha neumonía”. O xornal coruñés lembra tamén que Isaac “tivo unha educación marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento, como Castelao ou Cabanillas, reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño. O seu compromiso con Galicia iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía”.

Debuxo do artista Antón Pulido


“O mellor exemplo dunha vida
dedicada a un compromiso
chamado Galicia”


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe o pesar do seu Goberno e de todos os galegos polo falecemento de Isaac Díaz Pardo. Feijóo amosou o seu recoñecemento ao impresionante legado do intelectual, e agradeceu o seu labor por facer unha Galicia “máis rica, máis culta e máis orgullosa de si mesma”.

O presidente da Xunta asegurou que Díaz Pardo é un espello “no que mirarnos todos os galegos” e salientou que se trata do “mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia”.

O titular do Goberno galego asegurou que o multifacético intelectual, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario construíu o seu legado pensando en Galicia, e resaltou que a Galicia de Díaz Pardo non se entende sen unha cultura galega, “unha cultura de nós, propia e única, que el mesmo se encargou de preservar, fornecer e reconstruír desde as dúas beiras do Atlántico”.

“A ese compromiso de Isaac Díaz Pardo pódeselle poñer un nome, o nome dun país: Galicia. Cando a Galicia coa que soñaba Don Isaac máis lonxe estivo de ser unha realidade, con máis folgos loitou por ela”, engadiu.

O presidente galego gabou a xenerosidade de Díaz Pardo ao formalizar o ano pasado a cesión do seus fondos bibliográficos e documentais á biblioteca da Cidade da Cultura. “Trátase dunha achega de incalculable valor para Galicia, unha achega cultural de incalculable valor para a sociedade galega en xeral e tamén para a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura”, manifestou.
O presidente Alberto Núñez Feijóo coa viuva de Isaac Díaz Pardo


Isaac e Puerto Rico


        O intelectual galeguista nunca visitou Puerto Rico, pero mantiña unha fonda amizade na illa coa profesora mugardesa Matilde Albert Robatto, ex-directora do Instituto de Estudios Hispánicos da Universidade de Puerto Rico, recinto de Rio Piedras. É por iso que, informada por este medio, a doutora Albert recibiu hoxe como un mazazo a triste nova, ó tempo que salientou a xenerosidade do gran emprendedor da cultura galega, ó editar en 1997, na editorial que dirixía, Ediciós do Castro, as actas do Congreso sobre a emigración galega a Puerto Rico, celebrado en San Juan os dias 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 1996.

Xosé-Luís Blanco, Matilde Albert Robatto e o doutor José Ramón
de la Torre, ex-presidente da Universidade de Puerto Rico


Algúns datos

Cos Reis de España, recibindo a Medalla das Belas Artes
(Santander, Cantabria, 2009)


Entre 1939 e 1942, Isaac Díaz Pardo estudou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Tras rematar os seus estudos, pasou a ter unha plaza de profesor na Real Academia de Belas Artes de San Jorge de Barcelona. (…) Abandonou as artes plásticas para adicarse á cerámica e fundar con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro en Sada (onde o nomearían fillo predilecto), ensaiando con materias primas usadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos e conseguindo cerámica de gran calidade. (…) En 1963, constituiu en Arxentina, xunto con outros destacados galeguistas, como Luis Seoane, o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da producción de cerámica de Sargadelos”.

Prato de Sargadelos, a grande obra de Isaac Díaz Pardo


Autor de varios libros e editor de moitos mais desque fundou Ediciós do Castro, Díaz Pardo foi recoñecido con distincións tan importantes como o Premio Gallego del Año (1992), o Premio Santiago Rey Fernández-Latorre (1999), o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago (1988), o Premio Otero Pedraio das Deputacións Provinciais (1990), Insigna de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidade da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995) e a Medalla de Ouro al Mérito nas Bellas Artes de España, entre otras (2009).

Xentes que ollan (1963), cadro de Isaac Díaz Pardo
(Museo de Belas Artes de A Coruña)



Grazas, mestre

martes, 3 de enero de 2012

LITERATURA MADE IN GALICIA


OBRAS GALEGAS
AGORA EN INGLÉS




25 OBRAS GALEGAS FORON TRADUCIDAS Ó INGLÉS NOS ÚLTIMOS 5 ANOS, DI "EL PAIS"

A METADE DELAS –PRECISA O XORNAL- SON ANTOLOXIAS DE NARRATIVA E POESIA



Segundo a información que ofrece hoxe o xornal madrileño, asinada en Santiago de Compostela por Iago Martinez,  “la conexión entre la literatura gallega y sus parientes anglófonas era en 1980 lenta, costosa y de un solo sentido. Galicia apenas exportaba nada, solo importaba. Treinta años después, muchos de los obstáculos se mantienen intactos en la vía, pero el flujo ha cambiado por completo. La circulación es de doble sentido y el saldo entre ambos carriles, de hecho, tiende a cero. En el último lustro se han traducido del inglés al gallego 27 obras, y otras 25 han hecho el camino a la inversa.

Os datos proceden, sinala o xornal, da Biblioteca da Tradución Galega e apareceron publicados no número 191 da revista Grial. Segundo estas cifras, “el saldo global de las tres últimas décadas es claramente desfavorable a la literatura gallega: se han publicado en la lengua propia 374 obras de original inglés y solo 77, un 17,4%, han sido exportadas. Entre 2000 y 2005, sin embargo, esa tendencia se quiebra. Descienden las traducciones del inglés al gallego (21) y remontan las inversas (23) hasta situarse ligeramente por encima, un equilibrio que se mantiene con una mínima variación a lo largo del último lustro”.

O traballo, publicado en “Grial” por un grupo de investigadoras, advirte tamén, segundo a crónica xornalística, que “de las 51 exportaciones registradas en la última década, 23 son antologías de narrativa y poesía, y ocho contaron con apoyo institucional. Esta clase de volúmenes, precisan las autoras, están más pensados para la docencia entre los estudiantes de los centros de estudios gallegos en el exterior -lo que no quiere decir que se envíen, como ha sucedido con la versión inglesa de Lois Pereiro, de Jonathan Dunne- que para seducir a agentes literarios o al público lector, y suelen padecer "una mala distribución".
A cousa non é, xa que logo, e así o subliñan as investigadoras e o recolle o xornalista, para botar foguetes. E cómpre ter en conta tamén, din as expertas, que “a menudo, la recepción y el entusiasmo por la edición de literatura gallega en inglés es mayor en Galicia que fuera, tanto por parte de las instituciones como de los autores, editores o investigadores", concluyen las autoras de A literatura galega en inglés. Unha realidade emerxente. "Es evidente que el valor que le otorgamos a nuestras exportaciones de textos literarios y no literarios no coincide con el valor que le dan las culturas a las que estas traducciones van dirigidas".



UN POEMA EN INGLÉS DE ROSALÍA



Adiós, rios; adiós, fontes
Good-bye rivers, good-bye fountains

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe,
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!

Good-bye rivers, good-bye fountains;
Good-bye, little rills;
Good-bye, sight of my eyes:
Don't know when we'll see us again.
Sod of mine, sod of mine,
Sod where I was raised,
Little orchard I love so,
Dear fig trees that I planted,
Meadows, streams, groves,
Stands of pine waved by the wind,
Little chirping birds,
Darling cottage of my joy,
Mill in the chestnut wood,
Clear nights of brilliant moonlight,
Cherished ringing bells
Of the tiny parish church,
Blackberries in the brambles
That I used to give my love,
Narrow footpaths through the cornfields,
Good-bye, for ever good-bye!
Good-bye, heaven! Good-bye, happiness!
I leave the house of my birth,
I leave the hamlet that I know
For a world I haven't seen!
I leave friends for strangers,
I leave the lowland for the sea,
I leave, in short, what I well love...
Would I didn't have to go!
But I'm poor and—base sin!—
My sod is not my own
For even the shoulder of the road
Is loaned out to the wayfarer
Who was born star-crossed.
I must therefore leave you,
Little orchard I loved so,
Beloved fireplace of home,
Dear trees that I planted,
Favourite spring of the livestock.
Good-bye, good-bye, I'm leaving,
Hallowed blades of the churchyard
Where my father lies buried,
Saintly blades I kissed so much,
Dear land that brought us up.
Good-bye Virxe da Asunción,
White as a seraph,
I carry you in my heart:
Plead with God on my behalf,
Virxe da Asunción of mine.
Far, very far away hear
The church bells of Pomar;
For hapless me—alas—
They shall never ring again.
Hear them afar (farther away still).
Every peal deals out pain,
I part alone without a friend...
Good-bye land of mine, good-bye!
Farewell to you too, little darling...!
Farewell forever perhaps...!
I send you this farewell crying
From the precious coastline.
Don't forget me, little darling,
If I should die of loneliness...
So many leagues offshore...
My dear house! My home!


domingo, 1 de enero de 2012

A NIGHT OF WONDERS EN EL CARIBE HILTON



LA MEJOR FIESTA
DE AÑO NUEVO
EN PUERTO RICO


JOSÉ CAMPO, GENERAL MÁNAGER DEL HILTON, HA CONVERTIDO A ESTE GRAN COMPLEJO HOTELERO EN EL MEJOR REFERENTE DE LA FIESTA DE AÑO NUEVO

Presencia gallega en la gran fiesta del Caribe Hilton: de izquierda
a derecha, José Campo, Pilar Blanco y los señores de Ceide


TRES MIL PERSONAS DISFRUTARON DE LOS SEIS AMBIENTES QUE EL HILTON OFRECIÓ PARA DESPEDIR EL AÑO VIEJO Y RECIBIR A 2012

José Campo con su esposa, Esther, y su hermana, Josefina Campo,
que reside en la República Argentina desde hace sesenta años


EL ÉXITO DE LA CONVOCATORIA FUE TAL QUE, DIAS ANTES, YA NO QUEDABA NI UNA ENTRADA PARA PODER ASISTIR AL EVENTO


A la izquierda, Xosé-Luís, Pilar, Manuel y Emma Ceide.
A la derecha, Josefina, José y Esther Campo


         Un año mas, el mejor ambiente de la noche de fin de año estuvo en el Caribe Hilton, el gran complejo hotelero que cuenta con cerca de un millar de habitaciones y, desde hace ocho años, lidera eventos como el de la llegada del año nuevo, gracias a la imaginación, la iniciativa y la profesionalidad de su General Mánager, nuestro ilustre paisano Don José Campo Castro, pontevedrés de Mos.

Xavier Campo es el primero por la izquierda y Manuel Jesús Ceide
el primero por la derecha. La fiesta no habia hecho mas que empezar


        Unas tres mil personas agotaron las entradas para poder recibir a 2012 en los seis ambientes, todos distintos, pero todos interesantes, que la organización del Hilton preparó para que cada cual viviera a su manera una noche tan especial. Y así, quienes querían música en vivo con orquestas de salsa, la tuvieron, como los amantes de los grupos, las atracciones, el espectáculo y los disc-jockey tuvieron también la oportunidad de encontrarse a gusto en su ambiente. O de variar de escenarios durante la larga noche, pues la entrada daba derecho a entrar en todos los recintos de lo que denominaron A NIGHT OF WONDERS.

Ya dieron las doce. Fué el momento de lucir los sombreros,
diademas y demás detalles con el Happy NewYear


Hubo barra libre toda la noche, un buen resopón de madrugada y, para los que resistieron hasta el final, un rico desayuno continental. El self service de su restaurante de la planta baja también ofreció una carta llena de ricos y variados platos, muy apropiados para el ambiente familiar con el que se recibió la hora mágica de las doce de la noche. Llegado este momento, no faltaron los petardos ni los fuegos de artificio. En Puerto Rico no existe una tradición de transmitir las campanadas, como hay en España con las conexiones con la Puerta del Sol, en Nueva York con la concentración en Times Square, o en Galicia con la costumbre que la TVG ha ido creando de dar la hora desde A Quintana.

Xavier, Esther, José y Josefina Campo


Además de la familia Campo, incluído su hijo Xavier, en la Nochevieja compartieron mesa el empresario Manuel Ceide, con su esposa, Emma, y su hijo, Manuel Jesús, compositor y profesor del Conservatorio de Puerto Rico, así como el periodista Xosé-Luís Blanco y su esposa, Maria del Pilar. Se dió la hermosa circunstancia de que el máximo responsable del reconocido complejo hotelero, José Campo, pudo contar con la presencia de su hermana Josefina, establecida en Buenos Aires desde hace sesenta años. El ambiente fue extraordinario.

Vista panorámica del complejo hotelero Caribe Hilton en San Juan


TRES DESPEDIDAS DE ANO
SON MOITAS DESPEDIDAS

        Mais, ¿qué lle imos facer? Se un é de onde é e está onde está, pois ten que facer cousas como celebrá-la entrada do ano nada menos que tres veces. A primeira foi ás SETE do serán, porque a esa hora son as doce en España e a canal internacional de TVE, moi seguida en Puerto Rico, estaba a transmitir desde a Porta do Sol, esta vez sen problemas, as doce badaladas. Por certo: moi ben a presentadora, Anne Igartiburu. Do seu compañeiro, mellor nin falar.

O reloxio da Porta do Sol, Madrid, España


        Ás cinco da mañá en España celebramos a segunda entrada de ano, pois eran as DOCE en Puerto Rico. Neste caso, non seguimos ningún reloxio especial, nin transmisión televisiva algunha, senón o son dunha orquestra que empezou a conta atrás e deulle-la benvida a 2012.

2012 será en Puerto Rico ano de eleccións e consulta sobre status


        E, por último, unha hora despois, ás seis da mañá en Galicia e a unha en Puerto Rico, vivimos a terceira entradiña de ano. Esta vez foi a de Nova York, transmitida de forma espectacular pola televisión americana. Times Square volveu a ser un gran espectáculo. A gran pantalla do hotel Caribe Hilton permitiunos vivir este momento, moi festexado polos que xa levaban unha hora bailando salsa a todo meter.

Campanadas en Times Square, New York, USA


        Permítasenos felicitar ó máximo responsable do Caribe Hilton, Don José Campo Castro, porque este ilustre pontevedrés non só ten acadado para a súa empresa un alto recoñecemento no sector turístico norteamericano e na sociedade puertorriqueña, senón que, con iniciativas como esta da fin de ano, logrou conectar a tan prestixioso complexo hoteleiro coa sociedade borinqueña, na que está plenamente insertado, sin esquecer nunca a súa orixe. Un exemplo, sen dúbida, que queremos recoñecer públicamente.



        E dous detalles mais: o evento estaba tan ben organizado que, para maior seguridade, mesmo instalaron un detector de metáis. Non fora se-lo demo, xa saben. E, polo que se refire ó tempo, ben entrada a madrugada había unha temperatura no exterior de... 22 graos.