O DIA DOS PRESIDENTES
O dia de hoxe é festivo oficial nos Estados Unidos e en tódolos seus territorios, polo tanto tamén en Puerto Rico, ainda que xa é sabido que neste tipo de celebracións pechan as oficinas públicas, os bancos, o mercado de valores, os colexios e o servizo postal, mais na empresa privada trabállase coma un dia normal. Tamén hai lugares públicos, como o Parque Central de San Juan, que depende do concello, que estaban abertos esta mañá e funcionando como un dia laborable.
O President’s Day, ou Dia dos Presidentes, celébrase hoxe como dia festivo federal en conmemoración do nacemento de George Washington (1732), o primeiro Presidente dos Estados Unidos de América. A data non é a mesma do dia do natalicio, pero ten a súa explicación. Ainda que Washington naceu o 22 de febreiro, o Congreso aprobou unha Lei en 1968 pola que se fixou o terceiro luns de febreiro como o dia da celebración.
Barack Obama, Presidente dos Estados Unidos de América
No hay comentarios:
Publicar un comentario