lunes, 6 de febrero de 2012

TORONTO, CAPITAL FINANCIEIRA DE CANADÁ


SANTIAGO CAMBA PRESIDE A
XXIV GRAN FESTA DE GALICIA
*       


É A PRIMEIRA VEZ NESTA LEXISLATURA QUE UN ALTO CARGO DA XUNTA DE GALICIA VISITA Á COLECTIVIDADE GALEGA EN CANADÁ


O SECRETARIO XERAL GABA O PAPEL DA MOCIDADE E DAS MULLERES NA DIÁSPORA, DO QUE OS RESIDENTES NESTE PAIS –DIXO- SON BO EXEMPLO


Fonte: Galicia aberta

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presidiu esta pasada fin de semana a Gran Festa de Galicia organizada pola Peña Galega do Club Hispano de Toronto. Á celebración asistiu asemade o cónsul xeral de España en Canadá, Francisco Pascual de la Parte, a Presidenta do club anfitrión, Maria Dolores González Bastida, e boa parte das persoas integrantes da entidade.
Na súa intervención, Camba recordou que os galegos en Canadá teñen desenvolvido “unha importante tarefa asociativa, asistencial, cultural, en definitiva, de vocación social (...) referente e estímulo do noso esforzo e a nosa acción de goberno desde Galicia”.
O secretario xeral da Emigración afirmou tamén que “os galegos e españois que residides no exterior volvedes ser referencia como dinamizadores da nosa imaxe no mundo”.


PASO ÓS MAIS NOVOS

Santiago Camba lembrou asimesmo que, no eido da emigración, “é o momento da xuventude. Un momento para o mantemento dos logros herdados, honrosa lección visible e palpable para fillos e netos. Pero esta actual realidade da emigración ten un rostro novo e tamén fundamentalmente feminino. Por iso continuaremos explorando novas vías para facer da muller un interlocutor de relevancia no seo das colectividades galegas no exterior. Neste senso, o Club Hispano e a súa Peña Galega sodes exemplo da relevancia do traballo liderado e firmemente apoiado por mulleres”.
A presenza de Camba é a realización dun compromiso persoal coa directiva da Peña Galega, e co seu presidente Antonio Gómez e a súa coordinadora Josefina Torre, de asistir e apoiar as iniciativas da activa colectividade galega no país máis setentrional de América. Trátase da primeira vez nesta lexislatura que un alto cargo da Xunta visita Canadá, onde se calcula que poden residir preto de mil galegos.
Concretamente en Toronto, o Club Hispano –do que depende a Peña Galega- conta con máis de setecentas persoas socias, das que tres cuartas partes son nacidas en Galicia ou descendentes. A entidade conta con 48 anos de antigüidade, e no ano 1987 adquiriu as instalacións onde desenvolve a maioría das súas actividades.


TORONTO
A cidade de Toronto, capital da provincia de Ontario, fronteiriza cos Estados Unidos, ten unha poboación que supera os cinco millóns de habitantes e non só é a cidade mais grande do Canadá, que acolle a un tercio da poboación total, senón o centro financieiro do pais. Tamén é a quinta maior cidade de Norteamérica, atopándose nunha area densamente poboada, onde residen mais de trece millóns de persoas.

Toronto é unha das principais capitais financieiras do mundo e conta coa Toronto Stock Exchange, que é a maior bolsa de valores do país e a séptima de todas cantas hai. A cidade, na que destaca a súa torre CN, de 553 metros de altura, é o centro da cultura canadense anglófona e conta cunha poboación cosmopolita. Sobre a metade dos seus habitants non naceron no país. Destaca tamén polo seu alto nivel de vida, o coidado do medio ambiente e por ser unhha das cidades mais habitables do mundo. Tamén é a cidade mais cara do pais. Está a uns 800 quilómetros de Nova York e os seus habitants chámanse torontonianos.


CANADÁ - ASOCIACIÓNS

Centro Galego de Montreal
4602 St. Laurent
Montreal, Quebec H2T 1R3
Canadá
Teléfono:
00 1 514 843 38 21
Fax:
00 1 514 844 44 39


Club Español de Quebéc
4388 St Laurent 4388 Boul. St-Laurent H2W 1Z5
Montreal, Quebec 4388
Canadá
Teléfono:
001 514 849 1737

Club Hispano

3465, Dundas Street West
Toronto, Ontario M6S-2S5
Canadá
Teléfono:
0014167607210 / 0014167607800
Fax:
00 14 167 609 800
Correo-e:


No hay comentarios:

Publicar un comentario