miércoles, 1 de febrero de 2012

NO SÓ SE PRODUCE EN CALIFORNIA



MAIS SOBRE O ALBARIÑO
DOS ESTADOS UNIDOS

Botella de albariño do estado de Virginia, USA

TAMÉN SE PRODUCE VIÑO ALBARIÑO EN ESTADOS COMO VIRGINIA, MARYLAND E MESMO NO DE OREGON

Etiqueta de Albariño do estado de Maryland, USA


A reportaxe sobre a producción de viño albariño nos Estados Unidos chamou poderosamente a atención non só dos que non sabian nada deste feito, senón tamén dos que, coñecendo o tema, non tiñan unha idea tan clara do importante que é o noso gran viño branco no mercado americano. Estamos a falar, non das exportacións que fai Galicia ós Estados Unidos do seu Rias Baixas, que son cada dia mellores, como xa informamos, senón do viño que se produce no propio territorio norteamericano e que se vende coa etiqueta de albariño.

Recentemente, unha nova do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rias Baixas, referente ó éxito da campaña de promoción destes viños nos Estados Unidos dábanos pé para falar do albariño americano, do producido alí, centrando a cuestión, sobre todo, na fértil California, que ten de todo e conta cuns viños excelentes.



Pero hai mais estados onde se cultiva e produce albariño, por exemplo en Virginia e Maryland, que foron duas das trece colonias que se levantaron para formar os Estados Unidos de América. De Maryland, ademais, temos información polo miudo sobre un dos seus viños, que se produce na subrexión de North Central Piedmont. Como verán, a adega ten o bo detalle de lembrar a procedencia da uva e de citar os nomes de Galicia e Portugal.


Albariño
Albariño (Galician pronunciation: [albaˈɾiːɲo]) or Alvarinho (Portuguese: [alvaˈɾiːɲo]) is a variety of white wine grape grown in Galicia (northwest Spain) and Monção (northwest Portugal), where it is used to make varietal white wines. Albariño is actually the Galician name for the grape, with Albarín Blanco an occasional synonym.

In Portugal it is known as Alvarinho, and sometimes as Cainho Branco. It was presumably brought to Iberia by Cluny monks in the twelfth century. Its name "Alba-Riño" means "the white from Rhine" and it has locally been thought to be a Riesling clone originating from the Alsace region of France, although earliest known records of Riesling as a grape variety date from the 15th, rather than the 12th, century.

It is also theorized that the grape is a close relative of the French grape Petit Manseng. It should not be confused with the Alvarinho Liláz grape of Madeira.


Outro dos estados onde se produce o albariño americano é no de Oregon, ubicado ó noroeste do país, ó sur de Washington (o estado, non a cidade capital), ó oeste de Idaho e ó norte de California e Nevada, fronte ás augas do Océano Pacífico.

         Por mais que, cando se fala dos viños dos Estados Unidos, case sempre acaparen toda a atención os famosos caldos californianos, o certo é que os de Oregón tamén teñen moita sona e gozan de merecida reputación internacional, ainda que sexan menos coñecidos do gran público no exterior. O estado de Oregón, que ten preto dun millón de habitantes mais que Galicia, conta con diferentes rexións para o cultivo das distintas vides, destacando a cabernet sauvignon, a pinot gris e, sobre todo, a pinot noir. Mais no Umpqua Valley tamén se produce albariño, comercializado coa etiqueta de Abacela.


Esta é a ficha do albariño Abacela 2012, facilitada pola adega do val de Umpqua, onde tamén se recoñece que estamos perante un “Galician style wine”.




Winemaker Notes

The cool conditions on our estate’s north facing hillsides allow this beautiful grape to slowly ripen while retaining its lively acidity. This Galician style wine exhibits aromas and flavors of crisp apples and pears, orange, pineapple, and delicate white flowers all carried on a frame that skirts the razors edge between creamy textures and steely minerality.
 
Awards, Ratings, Reviews

Best Of Class (Gold Medal/93 points), 2011 Los Angeles International Wine Comp.
Gold Medal, 2011 Riverside International Wine Comp.
91 points, Midwest Wine Guy
90 points & Editors' Choice, Wine Enthusiast (Oct 2011)
90 points, Wine & Spirits

Technical Notes

Fruit Source:  Abacela’s Estate Fault Line Vineyards
Appellation:  Umpqua Valley, Southern Oregon
Harvest Date:  11, 13-15 October 2010
At harvest:  Sugar; 22.2° brix, pH; 3.17, TA; 10.8 grams/liter
Cooperage:  100% Stainless Steel
Alcohol:  13.1% by volume
Release Date: 1 April 2011
Cases Production:  1259 (750 mL)

Para completar esta segunda entrega sobre os albariños americanos acompañamos outro puñado de etiquetas, para que o lector vexa que a cousa vai tan en serio que por estes lares non tiveron mais remedio que recuperar o denostado “ñ”. Na laptop, que é como lle chaman ó ordenador portátil, non virá, pero na botella… ahí o teñen.



CON “Ñ” DE ALBARIÑO











No hay comentarios:

Publicar un comentario