La presidenta, Argentina Menéndez, a la entrada del Centro Asturiano
El Centro Asturiano de Puerto Rico celebró hoy en su sede de la Casa de España el Dia de Galicia y el Festival de la Sidra con un programa de actos que comenzó con la celebración de la Santa Misa, oficiada por el sacerdote mallorquín Jaume Oliver Marqués, continuó con una charla del periodista Xosé-Luís Blanco Campaña sobre el Camino de Santiago Primitivo, o Camino Asturiano, y se complementó con un almuerzo típico, a base de productos gallegos, asturianos y de las Islas Baleares, ya que el Centro Asturiano contó para la organización de la jornada con la colaboración del Centro Gallego y la Casa Balear.
Las enseñas de las Islas Baleares, Galicia y Asturias
Presidieron el acto las banderas de las tres comunidades autónomas convocantes, saludando a los asistentes, en primer lugar, la anfitriona de la actividad, Argentina Menéndez, presidenta del Centro Asturiano; Miguel Casellas, presidente de la Casa Balear, y Victor Nieto, vicepresidente y presidente en funciones del Centro Gallego de Puerto Rico. Esta sociedad, por cierto, ya celebró el domingo pasado con gran éxito el Dia del Apóstol y Día de Galicia, pero quiso colaborar con sus primos hermanos.
Manolo Fernández, un maestro a la hora de asar sardinas
En el menú hubo caldo gallego al estilo puertorriqueño -uno de los platos más populares de la isla, presente en la carta de la mayoría de los restaurantes, hasta el punto de que se considera un plato autóctono, y en su forma lo es-, empanada, tortilla española y sardinas asadas –naturalmente, de importación-, así como las típicas “mallorcas” de postre, que es como le llaman en Borinquen al remedo de las ensaimadas mallorquinas que preparan aquí los pasteleros.
Los representantes de los centros gallego, asturiano y balear
La sidra estaba riquísima, bien fresca, y el aire acondicionado del local permitió disfrutar de una jornada deliciosa, en la que no faltaron actuaciones espontáneas, como la de Manolo Fernández, que bordó la interpretación de unas cuantas asturianadas. También se bailó al son de la música asturiana, gallega y balear, aunque hubo quien se atrevió con las sevillanas y con arte.
En el Centro Asturiano reinó un gran ambiente con lleno total
Entre los asistentes hubo algunas destacadas personalidades de la colectividad española en la isla, como el lucense Juan Leizán López, natural de O Incio, empresario y vicepresidente del Hospital Español Auxilio Mútuo, o el abogado Antonio Ramón Escribá-Oliver, miembro también de la Junta de Síndicos de la Sociedad Española de Auxilio Mútuo y Beneficencia de Puerto Rico.
Una de las mesas gallegas con los Blanco, Leizán, Casanova, Nieto...
Felicidades al Centro Asturiano por esta actividad, así como a las entidades colaboradoras… y que se repita. Salió todo redondo y hubo un magnífico ambiente. Y como una imagen vale mas que mil palabras –eso se ha dicho siempre, aunque no es del todo cierto-, les ofrecemos un completo reportaje fotográfico de la jornada.
En el altar, las imágenes de La Santina y Santiago Apóstol
Argentina Menéndez se encargó de la primera lectura de la Misa
Segunda lectura, a cargo de Mari Carmen Vizcaino de Casanova
Los Nieto, Casellas y Sousa, frente a la barra del Centro Asturiano
Padre Jaume Oliver, Segundo Fernández y Miguel Casellas
Argentina Menéndez, Victor Nieto y su esposa
Jesús Casanova, Xosé-Luís Blanco, Maria Pilar y Mari Carmen
Argentina Menéndez y su esposo, Néstor Heredia
Manolo fué muy aplaudido por su buen cante
Ana Alcalá y Maria Pilar Blanco, por sevillanas
La representación balear fué numerosa e importante
Argentina felicitó al maestro asador Manolo Fernández
El cántabro Eloy Agüero, del valle de Lamazón, con Juan Leizán
Xosé-Luis Blanco y Victor Nieto, vicepresidente del Centro Gallego
Argentina y Néstor recibieron muchas felicitaciones
O cadaleito, rodeado pola Real Banda de Gaitas na Colexiata de Sar
Fermoso detalle o do fundador e director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, ó viaxar desde Ourense co elenco de gala da prestixiosa formación que dirixe para dicir adeus con música galega a quen tanto fixo por ela no campo das orquestras e artistas. Un gran xesto, sen dúbida, o da Real Banda, en atención tamén á colaboración que o mestre mantivo con este xa célebre conxunto internacional, para o que escribiu distintas pezas con ritmo de muiñeira e xota galega.
A Real entregáralle o ano pasado a súa Medalla de Ouro.
As honras fúnebres por Manuel Muñiz Tubio mereceron hoxe este titular e esta crónica no xornal EL CORREO GALLEGO, de Santiago de Compostela, que ofrece tamén unha magnífica fotografia de Antonio Hernández.
¿Qué mais podemos dicir en honor do mestre e amigo?
Que Deus o teña na súa gloria.
Multitudinario funeral en Sar
por el maestro Muñiz
HONDO PESAR
Familiares y amigos se dieron ayer cita en Santa María La Mayor y Real de Sar para dar el último adiós al veterano músico José Manuel Muñiz Tubío. Posteriormente, fue enterrado en Boisaca.
Director de la Orquesta Compostela y profesor de la Banda Municipal de Música de Santiago, era un artista muy conocido tanto en Galicia como Hispanoamérica debido a los continuos viajes de la banda al otro lado del Atlántico.
Mañana, domingo, a partir del mediodía, el Centro Asturiano, que preside Argentina Menéndez, acogerá la fiesta del Patrón de España con la celebración de la Santa Misa, un festival de la sidra asturiana, un almuerzo de hermandad con productos típicos y una animada sesión de bohemia y baile con una selección musical representativa de Asturias, Galicia y Baleares, ya que son sus centros los que, a iniciativa del asturiano, colaboran en la iniciativa.
El vicepresidente del Centro Gallego, Victor Nieto, que actua como presidente en funciones ante la ausencia del titular, que se encuentra de vacaciones en Galicia, ha asegurado que la imagen del Apóstol Santiago, que se guarda en la entidad, estará mañana en las instalaciones del Centro Asturiano, sito en la Casa de España. La talla de madera se ubicará al lado del altar donde se celebrará la Eucaristia, con la que se abrirá el programa de actos.
Pesar por el fallecimiento del maestro Manuel Muñiz,
director de la Orquesta Compostela
Debido a la diferencia horaria con Galicia y España, que es de seis horas, ya podemos ofrecer la repercusión que ha tenido la noticia del fallecimiento del compositor y músico Manuel Muñiz, que dimos en primicia en este Blog, en el periódico de la capital de Galicia. Así la ofrece el prestigioso diario, que la lleva a la primera plana de su edición del sábado (aún viernes en Puerto Rico):
La capital gallega acogió ayer con pesar la noticia del fallecimiento del veterano músico José Manuel Muñiz Tubío, director de la Orquesta Compostela y profesor de la Banda Municipal de Santiago. El maestro Muñiz, como se le concía popularmente en Santiago, era un músico muy conocido tanto en Galicia como en en numerosos países de Hispanoamérica, ya que durante muchos años la Orquesta Compostela viajó a numerosos países del continente hermano para actuar para las colonias de emigrantes gallegos. Hoy, a las 15.45, los restos mortales de Manuel Muñiz serán trasladados desde el Tanatorio Montouto hasta la iglesia parroquial de Santa María La Mayor y Real de Sar, donde se celebrará un funeral de cuerpo presente. Posteriormente, el veterano músico será enterrado en Boisaca.
DURANTE CINCUENTA ANOS FOI DIRECTOR DA ORQUESTRA COMPOSTELA
LANZOU A ANA KIRO COMO CANTANTE GALEGA CON “GALICIA, TERRA MEIGA”
Ás catro e media da tarde deste venres, vintenove de xullo, no seu fogar compostelán da rúa Xeneral Pardiñas, deixaba de existir o mestre Manuel Muñiz. Estaban a súa beira a súa compañeira de toda a vida, Mari Carme Mallo, a gran señora que soubo estar sempre a carón dunha personalidade como a do compositor, na saúde e na enfermidade, nos éxitos e nas dificultades, e algún familiares do matrimonio, que hoxe choran esta perda irreparable, como a choramos os seus amigos.
Coa súa dona, Mari Carme Mallo de Muñiz
En palabras da súa viuva, o mestre caeu enfermo no leito, moi débil, hai, aproximadamente, un ano, en agosto de 2010. En todo este tempo levou a enfermidade cunha enteireza exemplar. Era un home de fé, gran devoto do Apóstolo Santiago, que levou a alegría da súa vida cando pudo bica-la man da Súa Santidade o Papa Xoán Paulo II, a quen lle dedicou unha muiñeira.
Con Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas
O mestre Muñiz recibirá mañá cristiá sepultura no cimeterio compostelán de Boisaca, logo do funeral córpore insepulto que se celebrará na Real Colexiata de Santa Maria do Sar, onde o cadaleito será recibido pola Real Banda de Gaitas, coa que o compositor tiña colaborado con gran entusiasmo, como nos confirmaba o seu fundador e director, o mestre Xosé Lois Foxo, afectado pola triste nova.
Desde Puerto Rico, agradecidos por canto fixo Manuel Muñiz polo mundo da emigración galega, polo noso idioma e pola nosa Terra, enviamos as nosas mais fondas condolencias á súa viuva e demais familia, ó tempo que elevamos unha oración polo seu eterno descanso. E como se trata de un músico e compositor galego, seguro que ó noso mestre e amigo lle gustaría, e moito, que transcribísemos a letra dunha fermosa canción que Odilo González e Isauro Garcia escribiron para momentos tristes e de esperanza coma o presente.
Adeus irmán, que se abran os ceos.
Adeus irmán, que sexas feliz,
na despedida queremos cantarche:
que grande é Deus e chama por ti!
Dende esta terra, que ti xa deixaches,
os nosos ollos bagoan por ti,
mais a esperanza de vernos un día
enxuga as bágos do noso sufrir.
Que Deus te acolla no Reino glorioso,
onde esperamos por sempre reinar,
que un día chegue pra, xuntos no ceo,
resucitados con Cristo gozar.
Adeus irmán, que teñas acougo
nos brazos quentes de Deus noso Pai,
ficamos tristes mais xa confiados
que teñas parte no Reino da paz.
Autor de preto de medio milleiro de cancións, a inmensa maioria delas en idioma galego, Manuel Muñiz foi o primeiro compositor galego de música lixeira que se lembrou dos emigrantes e escribiu cancións para eles –para nós-, falando dos nosos soños, da morriña que sentimos lonxe e dos nosos problemas. Tanto era o afecto que lle tiña ás sociedades de emigrantes que escribiu unha morea de temas para centros de todo o mundo. E o mesmo fixo con equipos de fútbol, para os que escribiu himnos e cancións. Neste capítulo hai que incluir o himno oficial da SD Compostela e as músicas que escribiu para o Club Deportivo Español de Buenos Aires, Real Club Deportivo de A Coruña e os equipos da súa vila natal de Boiro, Atlético Riveira, Vista Alegre, Cesures, Portonovo e outros varios.
Ademáis, foi un dos primeiros axentes artísticos de Galicia en sentido moderno. Cando el empezou, o único que facía de axente na realidade era Expósito en Pontevedra, xa que a maioria das orquestras contrataban directamente coas comisións de festas, sen intermediarios. Daquela, os músicos da orquestra facian de todo, tamén carrexar os instrumentos e montar o escenario. Como axente artístico, Muñiz trouxo figuras importantes a Galicia, como o propio Julio Iglesias.
Tamén foi presidente do Clube de Leóns de Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia honrou a Muñiz coa Medalla de Galicia.
BIOGRAFIA
Manuel Muñíz Tubio nacera en San Amaro, parroquia de Santiago de Lampón, concello de Boiro, o 5 de Novembro de 1929. Era fillo predilecto do seu concello natal, Medalla de Galicia e socio de honor de moitas sociedades galegas do exterior, sobre todo da República Arxentina.
Compositor de mais de catrocentas cincuenta cancións galegas, trombón solista da Banda Municipal de Santiago -da que se retirou cunha homenaxe, dirixindo ós seus compañeiros nun concerto ofrecido ó pe da catedral-, axente artístico de grande actividade e director da Orquestra Compostela ó longo de medio século, Muñíz é tamén o autor da canción "Galicia, terra meiga", que supuxo o lanzamento de Ana Kiro como artista galega, e de tódolos éxitos da primeira etapa da cantante.
Con Ana Kiro, abrindo sulcos á canción galega na música lixeira
Foi responsable tamén do lanzamento de outras artistas galegas, como Sabela e Pili Pampín, para as que escribiu dúcias de cancións populares. O duo "Los Dos Españoles", para o que tamén escribiu varios temas, dedicoulle un pasodoble titulado "Manuel Muñíz", no que se di que "onde hai un galego hai cancións de Muñíz".
Entre outros, Ana Kiro, Pili Pampín, Sabela, Los Dos Españoles, Sito Mariño, Maria Jesús y su acordeón, Los Tres Soles del Paraguay, Manolito el Pescador, Montse e Luis Queimada, Eduardo Veloso e a orquestra Brisas de España, de Buenos Aires, gravaron as súas cancións. Escribiu, asimesmo, trinta obras instrumentais para banda de música e uns corenta himnos para diferentes Centros Galegos, concellos e sociedades de Europa e América.
Querido e admirado na Galicia Exterior, recibiu varias homenaxes de agarimo, sobre todo en Buenos Aires, cidade da que é socio de honor da Casa de Galicia, do Centro Cultural de A Estrada e das sociedades de Vedra, Boiro e O Carballiño. Nos últimos anos escribiu títulos galegos para a S.M. El Rei Don Xoán Carlos I e para a S.S. o Papa Xoán Paulo II, ós que tivo o honor de saudar persoalmente e, no caso do Santo Pai, de ofrecerlle na residencia de Castelgandolfo todo un concerto da Real Banda de Gaitas de Ourense, que incluíu a súa “Muiñeira de Wooytila”.
ORQUESTRA COMPOSTELA
Fundada no ano 1919, é hoxe a mais antiga de Galicia en activo, como lembrou sempre o seu director, Manuel Muñíz, autor da maior parte do repertorio desta formación, a que mais discos gravou de Galicia nos últimos corenta anos, sempre da man do trombonista e violinista de Boiro. A Compostela, en todo caso, ostenta outro récord, moito mais importante: é a orquestra que mais gravacións fixo en língua galega, ostentando unha marca senlleira de vendas con máis de dous millóns de unidades distribuídas polo mundo enteiro, en estimación do director desta popular formación.
Ten contado Manuel Muñíz que a Orquestra Compostela foi fundada no ano 1919 por seis músicos, que tocaban piano, batería, contrabaixo, clarinete e saxo, trompeta e violín. A primeira formación, que non incluía cantante, naceu para ameniza-los bailes de gala e das festas tradicionais que celebraban as sociedades de Santiago e a súa comarca, tocando tamén nos intermedios das películas mudas que se proxectaban no Teatro Principal compostelán. Polo que se refire ó repertorio daquela primeira formación da Orquestra Compostela, non faltaban as polkas e as mazurkas, os pasodobles, música de zarzuela, melodías de moda e, por suposto, os clásicos valses da familia Strauss.
A inicial Orquestra Compostela desaparece durante a guerra civil española e volve a reagruparse cando remata a contenda, incluíndo algúns compoñentes novos. Agora xa son oito músicos, coa incorporación da flauta e o acordeón. É a época na que empezan a cantar algúns dos seus integrantes, eso sí, sen ningún tipo de amplificación, utilizando aquela especie de funil que tamén empregaban as vellas bandas de New Orleans. Cando apareceron os micrófonos de carbón -tan só un para toda a orquestra-, a Compostela foi das primeiras de Galicia en adquirir esta gran novedade. Porque a amplificación do sonido ven a cambia-la vida das orquestras. A Compostela aproveita para crecer un pouco mais e incorpora ó seu cadro artístico outros dous músicos e un "animador", que era como se coñecía entón ó cantante. Neste tempo, a orquestra xa é unha das favoritas en festas e verbenas. Nas súas filas tocan excelentes músicos da Banda Municipal de Santiago e da Banda Militar do Rexemento número doce da cidade do Apóstolo.
No éxito conseguido nos pasados anos pola Compostela é fundamental o labor de Manuel Muñíz, trombón solista da Banda Municipal de Santiago e da propia orquestra cando se fai cargo da dirección da Compostela. Estamos no ano 1951. É a época do extraordinario vocalista Pocholo, a quen Muñiz dedicou recentemente un pasodoble. A Orquestra Compostela actua con gran éxito por Galicia, León, Asturias e Portugal.
Miguel Torres, o mellor intérprete das cancións de Manuel Muñiz
O ACCIDENTE DE ORDUÑA
Invitada pola Casa de Galicia de Bilbao, a orquestra viaxa o 24 de Xullo de 1962 con dirección á capital vizcaína, onde ían a celebra-lo Día de Galicia. Mais a fatalidade agardaba no alto de Orduña: a unha da tarde, o vehículo que transportaba ós músicos precipítase por un desnivel de cento cincoenta metros de altura e alí falecen catro dos seus compoñentes, o trompeta Paulino Prado, o saxo Xoán Fernández, o cantante Suso Picón e o técnico de sonido Xosé Casal. Os demais quedan malferidos e tardarán mais dun ano en recuperarse.
Recordando aquelas datas, Manuel Muñíz agradeceu sempre o labor médico do doutor Sixto Seco, que lle salvou -afirmaba- o brazo dereito. E lembraba tamén o interese que amosara daquela o Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, quen enviara un importante donativo para as familias das víctimas e os feridos. Claro que a lista de agradecementos foi moito mais longa: "Sí, porque nunca esqueceremos -dicia- ó cabido e ó concello de Santiago, a Cantigas e Agarimos, ós Pais Franciscanos, a todo o pobo de Santiago e de Bilbao, a Orduña e o seu alcalde, don Miguel Penas Aguilera, a Casa de Galicia de Bilbao e ó seu presidente, don Demetrio Santos, e ó doutor Miguel Gil de la Peña... Tampouco nos olvidaremos do Cardeal don Fernando Quiroga Palacios...". A traxedia de Orduña fixo enmudecer por un longo tempo á Orquestra Compostela. Cando se recuperaron os feridos, coa incorporación de novos membros, ata un total de doce profesores, e xa con dous cantantes solistas, idea de Manuel Muñíz, o nome da Compostela volveu a aparecer nos carteis.
A primeira actuación, que supuxo a presentación da nova orquestra, tivo lugar nun magno festival, celebrado na Quintana, no mes de Xullo de 1963. Neste momento a orquestra principiaba unha andaina artística que ía facer dela a mais popular de Galicia e, desde logo, a que mais discos gravaría. E quede este dato para a historia: co diñeiro recadado naquel festival de presentación, a Orquestra Compostela encargou unha imaxe do Apóstolo Peregrino, que foi donada á Casa de Galicia de Bilbao o 25 de Xullo de 1963.
O mestre Muñiz coa súa dona, Mari Carme, nun dos seus veráns en Sanxenxo
"Setenta aniversario" é un pasodoble de Manuel Muñíz, gravado no 1989 e co gallo de tal efeméride, onde se conta a historia da Orquestra Compostela, unha formación pola que pasaron músicos da talla do pianista Alfredo Cancelo, o cantante Armando Fernández de Córdoba, ou o trombonista Miguel Badía. Os cantantes que pertenceron a orquestra foron, segundo as distintas épocas, Pocholo, Miguel Angel, Suso Picón, Moncho Briones, Toni Mato, José Otero, Jorge Jaime, Armando Fernández de Córdoba, Tito Calviño, Manuel Ramón, Arturo Rey, Henrique Miramontes e Xosé Manuel Fandiño. Miguel Torres, Toni e Xosé Manuel, Alberto foron algún dos últimos que actuaron baixo a dirección do finado mestre.
Falando de cantantes, compre dicir que Miguel Torres foi, nos últimos trinta anos, a voz máis carismática da Compostela e a que mellor interpretou, sen dúbida, as cancións de Manuel Muñiz, que sempre o tivo en grande aprecio persoal.
No ano 1978, a casa de discos Olympo, de Barcelona, interésase pola música orixinal da orquestra, sobre todo pola cantada en língua galega, escrita por Manuel Muñíz, e trata co mestre da gravación do primeiro disco. (Convén ter en conta que a casa Olympo pertence ó grupo Belter, para o que xa hai catro anos que Ana Kiro grava en galego éxitos de Muñíz, dabondo coñecido, por tanto, como autor inspirado). O contrato chega no momento oportuno, xa que, ese mesmo ano, a Compostela preséntase ante a colectividade galega de Buenos Aires e vende mais de dez mil cintas no Club Deportivo Español, que preside Francisco Rios Seoane, daquela popular e poderoso empresario de Cestaños-Ordes na capital arxentina.
Sete veces mais viaxou a Orquestra Compostela á capital arxentina, onde é moi apreciada, mais tamén fixo catro xiras polo Brasil e actuou en Londres, París, varias cidades suizas e Lisboa. O seu director fala de dous millóns de cintas vendidas polo mundo adiante, co gallo destas presentacións. En todo caso, e valorando como é debido a categoría dos seus vocalistas e músicos, a Compostela actual é a obra persoal de Manuel Muñíz, un autor que conecta perfectamente co seu público, un músico con moito oficio e, sobre todo, un home cunhas cualidades innatas para as relacións públicas.
E ten moito mérito: cando ningunha orquestra apostaba pola canción en galego, él deu o paso adiante.
Xosé-Luís Blanco, Manuel Muñiz e Sito Mariño
Desde hai un par de anos, a Orquesta Compostela depende do artista e promotor artístico Sito Mariño, que nomeou ó mestre Muñiz director honorario. Ademáis, Sito tivo o fermoso detalle de homenaxear ó mestre no transcurso das Festas do Apóstolo de hai dous anos, cando a orquestra actuou na Alameda. Foi a derradeira vez que subiu a un escenario.
De presentar a homenaxe encargouse o xornalista Xosé-Luís Blanco Campaña, amigo e admirador do mestre Muñiz, quen salientou que a Orquestra Compostela recibiu un impulso extraordinario coa dirección de Manuel Muñiz, que a converteu na que mais discos gravou, mais cancións galegas interpretou e mais visitou os Centros Galegos de América e Europa. Muñiz colleu a orquestra no 1951 e ó longo de cincuenta anos levouna ós mellores escenarios e, tódolos anos, ós estudos de grabación, que antes nunca pisaran.
Pilar e Xosé-Luis Blanco, Sra. Mallo, Mari Carme, Muñiz e Sito Mariño
a noite da homenaxe ó mestre no Paseo Central da Alameda de Santiago
Para rematar, queremos lembrar o maior éxito do mestre Muñiz, que supuxo o lanzamento de Ana Kiro como cantante en galego. Primeiro, a letra da canción. E logo, a interpretación da propia creadora desta popularísima cánción, dedicada polo seu autor ós emigrantes galegos de todo o mundo.
GALICIA, TERRA MEIGA
Letra e música: Manuel Muñiz
Ven, queridiño, ven,
que che quero dar
todo o meu cariño.
Ven, queridiño, ven,
que che quero dar
todo o meu amor.
Quéroche cantar, Galicia,
desde a beiriña do mar,
as penas que levo dentro,
que por ti me fan chorar.
Miña terra queridiña,
non te podo “olvidar”.
Galicia, Terra meiga,
miña casa, meu lar.
Miña terra queridiña,
non te podo “olvidar”,
os teus aires do monte,
os teus aires do mar...
Cada momento que pasa
Galicia quéroche máis,
quixera eu morrer nela,
onde morreron meus pais...