TRES DIAS DE LOITO POR
FACUNDO CABRAL
Os restos do cantautor arxentino de ascendencia galega, asasinado o pasado sábado na cidade de Guatemala, os 74 anos de idade, recibiron hoxe o derradeiro adeus nunha cerimonia intima e familiar celebrada no cimeterio Xardin de Paz da cidade de Pilar, situada na área do Gran Buenos Aires, a algo mais de cincuenta kilómetros da capital arxentina.
Rematado o acto, os restos mortais do artista foron incinerados, tal como deixara disposto. A cerimonia, na que participou un pequeño grupo de familiares e achegados, foi encabezada pola súa viuva, a psicóloga venezolana Silvia Pousa, e tivo lugar na parroquia do propio cimeterio.
O cadaleito chegou a Buenos Aires nas primeiras horas de onte, martes, a bordo dun avión da Forza Aérea de México, país que o cantautor consideraba como o seu segundo fogar, xa que alí viviu exiliado durante a última dictadura militar arxentina. No aeroporto agardaban a súa viuva e o canciller arxentino, Héctor Timerman. O xefe da diplomacia do país austral tamén quixo estar entre os milleiros de persoas que acudiron ó velorio, celebrado finalmente no pequeño teatro ND Ateneo de Buenos Aires, onde o artista ofreceu o seu derradeiro recital na Arxentina. A caixa estaba cuberta por unha bandeira arxentina e outra das Nacións Unidas, que o designara Mensaxeiro Mundial da Paz a través da Unesco.
A presidenta da República Arxentina, Cristina Fernández, decretou tres días de loito nacional pola norte de Facundo Cabral. Segundo a resolución oficial do executivo arxentino, o cantautor “consagrou a súa vida ó canto, transmitindo coas súas letras o espíritu de paz inspirado nas ensinanzas de Xesús, Ghandi e a Nai Tareixa de Calcuta”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario