martes, 26 de julio de 2011

O DIA DO TRAXE GALEGO

AS ROUPAS MAIS BELAS
NAS RUAS DE SANTIAGO

O alcalde compostelán con duas galeguiñas que participaron no Dia

O alcalde anunciou a incorporación do traxe galego ós actos institucionais

Momento da recepción ofrecida ós participantes no Pazo de Raxoi

Na Galicia Exterior emociona ver esta mostra de galeguidade e amor ós costumes da Terra


Un ano mais, a Quintana acolleu con gran éxito de público o Desfile de Modelos mais enxebre


As Festas do Apóstolo reservan unha data cada ano para o Día do Enxalzamento do Traxe Galego e nesta edición, que fixo a número trinta e tres, a indumentaria tradicional galega volveu ter o máximo protagonismo nas rúas e prazas da cidade, con desfiles, concursos e exhibicións.


O rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa, que na Ofrenda ó Apóstolo luciu un fermoso traxe galego, que volveu a levar hoxe,  recibiu pola mañá no Pazo de Raxoi á comitiva de persoas ataviadas co traxe tradicional, no marco das actividades previstas nesta xornada de enxalzamento.


O alcalde da capital de Galicia anunciou que non quere que o uso do traxe galego sexa algo "extraordinario", senón que "se incorpore a actividades que teñen que ver coa nosa vida institucional e laboral". Neste sentido, anunciou a presenza do traxe galego en actos institucionais.

 
            Na súa intervención, o mandatario municipal tamén agradeceu á Asociación do Traxe Galego o seu esforzo por "seguir loitando por unha tradición tan bonita e importante para nós". Igualmente, tivo un recoñecemento a outros concelleiros que, anteriormente, xa vestiron o traxe galego. Nesta ocasión tamén participaron coa indumentaria tradicional os concelleiros Elvira Cienfuegos (BNG) e Xosé Baqueiro (PsdeG-PSOE), así como o concelleiro delegado de Xuventude e Deportes, Adrián Varela (PPdeG).


A aposta polo traxe galego do alcalde mereceu o aplauso dos participantes neste Día do Traxe. En nome de todos eles, a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes, amosou o seu agradecemento a Xerardo Conde Roa e expresou o seu desexo de que "moitos dos que están agora aquí estean dentro doutros 33 anos representándonos" e así esta tradición "siga viva".


Desde Puerto Rico, onde os borícuas vesten de branco con pano bermello e o sombreiro que chaman A Pava cada 19 de Novembro, data na que o moi posiblemente paisano noso Cristobo Colón descubriu a illa, parabéns a cantos participaron e deron pulo ó Dia do Traxe Galego, fermosa mostra de galeguidade e amor ás nosas tradicións



(Con información do Concello de Santiago)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario