miércoles, 25 de abril de 2012

MUNDO GALEGO: ANIVERSARIO




XOSÉ RAMÓN GAYOSO
CUMPRE HOXE 56 ANOS


O POPULAR PRESENTADOR LEVA VINTE ANOS PRESENTANDO O “LUAR” NA TELEVISIÓN DE GALICIA

Paseando este inverno por Riazor con Domingo Bello e Xosé-Luís Blanco


        Foi o primeiro presentador da Televisión de Galicia, pois tocoulle presentar o programa inaugural, no que actuou o Ballet Galego Rey de Viana, e, despois de conducir varios espazos (Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti), a maioria de entrevistas, desde hai vinte anos anima cada venres o programa “Luar”, que xa para sempre irá unido ó seu nome e ó do seu realizador, Manuel Abad.

        Xosé Ramón Gayoso Bonigno naceu na Coruña tal dia coma hoxe en 1956, o ano en que España entrou na ONU, as actrices norteamericanas Grace Kelly e Marilyn Monroe casaron, respectivamente, co Príncipe Rainiero de Mónaco e o escritor Arthur Miller, e o actor Gregory Peck encarnou ó capitán Ahab na película “Moby Dick”, que dirixiu o mestre de Nevada, estado de Misuri, John Huston.

        Antes de dedicarse á televisión, Gayoso practicou o atletismo e foi campión de España de lanzamento de martelo en 1975, gravou un long play como membro do dúo Keltia, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e exerceu a avogacia en Madrid.

        Que cumpra moitos mais. ¡Happy birthay!


A carón dun sinal do Camiño de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario