viernes, 16 de noviembre de 2012

ALTO HONOR PARA A VILA DAS PALILLEIRAS

Constitución do Parlamento (Foto Xoán A. Soler LA VOZ DE GALICIA)
 

CAMARIÑAS “MANDA” NO
PARLAMENTO DE GALICIA
 
 
Pilar Rojo Noguera
 
 
A PRESIDENTA, PILAR ROJO, ESTÁ VINCULADA A CAMARIÑAS POLO SEU SEGUNDO APELIDO, O DE NOGUERA

 
Marisol Soneira Tajes
 
A VICEPRESIDENTA SEGUNDA, MARISOL SONEIRA, NACEU EN BURIA, NOME QUE LLE PUXO Á SÚA EMBARCACIÓN

 
Mansión da familia Noguera en Camariñas
 
Á dereita, o barómetro que lle regalou ós Noguera o goberno inglés
 
 
Foto moi antiga onde se pode ver a casa dos Noguera
 
Don Ramón Noguera, antepasado da Presidenta
 
Como boa filla de Camariñas, a vicepresidenta tamén é palilleira
 
No Club Náutico de Camariñas, que axudou a consolidar
 
Participando nun acto en Camariñas con autoridades de Baleares
 
 
É un falar, claro. Xa sabemos que quen manda no Parlamento de Galicia son as Súas Señorias, representantes da soberanía popular. O que se pretende salientar con este chamativo titular é a vinculación que teñen con Camariñas a presidenta da cámara e a vicepresidenta segunda, ámbalas dúas elixidas hoxe nos seus cargos, a primeira para continuar á fronte da presidencia do Parlamento e a segunda para formar parte por vez primeira da mesa da cámara lexislativa.

 
PILAR ROJO NOGUERA, nada na Coruña en 1960, é arquitecto superior de profesión e está especializada en edificación e urbanismo. Ademáis, é funcionaria de carreira, xa que pertence ó Corpo de Arquitectos de Facenda. Deputada polo Partido Popular, na lexislatura 2001-2005 foi conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Polo seu segundo apelido está moi vinculada a Camariñas.
 

MARIA SOLEDAD SONEIRA TAJES, naceu en Buria, Camariñas, en 1954 e nunca deixou de participar na vida camariñá, onde ten á súa familia. Buria foi o anterior nome da actual parroquia de Camariñas. Mais coñecida como Marisol, foi concelleira, dirixiu a Mostra do Encaixe, desempeñou cometidos no PSdeG-PSOE sobre pesca e emigración, e é deputada desde a quinta lexislatura.
 

Pilar Rojo Noguera, Presidenta do Parlamento de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario