viernes, 29 de marzo de 2013

IMÁGENES DE FERREIRO EN LA VILA DAS PALILLEIRAS

Domingo de Ramos 2013 en Camariñas
 
SEMANA SANTA
EN CAMARIÑAS
 
D. Jesús Nieto Baneira, Párroco de Camariñas
 
EL AUTOR DE LAS IMÁGENES DE LA SEMANA SANTA CAMARIÑANA FUE EL GRAN ESCULTOR GALLEGO DEL SIGLO XVIII JOSÉ FERREIRO (NOIA, 1738)
 
 
 El arte sacro del escultor José Ferreiro en Camariñas
 
 
La Virgen Dolorosa en su retablo de Camariñas
 
 
 
        Aunque, de unos años a esta parte, la Mostra do Encaixe de Camariñas ha adquirido un gran prestigio y sus ecos han llegado muy lejos, no debe olvidarse nunca que, pese a que la Mostra se celebra durante la Semana Santa y tiene un gran protagonismo en los medios de comunicación, así como una gran importancia para la villa y la comarca, los actos propios de los días en que conmemoramos la Pasión y Muerte de Nuestro Señor siguen estando presentes en la agenda camariñana y reclamando, como ha sucedido siempre, la atención de los camariñáns.
 
        Téngase en cuenta, además, que Camariñas cuenta con unos pasos de la Semana Santa extraordinarios, obra del artista José Ferreiro (Noia, 1738-Hermisende, 1830), el gran escultor gallego del siglo XVIII. Sobre la obra de Ferreiro y otros detalles de la Semana Santa camariñana escribimos hace tiempo las líneas que recogemos a continuación, que publicó el diario EL CORREO GALLEGO.
 

A SEMANA SANTA
 
 

A conmemoración da Paixón e Morte do Noso Señor Xesús Cristo, que  cada ano facemos nos dias que no mundo cristián coñecemos como Semana Santa, sempre tivo en Camariñas un eco especial. E moitas anécdotas.
 
Os que vivímo-la nosa nenez na vila das palilleiras nos anos cincuenta temos moi presentes aínda aqueles Domingos de Ramos, nos que o lembrado Pedro Celta Pérez Postigo -Tito do Carteiro para os amigos- entraba na igrexa parroquial de San Xurxo co ramo máis grande de todos. Chegaba case ata o teito e para introducilo no templo precisaba sempre de varios “secretarios”, que el sabía reclutar entre o mellor de cada casa.
 
¿E qué dicir das procesións dos “caladiños” e do “encontro”, sempre tan concorridas? Na nosa memoria aínda están presentes a imaxe do templo parroquial cuberto de grandes colgantes morados, o son estremecedor das carracas, o venres, e o ledo repinicar das campaíñas -tódalas que había na sacristía e nin unha menos- na noite do sábado.
 
 

Ademáis, a Semana Santa camariñá non era só unha demostración de fé e relixiosidade popular, senón tamén artística. Era grande o número de imaxes que percorrían en procesión as rúas da nosa vila e, entre elas, destacaban as saídas do obradoiro do escultor noiés Xosé Ferreiro, un dos máis grandes artistas que deu Galicia, que ten unha boa mostra do seu labor no templo que mandou levantar, enteiramente á súa costa, o noso paisano Domingo Antonio Rodríguez Canosa, ilustre fillo da aldea de Buria, emigrante no actual México.
 
De Ferreiro hai que ver en Camariñas, non só o altar maior da igrexa parroquial, onde están as soberbias tallas de San Xurxo, o patrón, e a Virxe do Monte, a nosa patrona, xunto coas de San Francisco e San Domingos, que fixo entre 1790 e 1795. Sobre todo en Semana Santa, é obrigado deterse diante dos altares da flaxelación e do Nazareno, que son, a xuicio dos expertos, dúas excelentes aportacións do discípulo de Gambino ó movemento de renovación artística do século XVIII.
 
 
Recordo familiar da nosa Semana Santa
 
Hoxe volvemos a ter unha gran Semana Santa. O templo parroquial resulta pequeno para acoller a tódolos fieis que asisten ós oficios e as procesións volven a contar cunha presencia moi importante de camariñáns e visitantes. Sen dúbida, o labor do actual cura párroco, don Jesús Nieto Baneira, e esa auténtica bendición de Deus que son as irmás da Fraternidade Reparadora fixeron o milagre de recuperar unha Semana Santa que volve a reclama-la atención dos camariñáns.
 
De maneira que, se vostede se acerca estes dias a visita-la Feira do Encaixe, cousa que lle aconsellamos, por suposto, saiba que os horarios dos oficios e do certame están perfectamente coordinados e que, polo tanto, sen deixar de admira-los encaixes que levan o nome da nosa vila, tamén pode vivi-la Semana Santa nun marco de relixiosidade e categoría artística que tamén é propio da terra das palilleiras.
 
 
 
CURIOSIDADES
 
La parroquia de San Vicente de Vimianzo deja claro en un folleto anunciador de la Semana Santa que, para que los feligreses puedan cumplir con el Sacramento de la Penitencia, VENDRÁ UN PADRE DE FUERA. O sea, que no será un sacerdote de la zona, sino de más lejos, desconocido. Y, además, será un Padre, no un miembro del clero regular.
 
 
 
Camariñas, Camariñas,
con todos seus arredores,
non lle chamen Camariñas,
chámenlle xardin de froles.
 
(Vella cantiga popular)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario