sábado, 20 de abril de 2013

O PROFESOR FOI ELIXIDO HOXE EN A CORUÑA

 
XESÚS ALONSO MONTERO
NOVO PRESIDENTE DA
REAL ACADEMIA GALEGA


A FINAIS DE XANEIRO DE 1996 ESTIVO EN PUERTO RICO, PARTICIPANDO NAS XORNADAS DA EMIGRACIÓN GALEGA

San Juan, 1996. Alonso Montero, Otto Riollano, Carmen Blanco,
Matilde Albert Robatto, Charo Portela e Claudio Rodríguez Fer


“O catedrático Xesús Alonso Montero resultou elixido este sábado no plenario da Real Academia Galega (RAG) en segunda votación, con 12 sufraxios a favor e 10 en contra, tras haber empate na primeira consulta”, informou hoxe EL CORREO GALLEGO. Pola súa banda, o xornal LA VOZ DE GALICIA precisou que “é o dirixente da corporación número doce desde os tempos de Manuel Murguía”.

Ampliando a información, LA VOZ indica que o profesor Alonso Montero foi elixido “tras unha disputada votación que, finalmente, se resolveu con doce votos a favor da candidatura do novo presidente e dez a favor da encabezada por Manuel González. Despois da dimisión do anterior presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, unha RAG fracturada en dous bloques puxo fin con esta votación aos tres meses máis convulsos da centenaria historia da corporación”.
 
Os profesores Manuel González e Xesús Alonso Montero

        FARO DE VIGO, o xornal da cidade onde reside o novo presidente da Real Academia Galega, salientou tamén que “el intelectual vigués se ha hecho con el mando de la institución por 12 votos a 10”, mentres EL PROGRESO, de Lugo, lembrou que a elección produciuse “tras la tensa sesión plenaria celebrada este sábado. Alonso Montero se impuso al otro candidato, Manuel González, tras una segunda votación. Alonso Montero fue elegido por 12 votos a 10, después de que ambas candidaturas empatasen en la primera ronda”.

Dr. Agustín Sixto Seco, Fernando Amarelo de Castro, Matilde
Albert, Camilo Vila (último presidente do Centro Galego de La
Habana, residente en Puerto Rico) e Xesús Alonso Montero
 

        Por último, GALICIA HOXE, despois de dar conta da elección do novo presidente, explicou cómo se chegou a esta situación na centenaria institución:

Tras a dimisión de Xosé Luís Méndez Ferrín á fronte da institución abriuse o proceso para elixir ao novo responsable. Ao non chegar a un acordo para pactar unha lista única, por primeira vez na historia desta academia, fundada en 1906, presentáronse dous candidatos: por unha banda, o até agora tesoureiro da RAG, Manuel González, que representa o sector continuista coa liña marcada por Xosé Luís Méndez Ferrín; e polo outro, Alonso Montero, que encabeza o lado máis crítico coa anterior directiva”.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario