viernes, 2 de diciembre de 2011

CELEBRANDO O SEU 25º ANIVERSARIO

A Real perante a fortaleza de El Morro, San Juan, Puerto Rico


CONCERTO INTERNACIONAL DA
REAL BANDA DE GAITAS

Coa torre Eiffel ao fondo, en París, Francia.

OS GAITEIROS DE OURENSE PRESENTAN UN CD-DVD CON 27 TEMAS DE OUTROS TANTOS PAISES ONDE ACTUARON

Na Grande Muralla. China.

ENTRE ELES ESTÁ A MELODIA “EN MI VIEJO SAN JUAN”, EN LEMBRANZA DA VIAXE QUE FIXERON A PUERTO RICO

Desfilando pola Quinta Avenida. Nova York.

O DIA 15, ÁS 8.30 PM, OFRECERÁN UN CONCERTO DE PRESENTACIÓN DO CD NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Nas pirámides de Guiza. Exipto.

ASISTIRÁ O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE, JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR, DA QUE DEPENDE O GRAN CONXUNTO

En Australia

POR VEZ PRIMEIRA NA HISTORIA, AS GAITAS GALEGAS CHEGAN A TANTOS E TAN LONXANOS PAISES DO MUNDO

En Berlin, Alemania


A REAL BANDA

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense (Galicia-España) constitúe a máxima expresión artística dos quince mil alumnos que estudian os segredos da gaita na Escola Provincial de Gaitas. Ademais de ser unha canle para os alumnos da Escola de gaitas, a Real Banda pretende difundir e prestixiar a gaita como instrumento senlleiro nacional de Galicia, levando o espírito deste pobo a tódolos currunchos do Planeta; tal é o que se plantexa o seu fundador e director, Xosé Lois Foxo. O seu recoñecemento é tan universal coma a verba mesma, levando a súa música e a súa maxia ós máis dispares lugares do planeta.

Coa Súa Santidade O Papa Xoán Paulo II

Dende o punto de vista musical, a Real Banda é unha formación musical sen precedentes, conseguindo cotas sinfónicas e combinacións gaitísticas totalmente renovadoras no mundo das gaitas; todo elo derivado do emprego de tres variantes da gaita galega, a saber: Gaitas en Si bemol, gaitas de "barquín" (soplo mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por redoblantes de alta tensión, tambores tenores, bombos, panderetas e terrañolas. En desfile é precedida dunha sección de bastóns de mando. Nas súas actuacións en concerto soe actuar a súa sección de "Cantareiras".

Coa Súa Maxestade El Rei, Don Xoan Carlos I

A Real Banda vai ataviada cos clásicos traxes galegos de gala do século XVIII; lucindo, en ocasións especiais, o vello traxe tudense de orixe medieval. O seu repertorio está constituído polas melodías máis representativas da tradición musical de Galicia e países da área céltica, completándose o seu vasto bagaxe de obras con melodías de distintas culturas do mundo.

Xosé Lois Foxo, Xosé Luís Baltar, Bispo Monseñor Quinteiro


Podemos afirmar que a Real Banda é unha formación sinfónica de gaitas, única no mundo na súa composición e formas, empregando a disciplina como constante referente nas súas actuacións, o que inspira e transmite ó espectador a simpatía e atractivo dunha xuventude que, coa súa mensaxe, achega ós distintos pobos da Terra.



Xosé Lois Foxo e Xesús Herbón en Kasalta, San Juan, Puerto Rico


XOSÉ LOIS FOXO

O fundador e director da Real Banda de Gaitas estudouo Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Lugo, concluíndo os mesmos no ano 1975, recibindo a diplomatura oficial eclesiástica en Sagrada Teoloxía. No Seminario forma parte da Schola Cantorum como gaiteiro e clarinete solista. No ano 1975 trasládase a Barcelona, licenciándose en filoloxía angloxermánica, así como en traducción e interpretación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Posteriormente pasa a Ourense onde funda a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense (15 mil alumnos na actualidade) e a Real Banda. Ten no seu haber destacadas condecoracións e medallas tales como a medalla de ouro do Vaticano, medalla de prata de Galicia, a chave de ouro da cidade de Newark, NJ e un longo etc...

www.galegos.info

No monumento ó noso paisano C. Colón en San Juan, Puerto Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario