viernes, 25 de noviembre de 2011

ARTISTA E GRAN EMPRESARIO ARTÍSTICO


HOXE CUMPRE
SITO MARIÑO



O CREADOR DE “UN PASODOBLE GALEGO” E OUTROS ÉXITOS GALEGOS ACTUOU EN PUERTO RICO EN 2007


A PRESENTACIÓN TIVO LUGAR NO HOTEL CARIBE HILTON CO GALLO DO DIA DA HISPANIDADE


        Pois, efectivamente, hoxe celebra aniversario o popular Sito Mariño, o cantante que xa non sube ós escenarios de forma regular, como fixo nunha etapa da súa vida, porque debe atender á axencia artística que leva o seu nome, que converteu nunha das mais importantes de Galicia. No seguinte video pódese comprobar a ampla oferta de orquestras e grupos que ofrece a súa empresa:



        O artista de Arzúa actuou en Puerto Rico hai catro anos, co gallo do Dia da Hispanidade, e sorprendeu a todo o mundo cos seus merengues, cumbias e outros ritmos tropicais… en idioma galego. Foi o seu debut en América, continente ó que lle dedicou un dos seus discos, o titulado “Sito Mariño en América”, no que incluiu versión galegas de grandes éxitos, como “Para Vigo eu vou”, “Sucu sucu” ou “A andoriña”.

        Sito Mariño é unha das voces mais queridas do mundo da emigración galega e un artista comprometido co idioma e a cultura de Galicia. En Puerto Rico deixou un gran recordo e tardarase tempo en esquecer a súa actuación. Parabéns para el nesta data tan sinalada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario