lunes, 14 de noviembre de 2011

FALANDO DA NOSA FALA

Grupo galego de Cuba


O GALEGO NO CARIBE


        Non é a primeira vez que nos preguntan por qué non hai cursos de galego en Puerto Rico, cando se celebran en tantos lugares do mundo. A resposta é sinxela: se non os hai é, entre outras cousas, porque, ata agora, ningunha entidade asociativa ou grupo de cidadáns solicitou ningún. A Secretaria Xeral de Emigración oferta cursos tódolos anos.

        Sen embargo, sabemos de persoas ás que lles encantaría poder iniciarse de xeito académico no idioma que están afeitas a escoitar ós seus familiares maiores, e de outras ás que lles gostaria perfeccionar os coñecementos que xa teñen da nosa fala, aprendida e practicada na casa, como sucedeu na propia Galicia ó longo de tantos anos, antes de que o idioma galego estivese nos plans educativos do país.

Ensaiando bailes galegos en La Habana


        Avogamos porque, o ano que ven, poidamos anunciar o primeiro curso de galego en Puerto Rico. Sería unha maneira, non só de dar un paso adiante a prol do noso idioma propio na Illa do Encanto, senón de incorporar á nosa benquerida Borinquen a grande obra que desenvolveron no seu dia os galegos de Cuba.

        Neste vídeo que hoxe lles ofrecemos, o profesor Xesús Ferro Ruibal fálanos do importante que foi o galego en Cuba e da importancia de Cuba na cultura galega. Temos que tomar boa nota en Puerto Rico.


O GALEGO DE CUBA





No hay comentarios:

Publicar un comentario