martes, 17 de enero de 2012

ADEUS EN PERBES, CONCELLO DE MIÑO



DERRADEIRA VIAXE
DE MANUEL FRAGA


A REAL BANDA DE GAITAS TOCOU NA SÚA HONRA A MARCHA DO ANTIGO REINO DE GALICIA E O HIMNO GALEGO


O CADALEITO ENTROU NA PEQUENA IGREXA PARROQUIAL CUBERTO COA BANDEIRA AZUL E BRANCA DE GALICIA





(Crónica do xornal dixital GALICIA HOXE)
O expresidente da Xunta Manuel Fraga descansa xa no cemiterio de Perbes, en Miño (A Coruña), xunto á súa muller, Carmen Estévez, tras o adeus de numerosos veciños e autoridades, encabezadas polo xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.
Os restos mortais do expresidente galego recibiron sepultura tras unha cerimonia íntima, que se prolongou algo máis dunha hora e que concelebraron o arcebispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, o Pai Anxo, de Mensaxeiros da Paz, e outros 14 sacerdotes.


O cortexo fúnebre chegou sobre as 16.45 horas á igrexa parroquial de San Pedro e foi recibido entre aplausos, así como o Himno do Antigo Reino de Galicia interpretado pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Sobre o féretro, que portaron os seus netos, colocouse unha bandeira de Galicia.

Entre as autoridades que asistiron á cerimonia están o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; os ministros Ana Mato, Alberto Ruiz Gallardón e Ana Pastor; o expresidente do Goberno José María Aznar xunto coa súa esposa, Ana Botella; así como o presidente asturiano, Francisco Álvarez Cascos; o alcalde de Lugo, José López Orozco; ou o exregidor da Coruña e exembajador de España no Vaticano, Francisco Vázquez.

A REAL BANDA ACOMPAÑOU
SEMPRE Ó PRESIDENTE FRAGA
NAS SÚAS TOMAS DE POSESIÓN

1987


6.000 gaiteiros


EN 2008 A REAL CAUSOU
UNHA GRAN IMPRESIÓN
EN PUERTO RICO

Fronte a fortaleza do Morro, en San Juan


No Salón dos Espellos, da Casa de España, San Juan


Na Praza de Colón, San Juan de Puerto Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario