sábado, 21 de enero de 2012

ESTA MAÑÁ, NA CATEDRAL DE SANTIAGO


FUNERAL POR FRAGA


OS GAITEIROS VOLVERON A TOCAR NA PRAZA DO OBRADOIRO EN LEMBRANZA DO PRESIDENTE QUE SEMPRE TOMOU POSESIÓN Ó SON DAS GAITAS DO PAÍS


ASISTIRON OS PRESIDENTES RAJOY E FEIJÓO, MINISTROS, CONSELLEIROS E REPRESENTANTES DAS INSTITUCIÓNS


TAMÉN ESTIVERON NA CATEDRAL OS OUTROS TRES EXPRESIDENTES DA XUNTA DE GALICIA: XERARDO FERNÁNDEZ ALBOR, FERNANDO GONZÁLEZ LAXE E EMILIO PÉREZ TOURIÑO


MIRIAM FIGUEIRAS CANTOU A VERSIÓN COMPLETA DO HIMNO GALEGO NA PRAZA DO OBRADOIRO ACOMPAÑADA POLA REAL BANDA DE GAITAS


O LUNS HABERÁ OUTRO FUNERAL EN MADRID, OFICIADO POLO CARDEAL ROUCO VARELA, Ó QUE ASISTIRAN OS PRINCIPES DON FELIPE E DONA LETICIA



Os titulares das edicións dixitais dos xornais galegos dan a mellor medida do que aconteceu hoxe en Santiago de Compostela. A eles recurrimos, xa que logo, en percura dos datos e as valoracións sobre os actos relixioso e civil organizados en memoria de Manuel Fraga.

EL CORREO GALLEGO, o diario da capital, titula: “Miles de personas despiden a Fraga con una misa en el Obradoiro. Asistieron al funeral en la catedral la familia, el presidente del Gobierno, del ejecutivo autonómico y varios ministros, entre otras autoridades. Más de doscientos gaiteiros y un vídeo homenaje para dar el último adiós al político de Vilalba. Barrio (arcebispo de Santiago) lo reconoce como “una persona de bien” que “defendió los valores de la civilización occidental”.

        LA VOZ DE GALICIA titula así: “Funeral en Compostela. Las gaitas dan el último adiós a Fraga en el Obradoiro. Una amplia representación política, además de familiares y amigos del expresidente de la Xunta, han asistido al funeral que se celebró en Santiago en su honor”.  

        EL PROGRESO, de Lugo, ofrece estos titulares: “Galicia despide a Fraga al son de las gaitas. “Don Manuel morréuselle á súa familia, a Galicia e a España, por todos eles traballou e a todos amou”, aseguró Monseñor Barrio en una ceremonia sobria y solemne en la que la música tuvo un gran protagonismo. Homilia: Barrio califica a Fraga como “persona de bien” y destaca su firme conciencia. Los Príncipes presidirán el funeral por Fraga que oficiará Rouco Varela en Madrid”.



        O funeral polo eterno descanso de Manuel Fraga foi oficiado polo arcebispo de Compostela, Xulián Barrio, e contou coa asistencia de varios membros da familia Fraga, así como dunha ampla representación do Goberno español, da Xunta de Galicia, dos partidos políticos e das diversas institucións do Estado e a Comunidade Autónoma.

        Co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a súa dona, Elvira Fernández, asistiron ó funeral os ministros de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón; Fomento, Ana Pastor; Sanidade, Ana Mato; e Industria, José Manuel Soria. Tamén o fixeron líderes do Partido Popular noutras comunidades autónomas, como o presidente do Executivo valenciano, Alberto Fabra.


A representación galega, encabezada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contou con boa parte dos conselleiros que formaron parte de los Gobernos de Fraga nos seus catro mandatos, os actuais conselleiros, os presidentes das catro Deputacións e alcaldes de moitos concellos galegos. Tamén asistiron os tres expresidentes da Xunta:  Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. O Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE estivo representado polo seu secretario xeral, Pachi Vázquez.
A maioria dos asistentes tivo que seguir o funeral desde unha pantalla grande instalada na fachada catedralicia que da ó Obradoiro. Nesta praza é onde formaron uns douscentos gaiteiros, representativos das provincias galegas e da veciña León, organizados polo director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo. Os temas que interpretaron, en lembranza das tomas de posesión de Manuel Fraga, que sempre asumiu a presidencia ó son das gaitas do país, foron a Marcha do Antergo Reino de Galicia e o Himno Galego, na versión completa, que cantou a xove Miriam Figueiras e coreou o público asistente. Estaba previsto que, no Ofertorio, o gaiteiro Marco Foxo interpretara como solista a “Ave Maria”, de Schubert, mais, finalmente, non foi posible.
Antes da interpretación do Himno Galego, coa que remataron os actos, os asistentes puideron ver un breve video con imaxes da vida de Manuel Fraga, a quen se volverá a lembrar o luns que ven con outro funeral, esta vez en Madrid e presidido polos Príncipes de Asturias, Don Felipe e Dona Leticia. Terá lugar na catedral da Almudena e será oficiado polo cardeal arzobispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ten confirmada a súa presenza nesta homenaxe póstuma na capital.


No hay comentarios:

Publicar un comentario