O mestre Foxo departindo, hai tempo, co Presidente Fraga
AGRADECEMENTO
Ó MESTRE XOSÉ L. FOXO
A FAMILIA FRAGA AGRADECEU A PRESENZA DA REAL BANDA DE GAITAS EN PERBES, SABEDORA DA ADMIRACIÓN QUE O PRESIDENTE SENTIA POR ELA
Os gaiteiros tocan a Marcha do Antergo Reino de Galicia
O mestre Xosé Lois Foxo, fundador e director da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, volveu á cidade das Burgas coa emoción aínda na súa faciana, despois de vivir na parroquia de Perbes, Miño, os momentos de dar o derradeiro adeus a un Presidente ó que acompañaron sempre en tódalas súas tomas de posesión e en circunstancias moi significativas dos seus mandatos. Hai que lembrar que a Real Banda levou nese tempo a música de Galicia a moitos países do mundo e a escenarios onde nunca ninguén pudo imaxinar que ía escoitarse alí, e con tan alta categoría artística, o son das gaitas galegas.
Nunha declaración exclusiva para este blog, o mestre Foxo, Licenciado en Traducción pola Universidade de Barcelona, compositor, docente e investigador da tradición musical galega, describiu os momentos vividos á última hora de onte no cimeterio desta pequena parroquia coruñesa:
A verdade é que foi moi emotivo. A Real recibiu o féretro coa interpretación do Himno do Antergo Reino de Galicia causando grande emoción entre os asistentes. Á saida da Igrexa tocámolo novamente ata chegar a tumba, onde interpretamos o Himno Galego, que a xente coreou. Foi o derradeiro adeus a quen foi un gran admirador da Real. Debo destacar a emoción da familia de Don Manuel pola presencia da Real Banda, xa que nos mostraron a admiración que sentía o Presidente pola nosa formación.
Xosé Luís Baltar, Manuel Fraga e Xosé Lois Foxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario