lunes, 16 de enero de 2012

FESTIVO OFICIAL NOS ESTADOS UNIDOS



HOXE CELÉBRASE O DIA DE
MARTIN LUTHER KING, JR.


Despois do dia de Ano Novo, o de hoxe é o primeiro festivo oficial do ano nos Estados Unidos, ainda que oficial non quere dicir mais que as oficinas gubernamentais e as dependencias oficiais estarán pechadas toda a xornada. Para o resto, é un dia laborable mais.

O dia de hoxe é festivo nos Estados Unidos desde o ano 1986. Hónrase deste xeito ó Reverendo Martin Luther King, Jr. [](Atlanta, Georgia, 15 de xaneiro de 1929 – Memphis,  Tennessee, 4 de abril de 1968), pastor estadounidense da igrexa bautista que desenvolveu un traballo crucial nos Estados Unidos á fronte do Movemento polos Dereitos Civís para os afroamericanos. Tamén participou como activista en numerosas protestas contra a guerra de Vietnam e a probeza.



PREMIO NOBEL DA PAZ

O seu labor contra a discriminación racial por medios non violentos foi o principal motivo de que lle concederán o Premio Nobel da Paz en 1964. Catro anos despois de recibi­-lo galardón, o pastor era asasinado en Memphis, cando se preparaba para liderar unha manifestación.

Remataba así unha vida de loita a prol do dereito ó voto para a poboación negra, contra a discriminación racial e polos dereitos civís básicos para os afroamericanos, que foron recoñecidos en disposicións como a Lei dos Dereitos Civís e a Lei do Dereito ó Voto. É por iso que Martin Luther King, Fillo, é lembrado como un dos maiores líderes e herois da historia dos Estados Unidos e, dende logo, unha figura sobranceira do mundo da non violencia.

Trescentas mil persoas asistiron ó seu funeral, no que a grande Mahalia Jackson lle dedicou o seu himno favorito, o “Take, My Hand, Precious Lord”. O presidente Johnson decretou un dia de loito nacional. Era o primeiro por un afroamericano, cando ninguén podía soñar que, corenta e tantos anos despois, Barack Obama ía estar á fronte dos destinos da grande nación americana.

O Presidente Obama inaugurou un monumento a Martin Luther King


I HAVE A DREAM
EU TEÑO UN SOÑO

Eu teño un soño. É un soño fondamente arraigado no soño americano: que un dia esta nación xurdirá e vivirá verdadeiramente do seu credo. Nós mantemos estes dereitos patentes: que todo home é creado igual.

Eu teño un soño: que ese dia nas terras bermellas de Georgia, fillos de escravos anteriores e fillos de donos de escravos anteriores poderán sentarse xuntos á mesa da irmandade.

Eu teño un soño: que un dia, mesmo o estado de Mississippi, un estado ardente polo calor de xustiza, ardente polo calor da opresión, será transformado nun oasis de liberdade e xustiza.

Eu teño un soño: que os meus catro fillos pequenos algún dia vivirán nunha nación onde non serán xulgados polo color da pel, senón polo contido dos seus caracteres.

Hoxe, eu teño un soño: que un dia en Alabama… os pequenos negros, nenos e nenas, poderán unir as mans cos pequenos brancos, nenos e nenas, como irmáns e irmás.

(Anacos do discurso pronunciado en Washington D.C. por Martin Luther King, Jr. o 28 de Agosto de 1963, ó remate da Marcha sobre Washington polo Traballo e a Liberdade).

No hay comentarios:

Publicar un comentario