TOMOU POSESIÓN
O NOVO GOBERNO
Os conselleiros que, co Presidente e o
Vicepresidente, conforman o goberno de Galicia tomaron posesión dos seus cargos
esta mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, na presenza de autoridades e familiares. Deste xeito, quedou constituída a Xunta de
Galicia, que é o órgano colexiado de goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tal como se tiña anunciado, o acto,
celebrado no gran salon de actos do Pazo de Raxoi, foi sobrio, acorde coa
austeridade que demandan os tempos que corren, e durou uns vinte minutos. Nas
palabras que lle dirixiu ós seus conselleiros, o Presidente foi moi
claro:
«Pídovos que sempre elixades o
camiño que sitúa a Galicia o primeiro».
E volveu a
advertirlles sobre o compromiso con Galicia que acababan de asumir:
«Un tempo extraordinario como o que vivimos
-díxolles- require dunha dedicación extraordinaria
por parte da clase política para que Galicia sexa o último pensamento do día e
o primeiro do día seguinte».
Tamén fixo unha referencia o Presidente
Feijóo á designación do conselleiro Alfonso Rueda
como Vicepresidente da Xunta de Galicia:
«Ten sido designado -indicou- porque é a persoa axeitada para axudarme na coordinación
interna do Goberno e desde o Parlamento, como responsable das relacións do
Executivo coa Cámara».
Vicepresidente, Alfonso Rueda
MAIS FOTOS DO ACTO EN EL CORREO GALLEGO
Primeira xuntanza, esta mañá, do goberno galego
A
XUNTA DE GALICIA
ESTATUTO DE AUTONOMÍA
Artigo 16
1.
A Xunta é o órgano
colexiado de Goberno de Galicia.
2.
A Xunta de Galicia
está composta polo Presidente, Vicepresidente ou Vicepresidentes, se é o caso,
e mailos Conselleiros.
3.
Os Vicepresidentes
e Conselleiros serán nomeados e cesados polo Presidente.
4.
Unha Lei de
Galicia regulará a organización da Xunta e as atribucións e o Estatuto persoal
dos seus compoñentes.
Artigo 17
1.
A Xunta de Galicia
responde politicamente perante o Parlamento de forma solidaria, sen prexuízo da
responsabilidade directa de cada un dos seus compoñentes, pola súa xestión.
2.
A Xunta cesa trala
celebración de eleccións ó Parlamento Galego, nos casos de perda de confianza
parlamentaria, dimisión e falecemento do seu Presidente.
3.
A Xunta cesante
continuará en funcións ata a toma de posesión da nova Xunta.
SOMOS GALEGOS
ESTATUTO DE AUTONOMÍA
Artigo 3
1.
Para efectos do
presente Estatuto, gozan da condición política de galegos os cidadáns españois
que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en
calquera dos municipios de Galicia.
2.
Como galegos,
gozan de dereitos políticos definidos neste Estatuto os cidadáns españois
residentes no estranxeiro que tivesen a súa última veciñanza administrativa en
Galicia, e acrediten esta condición no correspondente Consulado de España.
Gozarán tamén destes dereitos os seus descendentes inscritos como españois, se
así o solicitan na forma que determine a lei do Estado.
MÁIS SOBRE O ESTATUTO E OS SÍMBOLOS DE GALICIA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario