GALICIA CELEBRA HOXE
O DIA DA SÚA CULTURA
ARXENTINA, URUGUAY, VENEZUELA, CHILE, BRASIL, PERÚ E OUTROS
PAISES DE AMÉRICA, XUNTO COAS SOCIEDADES GALEGAS DE ESPAÑA E O RESTO DE EUROPA,
CELEBRAN A XORNADA CON DIVERSOS ACTOS CULTURAIS
A SECRETARIA XERAL DE EMIGRACIÓN SALIENTA QUE “A GALICIA DO EXTERIOR
FESTEXA O DIA DAS LETRAS GALEGAS 2014” E OFRECE UN MAPA XERAL DA CELEBRACIÓN,
NO QUE PUERTO RICO VOLVE A BRILLAR POLA SÚA AUSENCIA
Antiga publicación do Centro Galego de Puerto Rico (1981)
O CENTRO GALEGO DE PUERTO RICO FAI HOXE 40 ANOS. FOI FUNDADO COMO
“CORPORACIÓN SIN FINES DE LUCRO ORGANIZADA BAJO LAS LEYES DE PUERTO RICO, EL
DIA 17 DE MAYO DE 1974 A LAS 2:50 PM, REGISTRO NÚMERO 7327”.
“Cada 17
de maio celebramos o Día das Letras Galegas. O 20 de marzo de 1963 os
académicos da Real Academia Galega Francisco Fernández del Riego, Manuel
Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das
Letras Galegas o 17 de maio, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de
Castro. Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía a
primeira homenaxeada á que continuarían, dende esa data e sen interrupción,
outras moitas figuras senlleiras da nosa cultura.
Dende 1991 o Día das Letras Galegas
é festividade oficial en Galicia e constitúe, ademais, a meirande
conmemoración da nosa cultura. Arredor dela, desenvólvense numerosos actos
organizados non só dende a Academia, senón tamén dende a Xunta de Galicia, os
concellos, os centros de ensino e diversas entidades ou agrupacións civís
ás que a Galicia da diáspora non só se suma senón que xoga o papel
protagonista que xa asumira cando en 1905 se constitúe -tamén na Galicia do
exterior- a “Sociedade Protectora da Academia Gallega”, xermolo da actual Real
Academia Galega. Así cada ano as entidades galegas de ducias de países
espallados por todo o mundo celebran actos de homenaxe á nosa literatura,
á nosa lingua, á nosa cultura.
A presente edición das Letras
dedícase a Xosé María Díaz Castro, poeta guitiricense do que tamén
celebramos o centenario do seu nacemento. Neste espazo ides atopar información
sobre o persoeiro homenaxeado a través das ligazóns á páxina oficial; recursos
(xogos, pasatempos, guías etc.) que pon a nosa disposición a SXPL; noticias;
vídeos; e a relación de eventos cos que as comunidades galegas do exterior
conmemoran esta gran festa da cultura galega”.
O Centro chegou a ter grupo folclórico propio
O texto anterior está publicado na
páxina oficial de Internet da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de
Galicia, onde podemos atopar tamén unha completa axenda sobre os actos que se celebran
estes dias en todo o mundo, co gallo do Dia das Letras Galegas, principalmente
hoxe, sábado. Na relación non aparece ningunha entidade galega de Puerto Rico
nin dos Estados Unidos continentais.
Nestoutra páxina aparecen con
detalle os diferentes actos celebrados polas Letras Galegas na Galicia do
exterior:
RAÍÑA DA CASA GALICIA
Na
páxina de Facebook da Casa Galicia Unity
Gallega, de Nova York, que preside na actualidade Marcos Roel, atopamos esta nota sobre a elección de Stephanie Alvela Rodríguez como raíña
da institución:
“Queremos
felicitar a la Señorita Stephanie Alvela
que fue elegida el sábado pasado como Reina
de Casa Galicia 2014-2015 y también felicitamos a la nueva Princesa de Casa
Galicia, la Señorita Rebeca Huerta.
Estamos seguros que estas jóvenes representaran la sociedad con mucho orgullo
¡Enhorabuena Stephanie y Rebeca!”
¡Parabéns
tamén dende Puerto Rico, of course!
No hay comentarios:
Publicar un comentario