viernes, 7 de octubre de 2011

AS FESTAS DURARÁN ATA O DIA DO PILAR


LUGO VIVE A SÚA
FESTA MAIOR


·       O POLBO Á FEIRA, AS VERBENAS E AS PROBAS DEPORTIVAS SON OS ATRACTIVOS TRADICIONAIS DAS FESTAS MAIORES DA CIDADE DA MURALLA

O polbo á feira é o prato estrela do San Froilán lucense

·       VARIOS LUCENSES DE PUERTO RICO VIAXARON A GALICIA PARA VIVIR ESTES DIAS NA TERRA NAI TAN ENXEBRES FESTEXOS

O folclore galego, presente tódolos dias no San Froilán


·       DO AMPLO PROGRAMA DE ACTOS SOBRESAEN OS CONCERTOS DE LUZ CASAL E O GRUPO DE GAITAS E ORFEÓN TREIXADURA

Gaiteiros e Orfeón Treixadura

Como cada ano por estas datas, a cidade de Lugo vive nas rúas e prazas as súas festas maiores de San Froilán, declaradas de interese turístico nacional. Tal como manda a tradición, do catro ó doce de outubro, a cidade da muralla é unha festa, que atrae a visitantes de moitos lugares, sobre todo o dia propio do patrón, que foi antonte, e tamén o chamado Domingo das Mozas, que se celebra pasado mañá.

        A festividade relixiosa en honor do santo que foi bispo de Astorga remóntase á Idade Media. No século dezaoito empezou a celebrarse tamén unha feira, co que a cidade, polo San Froilán, empezou a vivir un ambiente de festa e esparcimento que chegou ata os nosos días. A festa tal como a coñecemos hoxe é do século dezanove.


        De sempre, os actos relixiosos, os concertos, as verbenas, as competicións deportivas –como o famoso Rallye de San Froilán- e as atraccións presentes en toda festa popular galega son os grandes atractivos do San Froilán lucense, ainda que o que é de obrigado cumprimento –e, ademáis, moi a gusto- é probá-lo polbo á feira.

        O programa das festas inclúe un gran número de actuacións de distintos artistas, sobre todo do país, ainda que sen grande capacidade de atracción. Para ver ás figuras mais populares, como Luz Casal e Vetusta Morla, que actuaron en Santiago hai pouco, cómpre pagar entrada.  

O escritor Paco Martin foi o pregoeiro do San Froilán 2011


PREGÓN E ACTUACIÓNS

As festas deron comenzó o martes coa lectura do pregón, que este ano pronunciou o escritor Paco Martin. Ese mesmo día houbo verbena coa orquestra santiaguesa Capitol e actuaron os grupos Holywater e Di Elas, este último co recoñecido actor Luis Tosar como vocalista.

O actor Luis Tosar co seu grupo, denominado Di Elas

O mércores actuaron Luz Casal, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o acordeonista vasco Kepa Junkera. A verbena correu a cargo da orquestra coruñesa Os Trovadores. Polo que atinxe ó programa de hoxe, Vetusta Morla presentaráse no Pavillón dos Deportes, Berrogüeto estará na Praza de Santa Maria e, na Praza Maior, amenizarán a verbena as orquestras Los Player’s e D’Moda. E mañá, a lembrar tempos con Los Diablos e mover o esquelete na praza coas orquestras Poceiro, na que canta o gran Miguel Torres, con dirección musical de Juan Carlos Vigna, e Ipanema.

Pasado mañá celebraráse o Domingo das Mozas, no que actuará o grupo Treixadura, de excelente factura. Boas voces, excelentes músicos e un repertorio moi atractivo. Nesta xornada celebraráse o Dia do Traxe Tradicional Galego e amenizará a verbena a Orquestra Trébol.

         Xa o martes, o protagonismo será para a eurovisiva Lucía Pérez, quedando o mércores para Uxía Senlle, que cantará na Praza de Santa Maria.

Uxía cantará o Dia do Pilar na Praza de Santa Maria

No hay comentarios:

Publicar un comentario