miércoles, 13 de julio de 2011

ECOS DO 25 DE XULLO NO CARIBE

O CENTRO GALEGO DE PUERTO RICO
VAI CELEBRAR O DIA DE GALICIA 
E A FESTA DO APÓSTOLO SANTIAGO

- Os actos celebraránse o domingo na sé de Ocean Park

- Ás 12.30 o Pai Fondevila oficiará a Santa Misa

- Haberá tamén un xantar enxebre de irmandade

O vicepresidente, Victor Nieto, e a socia Maria do Pilar Barba

O Centro Galego de Puerto Rico confirmou que este ano celebrará nas súas dependencias da rúa Buenos Aires, 2076, en Ocean Park, o Dia de Galicia e a Festa do Apóstolo Santiago. Ós actos están convidados tódolos socios desta institución, que xa recibiron a noticia por correo.

O seu vicepresidente, Victor Nieto Sartori, confirmou que o sacerdote galego Perfecto Fondevila, que leva unha parroquia na área da capital puertorriqueña, oficiará a Santa Misa o vindeiro domingo, dia 24, nas propias instalacións da entidade, en honor do Santo Patrón de España.

Ó inicio dos actos haberá unha intervención que explicará o significado político e relixioso da xornada, xa que coinciden na mesma data do 25 de Xullo o Dia de Galicia e a Festividade do Apóstolo Santiago. Ademáis, a través das pantallas instaladas en toda a planta, ofreceránse imaxes e documentais sobre o Apóstolo, a cidade de Santiago de Compostela e as catro provincias galegas.

Non faltará o son das gaitas en data tan sinalada, nin un xantar de irmandade, que será preparado polo restaurante El Siglo XX, propiedade do empresario eumés afincado en Puerto Rico, Tony Rocha. No menú hai variedade: dende o caldo galego, tan apreciado na illa na súa versión caribeña, ás empanadas variadas, ademáis doutros productos enxebres, como o albariño.

Gran mural situado na entrada do edificio do Centro Galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario