miércoles, 20 de julio de 2011

FESTA NA CAPITAL DE GALICIA

APÓSTOLO 2011


Co concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Música na Rúa do Vilar e o pregón desde o balcón da alcaldia, no Pazo de Raxoi, mañá, xoves, dia 21, darán comenzo as Festas do Apóstolo, que rematarán o vindeiro 31 deste mes.

Como son moitos os galegos residentes en Puerto Rico que estos dias andan pola Terra, disfrutando das súas vacacións, incluímos algunhas das notas mais sobranceiras do Programa de Festas disposto polo concello compostelán, xa que desde calquera punto de Galicia é doado chegar en pouco tempo á capital para disfrutar de espectáculos como a Noite dos Fogos, os varios concertos musicais que se ofrecerán, as actuacións de artistas como Luz Casal e Rafael Amargo, as sesións de teatro, os espectáculos deportivos e, por descontado, a propia Ofrenda Nacional ó Apóstolo Santiago, que terá lugar o 25 pola mañá, na catedral, despois da recepción e a rendición de honores militares que terá lugar na Praza do Obradoiro. Este ano, no nome da Súa Maxestade El Rei, fará a ofrenda a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera.

Para os residentes no exterior tamén son especialmente atractivos os actos de dias como o do Ensalzamento do Traxe Galego, as Xornadas de Folclore Galego, o Concurso de Traxes de Época, os concertos das bandas e grupos de gaiteiros e a Concentración de Vehículos Antigos.


O PREGOEIRO

Alfonso González Puentes, limpiabotas no aeroporto de Lavacolla desde 1963, vai ser mañá o encargado de ler o pregón das Festas do Apóstolo. Foi unha idea do alcalde, Xerardo Conde Roa, que deste xeito quere facer un recoñecemento público a un home humilde e popular, gran amante da literatura, que chega a protagonizar nada menos que oito páxinas da novela “Madera de boj”, do seu amigo e cliente Camilo Xosé Cela, Premio Nobel de Literatura, con quen ten compartido tanto.
 A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, sinalou que a súa elección hai que inscribila no marco do obxectivo de "abrirse á cidadanía", pois queren unhas festas mais participativas. Desde logo, a elección deste picheleiro de pro, como o calificou a xove concelleira, é moito mais axeitada que a de varios dos que o precederon no cometido. Sobre algúns, sendo indulxentes,  mesmo é mellor correr un tupido velo.
O pregoeiro, entre os concelleiros Maria Castelao e Adrián Varela

ELCORREO GALLEGO, Diario da Capital de Galicia, saúda hoxe o acerto do alcalde Conde Roa e editorializa o seguinte sobre a elección do pregoeiro das festas compostelás:
Pocas veces, muy pocas, el pregonero de las fiestas es un personaje a la vez anónimo y entrañable. Es el caso de Alfonso González Puentes, ese hombre, limpiabotas de profesión y entregado al ansia de saber y hecho a si mismo. Gran aficionado a la lectura, fue protagonista en la narrativa del mismísimo Cela y sorprendió a todos cuando dijo que entre sus lecturas estaban autores como Goethe o Platón. Enhorabuena desde estas líneas a quien ha entendido que hombres como este pueden desempeñar un gran papel en el balcón de Raxoi en una de las grandes veladas de nuestras fiestas que, a buen seguro, también será un día para recordar. Que lo disfrute.
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela foron os que presentaron o programa definitivo das Festas do Apóstolo, que, malia a austeridade marcada polo novo alcalde popular –dixeron-, pretenden gañar en calidade pero tamén en participación. A seguir, ofrecemos, non  o programa completo, que se pode ver na web do Concello de Santiago, senón algúns dos seus puntos mais sobranceiros.


O PROGRAMA
Xoves, 21

19.30            Concerto da Banda Municipal de Música
                        Rúa do Vilar
22.30            Pregón de Alfonso González Puentes
                        Desde os balcóns do Pazo de Raxoi
23.00            Concerto do grupo La Unión
                        A Quintana


Venres, 22

20.00            Concurso de traxes de época
22.00            Concerto de Luz Casal
                        A Quintana


Sábado, 23

11.30            Exposición de coches antigos
                        Praza do Obradoiro
13.00            Teatro de rúa con Os Quinquilláns
                        Saida desde O Toural
22.30            Verbena coa Orquestra Nova Palma
                        Paseo central da Alameda


Domingo, 24

12.00            Concerto da Banda Municipal de Música
                        Rúa do Vilar
12.00            Xigantes e Cabezudos na Quintana
                        Sesión de pirotecnia
22.30            Concerto de Cornelius 1960
                        A Quintana
23.30            Espectáculo extraordinario de luz e son
                        Praza do Obradoiro
24.00            Concerto de La Maquina del Tiempo e Taxi
                        A Quintana
24.00            Verbena coa Orquestra Cinema
                        Paseo central da Alameda


Luns, 25, Dia de Galicia

10.00            Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago.
                        Praza do Obradoiro
                        OFRENDA NACIONAL Ó APÓSTOLO SANTIAGO
                        MISA SOLEMNE
                        BOTAFUMEIRO
                        Catedral


12.30            Pasarrúas e Cabezudos
22.30            Concerto de Berrogüetto
                        A Quintana
23.30            Espectáculo de luz e son
                        Praza do Obradoiro


Martes, 26

11.30            XXXIII DIA DO TRAXE GALEGO
                        Concentración na Alameda e desfile polas rúas
13.00            MISA SOLEMNE E OFRENDA ANUAL Ó APÓSTOLO
16.00            Dia do Traxe: Concentración en San Domingos de Bonaval, desfile e concurso na Quintana


Venres, 29

22.30            Actuación do bailaor Rafael Amargo
                        A Quintana

                        Nota: lembramos que son algunhas notas sobre o Programa de Festas, non todo o Programa. Hai mais de todo, se consultan na web do Concello de Santiago: verbenas, actuacións... ¡Felices Festas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario