lunes, 15 de agosto de 2011

15 DE AGOSTO, FESTA GRANDE

EN GALICIA, HOXE É O DIA
DE MAIS FESTAS DO ANO

En Puerto Rico, pese á súa fonda
tradición hispana, é dia de traballo



Nesta data celebramos a festividade
da Asunción da Virxe Maria ó ceo

A Asunción da Virxe Maria, de Murillo

Non tódalas parroquias, porque seria imposible, mais sí tódalas comarcas de Galicia, celebran hoxe festas na honra da Nosa Señora. É o dia popularmente coñecido como o da Virxe de Agosto, que é xornada festiva en toda España.

Tantas festas se celebran hoxe en Galicia e nas Comunidades limítrofes que se ten dito que, se unha orquestra non ten traballo hoxe, quince de agosto, o mellor será que os seus músicos, cantantes e operarios vaian pensando en dedicarse a outra cousa. Porque, co gallo da festividade da Asunción da Virxe María, esta xornada é a mais festiva de todo o ano. Non hai data no calendario que rexistre mais festas que as deste dia de exaltación mariana.

Los Satélites actuan hoxe na parroquia de Reboreda, Redondela


Por esta circunstancia, o normal é que hoxe teñan traballo as mais de trescentas orquestras que hai en Galicia e tamén que se paguen os “cachets” mais altos do ano. É a lei da oferta e a demanda. Difícil resulta atopar hoxe unha orquestra que baixe dos seis mil euros, ou sexa, preto de oito mil setecentos dólares. E hainas, as máis cotizadas, que pasarán do triple. Entre as mais populares, a Orquestra Compostela actuará hoxe en Cée, Los Satélites en Reboreda-Redondela, a Trébol en Mondariz, Gran Parada en Vegadeo-Asturias, Charleston Big Band en Betanzos, Foliada en Torre del Bierzo-Ponferrada, Olympus en Ordes, Panorama e Sintonia de Vigo en Caldas de Reis, a Paris de Noia en Lubre-Ares, Philadelphia en Valdesoto-Siero-Asturias, e Xente Nova en Gonzar, concello de O Pino.

Hoxe non hai unha charanga libre e menos a NBA (Non Bebemos Auga)

 
Mención especial merecen as Festas de Agosto de A Coruña, que hoxe presentan duas actuacións de primeira orde. Ás 12.00, na Praza de Maria Pita, actuará a rondalla local Amizades, que ten no mercado un disco moi interesante e recomendable. E pola noite, ás dez e media, no mesmo lugar, actuará nada menos que Luz Casal.

Luz Casal cantará esta noite na Praza de Maria Pita, A Coruña


FESTA DA ASUNCIÓN

Polo demais, a do 15 de Agosto é unha das festas mais antigas do mundo, pois ven coincidir en case tódalas latitudes con factores astronómicos, naturais e históricos. Desde o punto de vista astronómico a "estrela da madrugada" Sirius é por vez primeira visible no abrente e, desde o punto de vista da natureza, agora é cando comenza o período de descanso da maior parte das plantas. En Europa, históricamente, neste dia rematan simbólicamente os esforzos da colleita e hai que empezar a pensar nun novo ano, que se agardará fértil e propicio. Os italianos chámanlle á de hoxe a festa do Ferragosto, en referencia á forza do sol.

Para a Igrexa, a do 15 de agosto é a festa da Asunción da Virxe Maria. O Papa Pio XII definiu como dogma de fé, o primeiro de novembro de 1950, a Asunción da Nosa Señora ó ceo en corpo e alma. É por iso que a Festa da Asunción é a Festa de Maria e está considerada como a festa mais solemne que a Igrexa celebra no seu honor. Porque é a celebración da súa grandeza como Nai de Deus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario