sábado, 27 de agosto de 2011

SAN JUAN DE PR - SANTIAGO DE CUBA

Aeroporto Luis Muñoz Marín, de San Juan de Puerto Rico

PRIMEIRO VOO ENTRE
SAN JUAN E SANTIAGO
CINCOENTA ANOS DESPOIS

Avión da Compañía Américan Eagle, filial de Américan Airlines

Onte, venres, ó mediodía, un avión da compañía Américan Eagle, filial de Américan Airlines, enlazaba San Juan de Puerto Rico con Santiago de Cuba, recuperando deste xeito unha liña comercial directa cancelada hai case medio século. Este primeiro voo foi fletado pola empresa Cuba Travel Services (CTS), segundo confirmou o servizo de información do aeroporto Antonio Maceo, da capital oriental cubana.

Unha representante de CTS sinalou que a pasaxe deste primeiro servizo aéreo estivo integrada por persoas de orixe cubana que viaxaron coa intención de visitar ás súas familias. Tamén había relixiosos e universitarios. O voo de volta está programado para o vindeiro luns.

O maxestuoso Centro Galego de La Habana

Hai que lembrar que a gran maioria da colectividade galega de Puerto Rico procede, precisamente, de Cuba, onde, no seu dia, houbo moita vida galega, que deu orixe a institucións sociais que foron tan importantes como o Centro Galego de La Habana, dono dun maravilloso pazo -con teatro incluído, o antigo Teatro Tacón-, que segue incautado pola dictadura cubana. En Santiago de Cuba e noutras localidades tamén houbo Centros Galegos moi activos.

O Centro Galego de Santiago de Cuba

No hay comentarios:

Publicar un comentario