martes, 16 de agosto de 2011

O PREZO DA GASOLINA, AQUÍ E ALÁ

A CRISE AFÉCTANOS A TODOS
PERO A ALGÚNS MOITO MAIS


O litro de gasolina regular, que en Puerto Rico anda entre os 85 e os 91 centavos de dólar, na capital de España custa… ¡mais do dobre! (entre 1.868,81 e 1.904,42 $)


Debido, sobre todo, ós impostos, que en España son moi superiores, a gasolina sempre estivo mais cara en España que en Puerto Rico e os Estados Unidos en xeral. Imos ver cómo está a cuestión en plena crise, tendo en conta o moito que influe o prezo dos carburantes no orzamento familiar.

O periodico “El Nuevo Dia” acaba de abordá-lo tema do prezo da gasolina, que anda a fluctuar desde que a gran crise empezou a afectar tódolos recunchos da actividade económica. A súa reporteira Yaritza Santiago referiuse á fluctuación dos prezos e escribiu que, “desde que bajó un poco el precio de la gasolina, Katherina Villalonga –xa ven cantos apelidos galegos hai por aquí- siente alivio en su bolsillo. Ayer, esta contable de Bayamón compró gasolina regular a 89 centavos el litro en una estación de marca ubicada en la Avenida Roosevelt, cuando hace unos dias la compró a 94 centavos”.

            E cando, non hai moito, estaba a cincuenta e pico centavos de dólar, habería que engadir.

 Na reportaxe, a persoa entrevistada cuestiónase a disparidade de prezos que ofrecen moitas das gasolineiras, pois hainas que están a vender a gasolina regular dous ou  tres centavos por enriba do que ela pagou, ou mesmo ata catro centavos de dólar por debaixo.

            A propia xornalista recoñece que “durante un recorrido, este diario constató estaciones independientes y de marca vendiendo gasolina regular a 87 y 91 centavos el litro, y otras, principalmente independientes, a 85 centavos”.

Así as cousas, as gasolineiras de Puerto Rico están a vender gasolina agora mesmo a un prezo por litro que vai de 85 a 91 centavos de dólar, o que equivalen a 59.6742 e 63.8865 céntimos de euro, respectivamente.

Pola súa parte, en Madrid, as gasolineiras de Repsol venden o litro de gasolina entre 1.312 e 1.337 euros, que equivalen a 1.868,81 e 1.904, 42 dólares.

En resume, a gasolina está moito mais cara en España que en Puerto Rico e os EE.UU. Custa mais do dobre que na súa antiga colonia e primeira Comunidade Autónoma. Unha diferencia de moito rosmillo, que dirian os devanceiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario