jueves, 4 de agosto de 2011

OBAMA CUMPRE 50 ANOS

HAPPY BIRTHAY,
MR. PRESIDENT

O primeiro mandatario norteamericano, Barack Obama, está hoxe de aniversario. Cincuenta anos cumpre o presidente número 44 da historia dos Estados Unidos de América. Como sinalan varios comentaristas, faino en plena crise económica, moi serios problemas coa débeda do pais, a Cámara de Representantes e o Senado feitos un fervedoiro, recortes obrigados nos orzamentos e, porén, con algo menos de popularidade da boa, da moita coa que, como é ben sabido, chegou ó poder.

Barack Hussein Obama naceu en Honolulu, Hawai, Estados Unidos, o 4 de agosto de 1961. Graduouse na Universidade de Columbia e na prestixiosa escola de Dereito da Harvard Law School. Foi senador por Illinois desde 2005, o primeiro candidato afroamericano do Partido Demócrata e o primeiro en exercer a mais alta maxistratura da nación americana. O pobo deulle a súa confianza nas eleccións xerais do 4 de novembro de 2008, tomando posesión do seu cargo o 20 de xaneiro de 2009.

Á súa chegada a Puerto Rico, o pasado 14 de xuño, na Base Muñiz

A mediados do pasado mes de xuño, o dia 14, o Presidente Obama visitou Puerto Rico, onde deu a sorpresa saltándose o programa oficial, ó entrar nunha panadería galega de San Juan, Kasalta, para tomar un sándwich chamado Medianoite. O xerente xeral do establecemento, Xesús Herbón Paradela, lucense de Pacios, Baralla, encargouse de atendelo persoalmente con grande satisfacción. O feito deu a volta ó mundo e apareceu tamén na primeira edición deste blog. Con aquela nova, precisamente, botou a andar este proxecto.

Felicidades, Señor Presidente.

          E que cumpra moitos mais.


Co gobernador de Puerto Rico, Hon. Luis Fortuño, e a súa familia

No hay comentarios:

Publicar un comentario