viernes, 26 de agosto de 2011

DO ARQUIVO DA REVISTA “CARTA DE ESPAÑA”


MEMORIA GRÁFICA
DOS GALEGOS
EN PUERTO RICO

O Corpo de Baile do Centro Galego de Puerto Rico

        O proxecto denominado “Memoria Gráfica de la Emigración Española a través de la revista Carta de España” permítenos hoxe recuperar algunhas imaxes do que foi a vida galega na capital de Puerto Rico nos anos setenta e seguintes.

        Daquela, o Centro Galego de Puerto Rico, fundado en 1974 como sociedade de axuda e beneficencia, ocupaba unha grande extension de terreo en Cupey Alto, Rio Piedras, e estaba no quilómetro 869 da estrada 176. A sociedade, polo que se ve nestas imaxes e polo que contan as testemuñas daqueles tempos, organizaba moitas actividades e contaba con Grupo de Gaitas e Corpo de Baile. Nada que ver, como é sabido, coa realidade actual.

        “Carta de España” é unha publicación editada pola Secretaria de Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Traballo, que iniciou a súa andaina no mes de Xaneiro de 1960 coa intención de intercomunicar e server ós españois espallados polo mundo.

         A revista segue a editarse na actualidade.

        As fotografias que acompañamos son todas as que hai sobre o Centro Galego na citada Memoria Gráfica. Sirvan coma homenaxe ós galegos puertorriqueños que xa non están entre nós, e que animaron o ambente de galeguidade do seu tempo. E como proba tamén, por qué non, do moito que se pode facer por Galicia en Puerto Rico. Porque algúns xa o fixeron. Velaí a proba gráfica.

Xantar nas dependencias do Centro coa nosa bandeira no palco

Os lectores da época seguro que recoñecerán ós nosos paisanos


Ó fondo, no escenario, podemos ver a lenda "Galiza Nosa"


O Centro Galego de Puerto Rico contaba con campo de fútbol


A afluencia ás actividades do Centro era grande, como vemos


O baile sempre gustou moito en Puerto Rico, onde se baila moi ben


As mozas bailarinas daquel tempo xa serán hoxe avoas


Á entrada, flores para as damas. Como debe ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario