jueves, 25 de agosto de 2011

TRA-LO PASO DE “IRENE” POLA ILLA


TODO VOLVE Á
NORMALIDADE

 
A impresionante fortaleza de El Morro, onte, baixo a chúvia


         “Irene” non causou mortes en Puerto Rico, como aconteceu na viciña illa da Española, é dicir, na República Dominicana e Haití, pero sí fixo das súas e deixou graves danos en varios lugares. Os medios de comunicación seguen a dar conta das desfeitas e o goberno a tomar nota para pedi-las axudas correspondentes ó goberno federal dos Estados Unidos.

Como xa se adiantara –porque a verdade é que o Servizo de Meteoroloxía norteamericano, o National Weather Service,  funciona moi ben- “Irene” non tocou Puerto Rico coa categoria de furacán, mais sí causou estragos ó seu paso pola illa, ainda que os seus efectos non se notasen moito na area da capital puertorriqueña, agás polo que atinxe ó corte da enerxía eléctrica, que sempre é un problema e máis cando, como sucede nesta terra, todo depende da electricidade, mesmo a cociña e, por descontado, o imprescindible aire acondicionado. Catro dias despois do paso da tormenta, somos ainda moitos, dígase o que se diga, que seguimos a dúas velas, ou, mellor dito, a algunhas mais porque dúas alumean moi pouco.

A prensa de hoxe, xoves, segue a salientar nas primeiras planas os danos causados en Puerto Rico por “Irene”. A portada do principal diario puertorriqueño, EL NUEVO DIA, é ben ilustrativa:

Pola súa banda, EL VOCERO da conta das visitas que está a efectuar o gobernador de Puerto Rico, Luis Fortuño, polas zonas mais afectadas para facer unha avaliación dos danos. Hoxe estivo na zona central, en Jayuya e Orocovis, onde “Irene” causou moitos problemas nas estradas, todas afectadas pola chúvia, que foi tamén a causa dos desprendementos de terras en varias urbanizacións.

O gobernador Luis Fortuño con afectados de Loiza Valley

         Unha ollada á información gráfica dos tres xornais puertorriqueños danos a medida dos efectos de “Irene” na terra de Borinquen e tamén algunhas notas curiosas.

Houbo inundacións a eito (EL NUEVO DIA)


Está claro que tardou en escampar (EL NUEVO DIA)


Tamén houbo derrubamentos de terras (PRIMERA HORA)


Imposible circular por algunhas estradas (PRIMERA HORA)


A este conductor chegoulle a auga ó peito (EL VOCERO)


Os electricistas tiveron e teñen traballo abondo (EL VOCERO)


As vaquiñas... ó seu, impasibles (PRIMERA HORA)


A pala, qué remedio, tivo que facer de remo. (PRIMERA HORA)


¿Quen dixo que os cans non eran intelixentes? (EL NUEVO DIA)


Moitas grazas
a cantos se preocuparon por nós
e enviaron mensaxes
ou nos tiveron presentes

Deus vo-lo pague

No hay comentarios:

Publicar un comentario