miércoles, 24 de agosto de 2011

ESTÁ NA ALAMEDA DE SANTIAGO

A lembranza de Puerto Rico no
Monumento a Rosalía de Castro


A obra foi promovida no ano 1917
por galegos residentes en América


Coñecedor da existencia deste blog e de cómo valoramos nel todo o que sexa motivo de unión e entendemento entre Galicia, Puerto Rico e os Estados Unidos, o doutor Francisco Gude Sampedro, do Hospital Clínico Universitario de Galicia, ven de te-lo detalle, que moito agradecemos, de fotografar a placa que o Centro Galego de Puerto Rico instalou no seu dia no monumento levantado no Parque da Alameda, de Santiago de Compostela, á insigne poetisa nacional de Galicia, Rosalia de Castro.


CO PRESIDENTE QUIÑOY

Aquela fora unha brillante iniciativa do entón presidente do Centro Galego de Puerto Rico, Xosé Quiñoy Eiras, e tamén do vicepresidente da entidade, Nemesio Carballada González, como así consta na propia placa, que se colocou ó pe do monumento, debaixo dos versos da cantora do Sar, o dia 15 de xullo de 1985, no centenario do pasamento da nosa mais excelsa poeta.

O Monumento a Rosalia inaugurouse nas festas do Apóstolo do ano 1917, coincidindo co oitenta aniversario do nacemento da autora dos “Cantares Gallegos”, e está situado no Paseo da Ferradura, do Parque da Alameda compostelá. Foi o froito da iniciativa dun grupo de galegos bós e xenerosos residentes nas Américas e, finalmente, da idea lanzada por unha Comisión civíca creada ó efecto, que convocou un certame público, ó que se presentaron artistas da talla do gran Francisco Asorey, Coullant Varela ou Mateo Inurria, ainda que, finalmente, resultou gañadora a composición proposta polo arquitecto Isidro de Benito, que incluía esculturas de Francisco Crivillés.
OS GALEGOS DE AMÉRICA
No Monumento, de sete metros e medio, empregouse pedra de Novelda, unha rocha moi utilizada no patrimonio arquitectónico, e na súa construcción, ademáis de Isidro de Benito e Francisco Crivillés, colaboraron tamén os señores Giménez, que fixeron toda a parte da construcción.
A escultura está rodeada de vexetación e ubícase fronte ó Campus Sur da Universidade de Santiago. Precisamente por ser unha iniciativa dos galegos de América, conta con diversas placas da Unidade Galega de Nova Iorque, dedicada á "cantora do pobo galego"; do Centro Santiago de Compostela de Bos Aires (1934); da Peña Galega Manuel Murguía de Santa Fe, Arxentina (1959); e do Centro Galego de Puerto Rico (1965). Tamén ten unha placa da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (1971).


A placa do Centro Galego de Puerto Rico está situada na parte posterior do monumento, debaixo dos cantares galegos que seguramente elexiron os nosos representantes da emigración americana daquel tempo, pois din o seguinte:

¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!

 Adios, adios, que me vou,
 herbiñas do camposanto,
 donde meu pai se enterrou,
 herbiñas que biquei tanto,
 terriña que nos criou.

¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Como o señor Quiñoy Eiras segue a residir en Puerto Rico, desde aquí o noso recoñecemento pola súa iniciativa. Feitos coma este prestixian a unha colectividade. E quedan para a historia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario