miércoles, 17 de agosto de 2011

A ARTISTA OURENSÁ RESIDE EN NEW YORK

HOXE CUMPRE ANOS
CRISTINA PATO


Foi a primeira muller galega que gravou un disco en solitario como gaiteira. Tiña tan só dezaoito anos



Doutora en Musical Arts pola Rutgers University de New York, posúe a titulación superior de piano


“A virtuosic burst of energy” (NY Times)


“The Galician bagpipe diva” (BBC)


Foi a primeira muller galega que gravou un disco en solitario como gaiteira, alomenos en Galicia e España. Pero aquelo non foi nada comparado co que veu despois, sobre todo dende que tomou a decisión de deixar a súa cidade natal de Ourense para estudar en New York. Hoxe, Cristina Pato é Doctor of Musical Arts pola Mason Gross School of the Arts pola Rutgers University e posúe a titulación superior de piano do Conservatorio do Liceo de Barcelona.

Hoxe cumpre tan só trinta e un anos, cousa que descubrimos porque ela mesma sinala no seu blog que naceu no ano 1980. E celebra o seu aniversario saindo do Vail International Dance Festival de Colorado, Estados Unidos, e enlazando con presentacións en Galicia, Angola, a Comunidade Valenciana e, finalmente, a Harvard University.

Da súa páxina web, na que se pode acceder a toda a información sobre ela en galego, castelán e ingles, extraemos estes interesantes datos:


Cristina Pato xa abriu caminos históricos dentro do mundo da Gaita Galega. En 1998 convertiuse na primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario e dende entón non parou de evolucionar colaborando con artistas da world music, o jazz, a música clásica ou a experimental (incluindo Chicago Symphony, Yo-Yo Ma ou The Chieftains).

O seu poderoso estilo, único e inconfundible, está cheo de paixón e enerxía e xa foi louvado por medios como The New York Times ("a virtuosic burst of energy") ou a BBC ("the Galician bagpipe diva"). Cristina Pato fusiona latin jazz con pop e música contemporánea e usa toda a sua arte e virtuosismo para sacar adiante unha linguaxe persoal que é froito da síntese do seu amor pola música galega e a sua formación clásica. Cristina Pato é membro oficial do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma.

Co prestixioso violoncelista Yo Yo Ma

Aclamada pola crítica internacional como gaiteira e pianista, Cristina Pato desenvolve unha activa vida profesional que a levou a grandes escenarios de España, EEUU (Carnegie Hall, Lincoln Center), India (Kamani Auditorium), Jerusalem (Jerusalem Festival), Portugal (Festa do Avante), Brazil (Liszt Festival), Reino Unido (Celtic Connections), Francia, Italia (Etnofestival), Alemania ou Mexico (Palacio de Bellas Artes).

A sua carreira profesional inclúe catro discos no mercado como gaiteira solista (incluíndo o auto producido The Galician Connection, 2010) e dous como pianista (SOAS: Muller 2010), máis dunha trintena de colaboracions en gravacions doutros artistas, entre as que se encontra "Yo-Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace" (Sony BMG, 2008) recentemente gañador dun GRAMMY Award, e máis de 500 concertos as suas costas, moitos deles gravados e emitidos por medios de comunicación como BBC, TVG, CNN, RTVE ou PBS, e aclamados por medios gráficos como The New York Times, El Pais, La Voz de Galicia ou The Scotsman.


Cristina Pato é Doctor of Musical Arts pola Mason Gross School of the Arts da Rutgers University (EEUU), onde estudou becada pola Fundación Barrié de la Maza. Doutorada con honores, a Mason Gross School of the Arts da Rutgers University concedeulle a Edna Mason Scholarship e o premio Irene Alm Memorial Prize á excelencia como investigadora e intérprete. Cristina Pato posúe a Titulación Superior de Piano, a Titulación Superior de Teoria da Música, Transporte e Acompañamento e a Titulación Superior de Música de Cámara, todas elas polo Conservatorio Superior de Música do Liceu de Barcelona. Ademáis, realizou o Master en Artes Dixitais da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, especializándose en Composición.


Cristina Pato participou como solista nas estreas absolutas de obras como "From Air to Air" (de Osvaldo Golijov) co Silk Road Ensemble e Yo-Yo Ma; a obra "Norte" ,adicada á gaiteira (de Montserrat Torras); o "Piano Concerto" (de Octavio Vazquez) coa Orquestra Sinfonica de Galicia; e a obra sinfónica "Rose of the Winds" (de Osvaldo Golijov) con Yo-Yo Ma e a Chicago Symphony Orchestra. Cristina Pato produciu e compuxo a banda sonora da película "El Hombre de Arena" (SONY, Iroko Films). Activa e comprometida coa música contemporánea e de raíz, Cristina continua a abrir novas vías para a gaita galega.

Cristina Pato reside en Nova York dende o ano 2004.

¡Que cumpra moitos, moitos mais……!


Contraportada do primeiro disco da gaiteira ourensá

OS SEUS DISCOS


*
          (1999)

*
          (2001)

*
          (2010)


COLABORACIÓNS

*
Yo Yo Ma:                             (2009) Premio Grammy 2010


*
Silk Road Ensemble:          (2009)




No hay comentarios:

Publicar un comentario