lunes, 1 de agosto de 2011

50 ANOS CO NOME DE COMPOSTELA

UNHA RÚA EN SANTIAGO
PARA O MESTRE MUÑIZ


Manuel Muñiz Tubio foi un personaxe popular da vida local, que promocionou a cidade do Apóstolo polo mundo adiante, á fronte da Orquestra Compostela

Compuxo moitas cancións dedicadas á cidade e foi un dos membros mais coñecidos da Banda Municipal de Santiago, da que se xubilou dirixindo un concerto

Unha rúa co seu nome sería a mellor homenaxe póstuma que o concello compostelán, co alcalde Xerardo Conde Roa á fronte, podía dedicarlle

A formación de gala da Real Banda rendeu honores ó seu amigo Manuel Muñíz

Manuel Muñiz Tubio xa repousa para sempre no camposanto de Boisaca, pois o seu amor a Santiago de Cómpostela levouno a adquirir, hai moito tempo, o seu propio panteón no cimeterio municipal da capital de Galicia. Tiña outro na súa parroquia natal de Santiago de Lampón, no concello de Boiro, pero preferiu cederllo á familia e quedar para sempre na cidade onde viviu toda a súa vida, desde que chegou da aldea para estudar trombón e violín. Así tamén está mais preto da súa viuva.

            Completando a información que xa temos ofrecido sobre o pasamento do músico, compositor e director de orquestra, temos que dicir que o funeral córpore insepulto, celebrado na Colexiata de Santa Maria do Sar, foi oficiado polo párroco, Don José Porto Buceta, que era gran amigo do finado. No oficio fúnebre interpretou música sacra a Coral de Noia e, ás portas do templo, despediu ó féretro a formación de gala da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dirixida polo seu fundador, o mestre Xosé Lois Foxo, gran amigo persoal tamén do músico desaparecido. A peza que lle dedicaron foi a das ocasións solemnes: a Marcha do Antigo Reino de Galicia.

Á dereita pode verse, de loito riguroso, á señora viuva de Muñiz, Mari Carme Mallo

            Entre os asistentes ás honras fúnebres estaban varias das artistas para as que o mestre Muñiz compuxo algún dos seus éxitos, como Sabela e Pili Pampín, que escomenzaron as súas carreiras da man do mestre. Tamén estaban Sito Mariño e outros cantantes, ademais de membros da Orquestra Compostela, que Manuel Muñiz dirixiu ó longo de mais de cincuenta anos. Así mesmo, alí estaba o mestre Amador Sántos Bartolomé, o gran director, agora retirado, da Banda Municipal de Santiago de Compostela, así como destacados membros da sociedade compostelá, como o doutor Varela Durán, o exdeputado José Manuel Castelao Bragaña, David Pillado, Antonio Besada, el doctor Juan José Lens… Por suposto, tamén o acompañaron os seus amigos mais personais, como Juan e a súa dona (Muebles Compostela), Maika e José Ramón (Mayka Peluqueros-El Corte Inglés), Manolo (do seu restaurante favorito, o San Clemente); Lolita, da Illa de Arousa; o seu vello amigo o profesor Miguel Cancio, sociólogo e animador televisivo de éxito en Correo TV; o doutor e artista José Luís Marí Solera, compañeiro de Cancio da televisión… E, por enriba de todo, a súa familia ó completo, a que reside en Boiro e a da capital de Galicia, onde quedou para sempre Manuel Muñiz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario