PREPARADA
PARA O PEOR
PARA O PEOR
“Temos que prepararnos para o peor e agardar polo mellor”, dixo onte o alcalde de New York, Michael Bloomberg, ó tempo que anunciou a evacuación obrigatoria duns douscentos cincuenta mil residentes nas zonas máis baixas da cidade dos arrañaceos.
Ademáis, deu conta de que o servizo de transporte público, tanto autobuses como metro, quedará suspendido dende o mediodía de hoxe, debido á posibilidade de que o furacán chegue á chamada Gran Mazá da cidade. De momento, xa está a causar danos en North Carolina, onde xa se está a dicir que unha persoa perdeu a vida a consecuencia desta grave inclemencia meteorolóxica.
Os aeroportos da área de New York tamén detiveron a súa actividade.
Coma sempre, a CNN está ó pé da información, en directo
Segundo os técnicos, no mellor dos casos, “Irene” deixará moita chúvia e moito mar, polo que se recomendou ós residentes que estean alonxados dos parques e atendan ás indicacións que deron as autoridades. O propio presidente, Barack Obama, fixo tamén esta petición.
O gobernador do estado de New York, Andrew Cuomo -demócrata e católico, que desempeña o posto dende o primeiro de xaneiro-, declarou oficialmente o estado de emergencia, mentres os cidadáns deixaron sen existencias, sobre todo de auga e combustible, os supermercados e gasolineiras.
Na costa do Leste hai unha vaga de mar (The New York Times)
O que as autoridades aconsellan para estas emerxencias é ter tamén lanternas, velas, comida enlatada, medicinas… e a maneira de recargar o teléfono, se queda sen batería. Porque unha das primeiras consecuencias dunha situación coma esta é a falta de enerxia eléctrica. Sabémolo ben en Puerto Rico, onde ainda hai vivendas que seguen á luz das velas.
Casa Galicia Unity Gallega USA está en Queens, New York
NOTAS GRÁFICAS
DA PRENSA DE NY
Os cidadáns xa están afeitos e saben o que teñen que facer
Por seguridade, hai que evacuar certas zonas da área
Xogando coas verbas. "Boa noite, Irene" é un tema moi popular
Chamada á evacuación voluntaria pola chegada do furacán
Cabina dun avión cazafuracáns da Forza Aérea dos Estados Unidos
O Daily News pregúntase na primeira plana se hai que irse ou non
O mellor, para estar á última, é conectar con medios como a CNN
No hay comentarios:
Publicar un comentario