jueves, 22 de septiembre de 2011

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO EN AMÉRICA

O PRESIDENTE FEIJÓO INICIA HOXE
UNHA VISITA A MÉXICO E PANAMÁ


HOXE REUNIRÁSE CO PRESIDENTE DE PANAMÁ, RICARDO MARTINELLI


E MAÑÁ CO PRESIDENTE DOS ESTADOS UNIDOS MEXICANOS, FELIPE CALDERÓN


ACOMPAÑAN Ó PRESIDENTE
DA XUNTA DE GALICIA

JAVIER GUERRA,
CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



SANTIAGO CAMBA,
SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN


ANTONIO FONTENLA
PRESIDENTE DOS EMPRESARIOS DE GALICIA


... E JOSE MARIA CASTELLANO,
PRESIDENTE DE NOVACAIXAGALICIA BANCO


* O presidente da Xunta manterá distintos encontros empresariais, entre hoxe e o sábado, co obxectivo de reforzar a presenza das empresas galegas no exterior e atraer novos investimentos para a comunidade.

* O titular do goberno galego manterá unha xuntanza co Administrador do Canal de Panamá e participará no encontro empresarial organizado por Novacaixagalicia Banco, no que intervirá, tamén, o presidente da entidade financeira, José María Castellano.

* Presidirá, en terras mexicanas, a inauguración da Plataforma Empresarial de Exportación Galega (PEXGA), no que participarán, entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

* Amais de manter entrevistas institucionais con autoridades mexicanas e panameñas, reunirase coa colectividade galega e os seus representantes en ámbolos dous países.

O presidente, aproveitando o tempo no avion

        O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase durante a súa viaxe oficial a Panamá e México, que principia hoxe, cos presidentes de ámbolos dous países. O encontro co presidente da República de Panamá, Ricardo Martinelli, celebrarase hoxe, xoves. Mañá, venres, o titular do Goberno galego manterá un encontro con Felipe Calderón Hinojosa, presidente dos Estados Unidos Mexicanos.

A viaxe institucional do responsable do Goberno galego comeza en Panamá onde, despois de ser recibido polo embaixador de España, Jesús Silva, inaugurará o Foro Empresarial Galicia-Panamá, no que participarán empresarios galegos e panañemos e que estará centrado na identificación de oportunidades de negocio e investimento. Así mesmo, visitará o Canal de Panamá e manterá un encontro co seu administrador, Alberto Alemán.

Mañá, venres, Alberto Núñez Feijóo reunirase co presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Felipe Calderón. E continuará, no seu primeiro día de estancia no país, coas citas empresariais, entre as que destaca o encontro empresarial organizado por Novacaixagalicia Banco no que intervirá, ademais do mandatario autonómico, o presidente da entidade financeira, José María Castellano.

O sábado, 24, o titular da Xunta presidirá, en terras mexicanas, a inauguración da Plataforma Empresarial de Exportación Galega (PEXGA), no que participarán, entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

Nesta viaxe oficial a Panamá e a México, o Presidente Feijóo estará acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, na procura de reforzar a presenza das empresas galegas no exterior e atraer novos investimentos para a comunidade.

Aínda que o obxectivo primordial da viaxe é lograr unha maior internacionalización da economía galega, o presidente da Xunta aproveitará a súa estancia en Centroamérica para, amais de manter encontros institucionais coas autoridades panameñas e mexicanas, reunirse coa colectividade galega e os seus representantes en ámbolos dous países.



O Centro Galego de México nace en 1911 tras unha xuntanza para organizar o Orfeón Gallego de México, brote do que será a actual organización. Xa nos seus primeiros pasos conta con centenares de asociados, estando arestora a piques de acadar os 10.000, unha cifra que o converte nun dos centros referenciais da diáspora galega.


      O Centro realiza exposicións de pinturas, conferencias, clases de gaita, de baile, de cociña e traxes galegos, e idioma. E no terreo deportivo, imparte clases de diversas disciplinas. O seu domicilio social está nas rúas Colima No. 194, Colonia Roma, na Cidade de México, Distrito Federal. Trátase dunha antiga mansión de tipo francés de principios do século XX, que conta con oficinas administrativas, sala-cafetería, biblioteca, salón de trofeos deportivos, billares, restaurante, patio, salón de dominó, salón de eventos con anexo (para ata 1.200 persoas), sala de xuntas, outra de visitantes, cociña, baños e bodegas. Cabe salientar, desde o punto de vista arquitectónico, a fermosura da escalinata con columnas que dá acceso ao andar principal.

Gaiteiros do Centro Galego de México

O Centro conta asemade cunha delegación no distrito de Iztapalapa, tamén na Cidade de México D.F., onde onte tivo lugar a Festa Campestre, coincidindo co Día Internacional do Traballo, primeiro de maio. Esta delegación ten aproximadamente 100.000 metros cadrados, con estacionamento para 800 vehículos, oficinas administrativas, salón de eventos para 2.000 persoas, damas, vestidores con baños e servizo de vapor, catro canchas de tenis, dúas de voleibol, dous campos de fútbol semi profesionais, un campo de fútbol para nenos e un "campiño" para adestramento, ximnasio, salón de eventos múltiples, grandes extensións de xardinería arborada, tres instalacións tradicionais para comidas familiares, outra máis de dous pisos acristalada para lectura, descansos e TV, asadores de carne, área de xogos infantís, salón-restaurante para 300 persoas, salón de futbolín e tenis de mesa, baños, bodegas, e área de mantemento.



Con información de...

No hay comentarios:

Publicar un comentario