O PRESIDENTE DA XUNTA
VISITARÁ PANAMÁ E MÉXICO
Ten pendente unha visita a Puerto Rico, porta de entrada dos productos galegos ós Estados Unidos
Segundo anuncia hoxe o xornal EL CORREO GALLEGO, o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitará Panamá e México a finais deste mes, acompañado de empresarios galegos e coa finalidade de seguir afondando na internacionalización das empresas de Galicia. Os gabinetes do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Secretaria Xeral de Emigración están a ultimar os detalles desta viaxe transoceánica presidencial.
Segundo o citado xornal, “a aposta pola internacionalización das empresas galegas como alternativa á crise é unha constante dende hai tempo no discurso do xefe do Executivo. Neste sentido –precisa-, dende o IGAPE deseñouse unha rede de catorce oficinas que se encargarán de abrir novos mercados no exterior”.
O Presidente Núñez Feijóo con Mariano Rajoy, Presidente do PP
A Panamá chegará o Presidente Núñez Feijóo o xoves, día 22, na compaña do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, e medio cento de executivos de empresas galegas. O mesmo dia da chegada inaugurará un foro empresarial, ó que se espera a asistencia do presidente panameño, Ricardo Martinelli, e algún ministro do seu gabinete.
A. Núñez Feijóo co Presidente dos Empresarios, Antonio Fontenla
Ó día seguinte, venres, 23, o Presidente da Xunta e o titular da Confederación empresarial viaxarán a México para inaugurar a oficina da Plataforma Empresarial de Exportación Galega (PEXGA), que estará coordinada por José A. Santamarina, experto en comercio exterior. Ademáis, aproveitarán para asistir á celebración do centenario do Centro Galego de México A.C., fundado o 24 de setembro de 1911, nunha asamblea celebrada á iniciativa dos señores Andrés de la Fuente, Adolfo Blanco e Roxelio Domínguez, á que asistiron moitos paisanos bos e xenerosos, que puxeron en marcha a sociedade.
Centro Galego de México A.C.
O noso Presidente ten pendente visitar Puerto Rico, que é a porta de entrada ó enorme mercado norteamericano. Xa son moitas as empresas que saben da importancia da illa borinqueña, que en sí mesma é tamén un bo mercado para productos galegos como os nosos viños, presentes nas grandes cadeas de alimentación e, dende logo, nas cartas dos mellores restaurantes.
Aproveitando o tempo da viaxe no avión
Esta será a ocasión na que mais preto estea da Illa do Encanto. Estivo a punto de viaxar a Miami hai dous anos, a principios de novembro, para recibir o premio Español Universal, mais, á última hora, decidiu cancelar a visita debido ó secuestro dos mariñeiros do pesqueiro Alakrana por parte de piratas somalíes en augas do Océano Indico. “Ningún compromiso do presidente da Xunta pode ser superior ao compromiso de estar, neste momento, coas familias dos mariñeiros galegos secuestrados”, dixo, moi acertadamente, o Presidente Núñez Feijóo. E non viaxou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario