martes, 27 de septiembre de 2011

HOXE, MARTES, 27 DE SETEMBRO



71º ANIVERSARIO DE CASA GALICIA
UNITY GALLEGA  DE NEW YORK
 
A SOCIEDADE CONTA CON MAIS DUN MILLEIRO DE SOCIOS
O SÁBADO CELEBRARON UNHA GRAN FESTA DE IRMANDADE
Edificio actual da Casa Galicia de Nova York

¡Moitas felicidades!
A representación galega desfilando pola Quinta Avenida

HISTORIA
“Nos anos vinte, existía un Centro Galego que chegou a ter un edificio en Union Square, pero a grande depresión económica que azoutaba o país acabou coa institución. Moitos dos socios foron absorbidos por outras institucións, a Sociedad Benéfica Española, a Nacional, e durante a Guerra Civil polo Frente Popular Antifascista Gallego. Nos anos 1940, rematada a Guerra Civil, os exiliados galegos sentiron a necesidade de ter unha Galicia fóra de Galicia.

Foi entón cando no Frente Popular Antifascista Gallego, que durante a guerra civil colaborara coas demais sociedades en beneficio das vítimas inocentes da guerra, se transformou en «UNIDAD GALLEGA» máis coñecida polo nome de CASA GALICIA. Na actualidade posúe remunerados investimentos. No ano 1969 efectuouse a adquisición do WEBSTER HALL, na 119 e na rúa 11; no 1994, a actual Casa da Sociedade, «Casa Galicia» no 37-39 31 Avenida, Astoria, e por último, a propiedade sita no 30-80 da rúa 38.
As diversas ubicacións que tivo Casa Galicia

A Pequena Galicia do exterior, que na actualidade ten mais de 1.000 socios, non só medra en poderes adquisitivos, senón tamén culturais e ideolóxicos para facela así admirada e respectada”.

Esta recopilación textual de datos sobre a orixe da UNIDAD GALLEGA de NEW YORK atópase máis detalladamente exposta no Libro da Memoria de Casa Galicia correspondente ao ano 2000, escrita polo profesor e membro da Sociedade, o ilustre coruñés Don Manuel Zapata.


XUNTA DE DIRECTORES

JOSÉ GIL
Presidente
ANTONIO LAMPÓN
Vicepresidente 1º
EDUARDO PAN
Vicepresidente 2º
VICTOR BLANCO
Tesoureiro
BERNADETTE VICENTE
Vicetesoureira
RAMÓN RODRIGUEZ
Secretario
ISIDRO TAJES
Vicesecretario
ANTONIO FERNÁNDEZ, JOSÉ LUIS CAJIGAL, DANIEL SEOANE, MANUEL PÓRTELA, RAÚL A. LÓPEZ JR., JAVIER SANDE, MARIA FORMOSO, MANUEL LOZANO, BENJAMÍN LIJÓ, MARCOS ROEL, PILAR ALONSO, MAYTE BOUZAS, BENITO CAL, RAMIRO CANCELAS
Vocais
SARA LOSADA, JOSE LUIS LOUREIRO, AGUSTIN PAZ
Suplentes
Corpo de Baile de Casa Galicia de NY

Presidente Sección Arte e Folclore
ANTONIO FERNÁNDEZ
Axuda Mútua
RITA MARIÑA CADIO
Cultura e Propaganda
ESTELA ROMERO
Intereses
ANTONIO LAMPÓN
Festas
RAMÓN RODRIGUEZ
Damas
MARIA FORMOSO
Desfiles
LILY GÓMEZ
Mocidade
JAVIER SANDE

HORARIOS CASA GALICIA

Luns a Xoves: 12: 00 PM a 9: 00 PM Cociña aberta

Venres: 12: 00 PM a 1:00 AM - Cociña 12: 00 a 11:00 PM

Sabado: 12: 00 PM  a  12:00 AM - Cociña 12: 00 a 10:00 PM

Domingo: 12:00 PM a 12:00 AM - Cociña 12:00 a 9:00 PM


ENDEREZO
Unity Gallega USA, Inc.
37-09 31st Avenue, Astoria, Nueva York
Codigo postal 11103
Tfno: 1-718-932-1114
Fax: 1-718-932-1115


No hay comentarios:

Publicar un comentario