lunes, 5 de septiembre de 2011

EN PUERTO RICO, EE.UU. E CANADÁ


HOXE É O “LABOR DAY”
O “DIA DO TRABALLO”

A celebración ten a súa orixe nun desfile celebrado en Nova York en 1882

As dependencias da Administración, tanto federal como estatal, pechan hoxe

O comercio aproveita esta data festiva para facer grandes descontos


         O primeiro luns de setembro equivale en Puerto Rico, Estados Unidos e Canadá ó primeiro de maio en España e boa parte do mundo: é o Dia do Traballo, aquí denominado LABOR DAY, declarado festivo a nivel federal nos Estados Unidos e, polo tanto, festivo tamén no Estado Libre Asociado de Puerto Rico, ó igual que no Canadá, que celebra tamén nesta data a festa do mundo do traballo. Ainda que o carácter festivo afecta tan só ás oficinas públicas. Para a empresa privada é un dia mais de traballo.


        A orixe desta conmemoración nun dia coma o de hoxe está nun desfile que tivo lugar en Nova York o 5 de setembro de 1882, organizado pola denominada The Noble and Holy Order of the Knights of Labor, ou Noble e Sagrada Orde dos Cabaleiros do Traballo, que se inspiraron nun evento similar realizado en Toronto, Canadá. En 1884 fixeron outro desfile e os Cabaleiros decidiron daquela facelo cada ano.

        As organizacións afiliadas á Primeira Internacional preferian a data do Primeiro de Maio, coma nos demais paises, por rememorar o inicio da folga que tivo lugar en 1886, en reivindicación da xornada laboral de oito horas, e que levou, tres dias despóis, á chamada Revolta de Haymarket Square, en Chicago, mais o daquela presidente dos Estados Unidos, Grover Cleveland –o primeiro demócrata despois da Guerra e tamén o único ata agora que casou na Casa Branca-, preferiu apoiar a posición dos Knights of Labor e a súa data de Dia do Traballo.

       Foi así como, desde entón, e a diferencia da maioria dos paises, os Estados Unidos de América celebran esta xornada o primeiro luns do mes de setembro.


        Como o curso escolar comenzou na primeira quincena de agosto, son moitos os que aproveitan o Labor Day para facer os cruceiros especiais que se organizan con gallo desta xornada. Ofrecemos un par de exemplos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario