martes, 6 de septiembre de 2011

SOMOS UNHA TERRA DE PRIMEIRA, MAIS…


O FÚTBOL GALEGO
XOGA NA SEGUNDA

Desde a súa constitución, a principios do século pasado, tanto o Deportivo como o Celta xogaron mais tempadas na Primeira que na Segunda División, pero o certo é que, desta volta, os dous principais equipos galegos terán que xogar na categoría de prata do fútbol español. Eso sí, parten como favoritos para o ascenso, pero esto acaba de empezar e hai moito que roer. A tempada é longa e complicada.

De momento, o Celtiña empezou moi ben, gañando os dous primeiros partidos, que xogou, ademáis, fora da casa. En troques, o Deportivo xogou os dous primeiros no estadio municipal de Riazor e só gañou un deles.

Equipamento do R.C. Celta para a tempada 2011-2012

Os resultados, ata o momento, foron os seguintes:

Deportivo – Recreativo de Huelva        1 – 0
Murcia – Celta                                   1 – 3
Deportivo – Hércules de Alicante          0 – 1
Recreativo de Huelva – Celta               1 – 2

Agora mesmo, o Celta está de terceiro, mais no grupo que encabeza a táboa clasificatoria, con 6 puntos, que son os mesmos que ten o primeiro, mentres o Deportivo ten tres puntos e ocupa o posto número 11 dos 22 equipos que integran a Segunda División.

A próxima xornada, o Celta recibe en Balaídos ó Elche, que está no segundo lugar da clasificación, cos seus mesmos puntos. Ó Deportivo tócalle xogar fora da casa co Barcelona B, que está no oitavo lugar da táboa cos mesmos puntos tamén do conxunto coruñés.

Equipamento do R.C. Deportivo para a tempada 2011-2012

        Na Liga que acaba de principiar, Galicia non terá, pois, fútbol de Primeira División, malia contar con dous equipos históricos que aportaron moitos días de gloria ó deporte do balompé. Xa que logo, temos que facer votos para que ámbolos dous volvan de novo ó lugar de honor que lles corresponde e que a afección galega necesita.

        Velaquí os datos e as imaxes sobre os nosos equipos mais sobranceiros, de cara á nova tempada futbolística.


REAL CLUB DEPORTIVO DE A CORUÑA

Estadio Municipal de Riazor, A Coruña

Ano de fundación: 1906
Estadio: Municipal de Riazor (34.600 espectadores)
Tempadas en 1ª División: 41
Tempadas en 2ª División: 38


EQUIPO 2011-2012

PORTEIROS
Dani Aranzubia e Germán Lux

DEFENSAS
Manuel Pablo, Morel, Zé Castro, Laure, Diego
Colotto, Artiles, Ayoze, Rocheta e Aythami.

CENTROCAMPISTAS
Rubén Pérez, Saúl, Pablo Álvarez, Guardado, Valerón,
Juan Domínguez, Salomao, Jesús Vázquez e Iván Pérez.

DIANTEIROS
Nouioui, Ricky, Lassad e Bodipo

O Depor 2011-2012

ADESTRADOR
José Luis Oltra

REAL CLUB CELTA DE VIGO

Estadio de Balaidos, Vigo

Ano de fundación: 1923
Estadio: Balaídos (31.800 espectadores)
Tempadas en 1ª División: 46
Tempadas en 2ª División: 30


EQUIPO 2011-2012


PORTEIROS
Yoel

DEFENSAS

Hugo Mallo, Jonathan Vila Pereira, Sergio, Andrés
José, David Català, Roberto Lago e Oier Sanjurjo

CENTROCAMPISTAS
Borja Oubiña, Cristian Bustos, Aritz López Garai,
Trashorras, López Sánchez, Miguel Pérez Cuesta,
Natxo Insa, Joan Tomás, De Lucas e Dani Abalo

DIANTEIROS
David Rodríguez, Bermejo, Papadopoulos e Dovale

O Celta 2011-2012


ADESTRADOR
Paco Herrera


No hay comentarios:

Publicar un comentario